“ProT: Adeus ao gabinete de comunicación”

ImageO martes pasado, 27 de marzo, chegou á súa fin a nosa colaboración coa Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da USC. Logo de varias semanas tratando de establecer os puntos básicos do Plan de Comunicación para a captación de novos socios, era a hora de pasar a limpo tódolos apuntamentos e esquemas realizados. Durante os últimos dous días adicámonos a poñer en orde e redactar dito Plan, de cara a unha boa presentación do mesmo á hora da súa exposición ante a Xunta Directiva da asociación. Xa pasou un mes dende que comezamos o noso traballo con Iolanda, a responsable do gabinete de comunicación. A realización do ProT con esta asociación permitiunos coñecer e profundizar en termos e estratexias relacionados coa comunicación: DAFO, público potencial e obxectivo; comunicación interna, externa, corporativa… Pero, sobre todo, a título persoal, aínda que creo que o resto de compañeiras do grupo compartirán esta idea, a principal conclusión que obtiven é o importante que se fai un gabinete de comunicación, cando menos para esta asociación. Máis agora aínda que Iolanda abandoará o seu posto nunhas semanas e, polo tanto, a asociación deixará de contar con este departamento, fundamental para a comunicación cos seus públicos tanto internos coma externos. Agora toca plasmar todas estas conclusións na memoria final, tanto a experiencia grupal como individual.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 2 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Enhorabuena por las buenas impresiones con el trabajo que habéis hecho. Ya nos contaréis todo con gran detalle. El propio nombre indica de la gran importancia de la comunicación. Es muy positivo que hayáis podido participar en algo así. Seguro que os sirve en un futuro no muy lejano.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Noemí. Sen dúbida ningunha, grazas á nosa colaboración co gabinete desta asociación puidemos percatarnos da súa importancia á hora de manter a comunicación tanto a nivel interno coma externo. Como ben dis, estou segura de que podo afirmar en representación tamén do resto de compañeiras, que dende logo a experiencia é máis que positiva e que todo o que aprendimos nos servirá para o día de mañá. De novo, grazas polo teu interese.

  2. Persoalmente, supuxo unha gran motivación saber que o noso traballo non ía ser en vano, e que a Xunta Directiva estaba disposta a ver o noso plan e, de ser posbile, levalo a cabo. Foi unha experiencia moi positiva da que aprendimos moito, e desexo que esta asociación, nuns poucos meses, aumente o seu número de socios e alcance un nivel social superior do que agora mesmo ten.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas pola túa matización, Bea, como membro do grupo de ProT. Efectivamente, dende o momento en que Iolanda nos comunicou que o Plan sería presentado á Xunta Directiva puxemos todo da nosa parte para realizar unha boa proposta, e que a nosa pequena aportación non fose en van. Esperemos que así sexa e que, como ti dis, a asociación capte novos socios e socias. De novo, grazas pola túa matización.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: