Leña ao lume

Supoño que xa todos estaredes informados e máis que informados (a pesar da gran desinformación da CRTVG e da Xunta) do que está a pasar nas Fragas do Eume, unha das maiores catástrofes naturais que sufriu o noso país, incluso comparable ao desastre do Prestige.

Para este luns á noitiña, están programadas moitas concentracións en diferentes cidades do país. Acúsase sobre todo á Xunta de pouca prevención en materia antiincendios e de desinformación interesada no caso deste incendio.

Estou dacordo en que se pidan responsabilidades, e participarei en todo o posible nestas protestas, mais penso que quizais é demasiado pronto pedir responsabilidades polas múltiples casualidades do incendio (o da mina de andalucita que se fala). Polo tanto, quizais estas concentracións, na miña opinión son algo precipitadas, xa que se piden responsabilidades cando de momento o lume sigue queimando, o que me parece que é poñerlle paos ás rodas.

Rivera Rey, S3B, GOBE

Posted on 1 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. A verdade que este incendio eu seguino por twitter. Non sei si era a información máis veraz ou non pero polo menos había información, cousa que a TVG non pode dicir da ambigua morea de palabras que soltaban día si e día tamén. Non entendo que fai uns cantos anos lle deran tanta importancia ás Fragas do Eume, e agora que están a arder apenas se saiba que está a pasar.

  2. É o que ten, temos que seguir a información real por “medios non manipulados…”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: