A comunicación en tempos de crise

O pasado sábado sorprendeunos a nova de que as Fragas do Eume se estaban a queimar. O bosque atlántico mellor conservado de Europa, unha das xoias da coroa que forma a natureza galega, sucumbía pasto das lapas. As informacións, confusas, entrecruzábanse nun bulir continuo, no que non sabías se lle facer caso ós tuiteiros que, libres de mordazas, se atopaban a pé de lume, ou ós profesionais que escribían dende os seus ordenadores das redaccións de Santiago, A Coruña ou mesmo Madrid, entre as paredes infranqueables duns medios subvencionados polo  goberno, que parecía desbordado ante a situación.

Nese dilema, tomaba forza o concepto da “cidadanía comunicativa”, e o seu exercicio para contrarrestar o sistema de medios vixente, moito máis doado dende a aparición das redes sociais. Pero estas tamén poden ser usadas como xeito de difusión política e institucional, tal e como estamos a estudar no noso TS.

Nese senso, resulta cando menos rechamante o xeito en que a Xunta de Galicia, a través da súa conta oficial na rede social twitter, foi dando información do que acontecía na catástrofe. Nun intento de minimizar o que de por si xa era magno, o goberno galego non falou das Fragas do Eume -referíase unicamente ó concello da Capela- ata 24 horas despois do inicio do lume, cando Feijóo apareceu por primeira vez no lugar.

Unha vez máis, parece que se tentou ocultar a magnitude dos feitos, e se utilizaron todos os medios  -nunca mellor dito- ó alcance dos poderes públicos para facelo. Mais como xa se comprobou en crises anteriores , como o 11-M, o Prestige ou a recesión económica, isto supón un gran erro de comunicación. Por moito que se oculte, a verdade sempre acaba saíndo á luz.

 

 

 

 

 

 

Incendio na Capela ou nas Fragas do Eume? 24 horas e o peso da realidade marcan a diferenza.

Fernández Lema, S2B

Posted on 3 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Twitter es el espacio idóneo para la comunicación comunitaria, conviven multitud de mentes lilbrepensadoras que no tienen por que bailar el agua al gobierno, No obstante tiene sus artes buenas y malas, porque muchas veces la gente tiende a apropiarse de informaciones de las que no disponen suficientes datos, esto se lleva mucho en twitter de hecho.

  2. Está claro de que ése es el riesgo, no hay nada más que ver lo que pasó esta semana con el golpe de Estado en Portugal. Pero también está claro que en situaciones como ésta twitter es mucho más útil que las informaciones oficiales.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: