Ponte.tv: a praza da Peregrina virtual

Logo

Unha vez máis, as tecnoloxías xogan a favor dos medios de comunicación. O pasado 5 de marzo naceu en Pontevedra un novo proxecto virtual chamado “Ponte.tv, a túa cidade na rede”. Este novo portal de información audiovisual recibiu máis de 15.000 visitas en apenas dez días.

A cidade de Pontevedra vese representada na rede neste novo proxecto, levado a cabo por catro profesionais da cidade que contan cunha ampla experiencia na comunicación e no audiovisual. Os seus creadores queren facer deste espazo “unha praza da Peregrina na Internet, onde, pouquiño a pouquiño, a cidadanía, os emprendedores, os artistas, os músicos, os clubes deportivos, colectivos e organismos públicos e privados máis diversos atopen unha nova canle de comunicación audiovisual e xornalística innovadora de calidade”.

Esta plataforma, habilitada tamén para dispositivos móbiles, oferta breves pezas audiovisuais sobre a cidade, a cultura e o deporte sen voz en off, xa que esta é substituída polas voces plurais dos cidadán do municipio e da comarca,

Así, este espazo informativo acaba de recibir a calificación de Iniciativa de  Emprego Local (ILES). Isto significa que o Concello de Pontevedra e a Consellería de Traballo da Xunta axudarán en todo o posible a este novo medio emerxente. Por outra banda, esta plataforma debe cumprir tres requisitos: ser viable, innovadora e xerar emprego.

Cardalda Vidal, CL4x

Posted on 3 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Anxela Pedrouso Areán

    Escoitara falar desta iniciativa pero nunca se me dera por meterme na páxina. Que alegría abrila e escoitar Rosendo! Así calquera está orgullosa da súa cidade 🙂
    Paréceme moi interesante, sobre todo para aqueles que non lles guste ler o xonral (o Diario de Pontevedra) e que queiran estar informados sobre o que acontece no seu entorno máis cercano. Ademáis, polo que estou vendo é unha páxina bastante dinámica, espero que todo siga ben e que esas 15000 visitas non foran só relativas á novidade da plataforma. Agora solo espero poder atoparmos pola rúa e, se cadra, axudar a grabar algo. Sería unha moi boa experiencia!

    • Que creo que Ponte.tv xoga un importante papel á hora de dar a coñecer a cidade aos máis novos, a estas novas xeracións que case non coñecen os xornais en formato papel. Ademais, como ben dicías, os contidos son amenos e interesantes, cos que poden chegar a un público moito máis amplo.

      Ogallá este proxecto chegue a ser un referente da nosa cidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: