“ProT: Plan B, a Pachamama galega”
Para o noso grupo empezar a traballar no ProT non foi nada doado. Despois de ter a mala sorte de que a persoa que nos atendía en Protección Civil collera unha baixa, tivemos que buscar outra asociación, e aínda que resulte incrible, non é doado atopala. Recordades aquel texto que limos na clase sobre a radio altoparlante das feiras andinas, a “Minga por la Pachamama”? Pois o noso traballo consiste en investigar se esta iniciativa sería viable nas feiras galegas, como poderíamos financiar a iniciativa de seguir adiante con ela, cal sería a acollida, que contidos poderíamos integrar e cales serían os cambios que habería que facer, xa que a cultura galega é diferente á andina. Para a nosa investigación vamos a contactar con diversas fontes: asociacións de feirantes e de ferias galegas, radios comunitarias, concellos…e incluso visitaremos alguna gran feira para facer un pouco de traballo de campo. E a vós, así nun principio, parécevos viable a idea dunha radio altoparlante nas feiras galegas? Cal credes que podería ser a utilidades desta radio?
Bugarín Morais, 1b2
Posted on 2 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Comunicación Comunitaria, Comunicación Local, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0