“ProT: Qué fai Feitizo?”
Posted by seminariocomunicacion1
Facendo repaso sobre o escrito nos anteriores post, lendo os comentarios e mantendo algunhas conversas con compañeiros, dinme conta de que non temos unha idea clara do que é unha Asociación como Feitizo nin das actividades que se realizan. Polo que vin, a idea máis estendida é que se trata de “entreter aos nenos e que o pasen ben” e esta non pode ser unha apreciación máis equivocada. Para empezar, os destinatarios das actividades de Feitizo non son unicamente os “nenos”, están dirixidas a nenos, mozos adultos e persoas da terceira idade, así como a todo tipo de discapacitados físicos e psíquicos, é dicir, á TODA a sociedade. Pero ademais, non se trata de o “pasen ben”, por suposto que hai unha compoñente lúdica en tódalas actividades que dende Feitizo se fan, pero educar en valores é a base da que todas parten e, ademais, procúrase sempre enfocar estas accións cara Actividades Servizo.
Tendo isto ben clariño, púxenme en contacto coa Asociación e pendinlles os estatutos de constitución. Déixovos aquí un pequeno resumo en canto aos fins e accións levadas a cabo pola Asociación que espero que vos resolva as dúbidas ou vos aporte información nova con respecto a este ámbito.
Fins da Asociación Feitizo:
- Potenciar a lingua e cultura galega
- Descubrir e coñecer os encantos naturais e históricos cos que conta o territorio nos que desenvolve a súa actividade a Asociación.
- Transmitir ao grupo de participantes a realidade multicultural e intercultural.
- Fortalecer os valores e principios solidarios.
- Participar na vida social do territorio onde realiza as actividades.
- Ser instrumento de troco de experiencias.
- Contribuír á formación de nenos, mozos, adultos e persoas da terceira idade que poidan participar nas actividades educando na liberdade e na responsabilidade persoal.
- Educar na solidariedade e na tolerancia, con especial énfase no desenvolvemento de valores cívicos que contribúan a un talante aberto, útil para a sociedade e próximo aos problemas alleos.
- Potenciar e recuperar as tradicións do pobo.
- Ocupar o tempo libre de nenos, mozos, adultos, persoas da terceira idade e peregrinos da zona na que se sitúa a Asociación.
- Acrecentar a unión entre a mocidade.
Actividades e actuacións que realiza a Asociación:
- Dinamización dun espazo de encontro.
- Organización de actividades socioculturais, lúdicas, deportivas e musicais.
- Organización de cursos, seminarios, conferencias e actos análogos.
- Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos e calquera outro tipo de publicación para a difusión das ideas da asociación.
- Deseño e execución de cantas accións ou actividades sexan precisas para conseguir a participación de asociados/destinatarios.
- Fomento das relacións de colaboración con institucións públicas, empresas privadas, e organizacións non lucrativas que permitan un mellor cumprimento dos fins.
- Calquera outra actividade que a xunta directiva considere axeitada para o cumprimento dos fins da asociación.
Cereijo Váquez, S1F, 1B1
Posted on 2 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Comunicación Comunitaria, Comunicación Interpersoal, Curso 2011-2012, Feitizo, Red Social Humana. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Interesante. Tras este post, queda moi claro as ideas que hai e o que se quere lograr. Ben feito.
Moitas grazas por ler o post, Juan.
A verdade é que cría necesario un post coma este xa que moitos de nós quedámonos cunha idea moi simple do que fan as asociacións, de calquer tipo, e non nos decatamos de que os seus obxectivos apuntan cara un nivel moito máis profundo…