Rumbo a outra cidade universitaria

Algúns dos meus compañeiros xa vos foron adiantando cal sería o seu lugar de destino o próximo curso. Eu, como ben vos contou a miña compañeira de SICUE, Olalla Liñares, irei a estudar á Universidade Pontificia de Salamanca.
Xa é a segunda vez que intentaba ir a esta cidade estudar, pois antes de matricularme en Xornalismo dubidei máis dunha vez en ir alí e facer o grao en Tradución e Interpretación. Agora, cambiaron os terzos. Marcharei a terras salmantinas estudar un ano de xornalismo e a explotar os encantos e oportunidades que nos achega unha cidade como esta.

A min tamén se me presentan dúbidas e medos de cara eses 9 meses nun lugar diferente. Pero creo que van ser uns meses inesquecibles que van ir máis alá do terreo académico. Tanto aos que nos imos de Séneca, como aos que se van de Erasmus, tócanos vivir unha experiencia persoal que vai cambiar a nosa maneira de ver e analizar o mundo. Imos coñecer novas maneiras de ver o xornalismo, faremos novas amizades, maduraremos persoalmente…pero sempre acordándonos da nosa terra.

Toca pois, ir concienciándose de que toca mudar cara outra cidade, unha cidade cun alto recoñecemento académico a nivel mundial, onde se atopa a universidade máis antiga de España.

Video da cidade de Salamanca

Déixovos un fragmento dun poema de Miguel de Unamuno, un poeta charro que viviu e morreu nesta cidade:

Salamanca, Salamanca,
renaciente maravilla,
académica palanca
de mi visión de Castilla.

Yáñez Castro, S3D, 4B1

Posted on 1 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Lo que está claro es que estabas destinada a estudiar en Salamanca, de una u otra manera. Mucha suerte en tu aventura, Bea. Seguro que es todo muy positivo.

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Gracias Noemí. Agora toca empezar a mirar sitios alí para vivir e a ver que tal se dá a experiencia alí.

    • Miriam Varela Fernández

      Ao igual que Noemí, deséxoche moita sorte nesta nova andanza que axiña emprenderás, aínda que de seguro que non a necesitarás. Estou de acordo contigo en que tanto para uns como para outros, a experiencia de marchar estudar a outro lugar vai supoñer un enriquecemento tanto a nivel académico como persoal. Outra cidades, outras culturas, outras formas de ver o mundo… Aproveita a ocasión!

  3. Beatriz Yáñez Castro

    Grazas Miriam, de seguro que será unha experiencia cando menos distinta e inolvidable.

  4. Casteláns de Castela, tratade ben ós galegos, cando van, van coma rosas, cando ven, ven coma negros… non sei porque, pero me acordaron estes versos de Rosalía, quizabes polo ton temeroso do post. Salamanca é unha cidade intensa, polo frío que fai e pola amizade que se pode procurar. A Ponti, pois é iso a Ponti. Hai algunha profesora en xornalismo que é moi boa. Cónstame.
    Martínez Hermida CIC

  5. Beatriz Yáñez Castro

    A verdade é que as temperaturas son máis extremas do que son aquí, todo será adaptarse ás novas situacións, que de seguro non é o máis complicado. Polo resto, creo que é unha cidade onde hai unha mestura multicultural polo feito de que hai estudantes de moi diversos lugares e onde se poden facer novas amizades. A ver que tal os profesores, espero que os haxa bos como dis. Grazas polo comentario. Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: