Nun ano… ¡en Chile!

Parecía unha broma cando empecei a amañar a burocracia do Convenio Bilateral. Tiña pouca nota, habería moitos demandantes e, a dicir verdade, a mala sorte acompáñame máis do que me gustaría. Pero… estou admitida. Dentro duns meses estarei pisando América por primeira vez. Estarei pagando en pesos e cando, os primeiros días, me pidan oito mil por unha barra de pan, probablemente me soe a estafa.

A miña universidade está ubicada en Concepción, a cidade chilena universitaria por excelencia. A facultade é privada, pero a oferta académica (tras comparar con moitas outras do país) era o dobre de variada e de mellor calidade.

A verdade é que o pouco que se sabe de América Latina é bastante desmotivador. Míticos clichés: México=narcotráfico, Colombia=FARC… ¿E Chile? Terremotos, asasinatos e accidentes de autobús.

Quizais sexa porque antes non me fixaba tanto, pero agora cada dous por tres hai algunha mala noticia sobre ese país no que vou estar estudando o ano que vén.

Algúns dinme que estou tola, outros que son demasiado valente… e meus pais non din nada. Ás veces o silencio é a mellor forma de comunicar esa opinión que non queres oír. Mentres tanto, eu confío en que non todo o que se di sexa o que haxa realmente alí.

Terei que aprender a moverme por onde se move a xente non problemática e aprender a comunicarme con eles. Porque si, é español, pero a distancia crea cambios lingüísticos (xa dentro de Galicia) e, a verdade é que o vocabulario chileno é totalmente diferente.

Aquí vos deixo ós curiosos unha ligazón dun lipdub da miña futura universidade por medio ano:

Díaz Villaverde    S2A, 2A3

Posted on 2 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Tras ler este post vexo que estás ilusionada por ir a Chile pero ao mesmo tempo, ao mellor son impresións miñas, creo que tamén estás algo intrigada por saber o que realmente che espera. Eu creo que coma todo será unha experiencia gratificante e triste ao mesmo tempo por estar lonxe da casa. Pero deséxoche moitos ánimos!

    • Yanire Díaz Villaverde

      Por suposto que estou intrigadísima. A verdade é que descubrir este vídeo en youtube parece que me alentou un pouco, porque agora polo menos sei co que me vou atopar. De todas formas, aínda me queda tempo para seguir investigando e tamén teño tempo para investigar alí!
      Moitas grazas por comentar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: