“Fai falta máis diversidade cultural na cultura de cada un de nós”
O pazo de Fonseca foi o lugar elixido. Tras unha quedada aquela tarde Antonio Seijas http://www.antonioseijas.com/ (A súa obra aquí!) agardaba ás portas deste edifico santiagués para que dúas inexpertas xornalistas lle fixeran unha entrevista. Esta entrevista completa a actividade realizada polo noso grupo TS, logo de expoñer a semana pasada outra entrevista a David Pintor, o outro ilustrador galego que participa na iniciativa IlustraMundos do CampusCulturae.
Para Antonio Seijas a diversidade cultural ilustraríase mediante moitas cores, así é como o faría el. Moitas cores representarían así as diferentes culturas que habitan o mundo. Na arte a diversidade cultural apenas ten cabida e iniciativas como IlustraMundos intentan darlle sentido as obras que nacen en diferentes lugares do mundo. Antonio Seijas afirma que a ilustración está condicionada polas crenzas e pola cultura que cada persoa recibe de maneira inconsciente. Matizou así que “aínda que expreses ti te expreses por ti mesmo tamén estás a expresar o que che rodea”. Este autor que colaborou xunto con outros artistas no calendario 2012 da ONG Ecos do Sur, comentounos que dende o seu punto de vista as ONG non terían porque existir para a integración, non deberían existir problemas dese tipo”. Pero como todo o que rodea a unha diversidade os problemas tamén saen á luz…e o peor é cando xa hai uns prexuízos asentados na sociedade.
Lembrade que para a semana vindeira de Semana Santa comezaremos co ciclo de cine! Esperámosvos!
Lozano Aguiar
S2D
2B1
Posted on 3 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Arte, Curso 2011-2012, Diversidade Cultural. Bookmark the permalink. 1 comentario.
É unha mágoa que non haxa máis iniciativas na arte en canto á diversidade cultural. Penso que parte da obra dos artistas pertence á esencia do que os rodea, por iso non entendo como non existen máis obras que fagan referencia á multiculturalidade, algo que está tan preto de todos nós.