“A culpa é de Cupido”

Xa falta menos para que coñezades os resultados do speed dating, a nosa exposición está programada para o día 19 así que en dúas semanas poderedes saber se triunfou o amor ou non.

Ese día tamén daremos a coñecer os resultados das entrevistas realizadas. Como xa comentáramos en anteriores entradas no blog, repartimos o mesmo cuestionario entre persoas de diversas idades para coñecer o seu xeito de ligar e de comunicarse coas súas parellas e así obter as diferenzas e semellanzas entre as distintas xeracións.

Esta semana estamos analizando os resultados e, unha vez máis, as comparacións son odiosas:  á nosa xeración quédalle moito por aprender sobre como coidar unha relación. Como pode ser que agora unha parella non nos dure nin dous telediarios se os nosos maiores levan toda unha vida xuntos? O de “na saúde e na enfermidade, na riqueza e na pobreza” non é máis ca un mito?

Pérez Capelo, S2E, 3B2

Posted on 2 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Leticia Río Dovao

    Con 20 años creemos que lo sabemos todo y que sabemos perfectamente quien nos corresponde y quien nos complementa, pero como dices, tenemos que dejarnos guiar por nuestros mayores porque creer que lo sabemos todo es nuestro primer error.

    • María Pérez Capelo

      É certo, oín moitas veces o de “ese non che convén” pero nunca nos deixamos aconsellar… Pero tamén é certo que desde fóra e desde a experiencia sempre se ven as cousas mellor

  2. Olalla Liñares, GBCP

    Eu creo que algo fallaba antes e algo falla agora, e a suma deses dous fallos -que tiran por lados opostos- fai que haxa tantas diferencias entre as relacións de antes e as de agora. Antes aguantábase moito máis, non se buscaba tanto a felicidade, o placer, o amor, o sentirse ben. Buscábase ter unha familia para conducir a túa vida, independentemente de que pasases 30 anos pegada á rutina. Agora pasa todo o contrario: buscamos estar sempre satisfeitos, e á mínima que perdemos ese sentirse ben con alguén, cortamos polo san. Eu creo que me quedo co modelo de agora, sen pasarme de libertina, claro. Ó mellor o do amor eterno é cousa das películas, ou ó mellor existe de verdade, pero agora polo menos a xente evita vivir finxindo, e no momento en que a chispa se apaga deixa de facer o paripé. En fin, ¡que amorosas nos poñemos todas! -jiji. Isto é o que eu penso así a bote pronto, pero veremos o que concluídes vós co voso traballo. Ánimo.

    • María Pérez Capelo

      Eu tamén, sempre sen pasarme de libertina como dis ti, quedo co modelo de agora e especialmente porque non é tan sexista (aínda que siguen quedando algúns restos). Aínda así paréceme admirable o respecto e a comprensión da que fan gala as parellas que duran tanto tempo xuntas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: