¡LA VIDA PIRATA ES LA VIDA MEJOR!

Se falamos de comunicar, de por en común, non debemos esquecer eses campamentos que tanto teñen marcado os veráns de moitos de nós. ¡Aí si que hai comunicación interpersoal, e do xeito máis puro! Pero tamén hai comunidade, grupo, equipo e todos aqueles vínculos que se van creando ó longo dos días e establecen entre @s participantes relacións realmente admirables. Ben é certo que esta comunidade pode ser un pouco artificial, pois ó fin e ó cabo créase pola “imposición” dun mesmo hábito de vida ós individuos que a compoñen. Pero tamén é certo que estes participantes se adaptan perfectamente a dito hábito de vida, que precisamente o que busca é o seu contacto, a súa comunicación. Tod@s os que temos participado nestas actividades coñecemos o “bo rollo” que nelas se respira. É curioso como un grupo de persoas de características diferentes poidan chegar en poucos días a sentirse un grupo unido, a ter incluso un código común, unha forma de comunicarse propia.

Sen dúbida, é algo que non debemos perder; algo potenciador da comunicación, das relacións interpersoais e tamén do comunitarismo. É, ademais, unha forma de librar ós nenos –e non tan nenos- da burbulla tecnolóxica na que soen están metidos para sacar o máis humano deles. É unha forma de relacionarse e comunicarse ben curiosa que, supoño, ten un grande interese dende o punto de vista dun comunicador.

 ¿Que vos di a vosa experiencia? ¿Non son os vínculos que se establecen nas actividades de tempo libre algo curioso? ¿Sentíchedesvos parte dunha “semicomunidade” ó estar nun campamento? ¿Credes que pode interesar tratar este tema na clase?

Liñares García, GBCP

Posted on 2 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Si, non hai mellor rede social (xa que está tan de moda agora) ca un campamento, polo menos coñecías xente.

  2. Que recuerdos! yo fui todos los veranos que recuerdo a un campamento de la Xunta. Qué bien lo pasábamos a parte yo siempre iba a los de mar, que eran muy difíciles de conseguir porque los solicitaba todo el mundo!

    Carlos Asensio GBCP

  3. Olalla Liñares

    ¡Certo! Non hai mellor rede social… porque é a máis natural de todas. Aínda que ultimamente ata nos campamentos parece que se meten ós nenos nunha burbulla… Non sei, antes todo era máis campechano, agora eu vexo que cada vez hai máis protocolos… Eu fun a campamentos onde non nos trataban con tanta delicadeza coma agora e non me pasou nada. Todo o contrario: como di Carlos, foron grandes experiencias que non esquezo e que volvería a vivir mañá mesmo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: