O importante é elixir ben

Cada vez máis, as persoas imos dándonos conta, ou polo menos debería ser así, da importancia da selección e da elección, é dicir, de saber elixir ben. Neste sentido, todos temos claro que debemos esforzarnos en facer unha boa análise dos nosos obxectivos por exemplo á hora de elixir que formación seguir na universidade, á hora de establecer un proxecto empresarial e mesmo damos mil voltas e lemos outros tantos catálogos antes de elixir que coche mercar ou o traxe que imos levar na noite vella.

O caso é que moitas veces esquecemos algo moi importante que mesmo pode afectar á nosa capacidade de elixir algún dos conceptos antes mencionados: A elección da linguaxe e sobre todo da mensaxe adecuada para comunicarnos cos demais.

O pasado 27 de marzo, no Seminario sobre Xornalismo Social e Cooperación Internacional falouse sobre a comunicación das ONGD e puxeron varios exemplos de mala praxe ou que polo menos non parece correcta de todo. Un deses exemplos foi a campaña publicitaria, neste caso para a televisión, de ANESVAD na cal se dá a entender que en Tailandia, Camboxa ou Vietnam o normal é que as familias vendas as súas fillas ás redes de prostitución infantil a cambio de electrodomésticos, cando nin sequera teñen electricidade.

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 4 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Eu creo que a vida se rexe sempre por decisións ás veces incluso banais. Coincido contigo en que xa non se lle dá tanta importancia á linguaxe. O que caracteriza ao ser humano fronte aos animais esquécese en moitas situacións. Na miña opinión, con frecuencia actúase sen pensar o que dicimos.

  2. Eu creo que a diferencia entre o ser humano e resto dos animais si que se mantén. De feito creo que cada vez somos máis diferentes, outra cousa que sexamos consciestes diso. Pero eu estou cada vez máis convencido desa diferencia, iso si, no sentido inverso: Son o resto dos animais os que pensan antes de actuar.

  3. Fora unha gran campaña de publicidade que fixera abrir os ollos a moita xente. Hai que aplaudir iniciativas así

  4. Eu non sei se calificala como gran campaña. Se cadra abriulle os ollos a moita xente pero, que lle amosaron ao abrilos? Isto? Porque o que se amosa no anuncio non se axusta a realidade. É certo que existe a prostitución infantil nestes países (e noutros moitos, incluída España) pero non ten nada que ver co que amosa o anuncio, no que dá a impresión de que os pais son un seres malvados por venderen a súa filla a cambio dunha lavadora. Algo que, por outra banda, ten unha dificil credibilidade. En primeiro lugar porque a lavadora ten unha utilidade bastante dubidosa e ademais o máis probable é que carezan de enerxía electrica para facela traballar. Iso se só nos centramos neste caso concreto, pero é que ademáis as posibilidades de que esa sexa unha práctica habitual neses países son as mesmas que as que hai no noso. Refírome, evidentemente, a que os pais vendas os fillos para seren prostituídos. Outra cousa é que lle sexan arrebatados pola forza polas mafias para compracernos a nós, aos occidentais, que se supón que somos, segundo o anuncio, os que temos sentidiño. Que esa é outra. No anuncio demoníxase aos pais mentres que todo o mundo sabe (aínda que non se queira recoñecer) que os responsables da prostitución neses países somos os occidentais.
    De feito, lonxe de aplaudilos, por campañas coma esta (e esta incluída) ANESVAD foi proposta para ser expulsada da Coordinadora de ONGD española. Ao final non foi expulsada porque, coñecedores do que lles esperaba, déronse de baixa eles o día antes.

  5. M.Cruz Negreira Rey

    Estou dacordo en que moitas veces o noso obxectivo comunicativo falla porque non escollemos ben nin a linguaxe nin a canle. Respeto da campaña de ANESVAD, se ben é certo que se esaxera e xeneraliza unha realidade minoritaria coas malas consecuencias que provoca sobre estes países ou persoas que poidan verse afectadas, poida que a mensaxe publicitaria si cumpra cos seus obxectivos.
    Entendo que o que pretende é sensibilizar ao público receptor. E poida que a estas alturas, a nós, os que estamos sentados no sofá vendo a televisión despois de cear, só nos chegue a mensaxe con anuncios coma este. Malia que o da “familia típica” e o troco habitual das nenas por electrodomésticos, semelle tan esaxerado e irreal coma neste caso.

  6. Seguramente a intención desa organización fora a de sensibilizar a poboación porque precisaban, e seguen a precisar igual que o resto de ONGD’s, fondos para os seus proxectos. E seguro que conseguiron sensibilizar a moita xente, pero esa sensibilización está baseada nun discurso que dista bastante da realidade. Coido que hai outras maneiras de sensibilizar a poboación sen poñer como “malos” aos proxenitores das rapazas que son explotadas sexualmente no sureste de Asia. Por exemplo, facendo fincapé nos verdadeiros responsables, pero se cadra iso non interesa. Por que será que non sae no anuncio un europeo ou un americano pagando polos servizos dunha destas mozas?

  7. A campaña publicitaria abriría moitos ollos pero conseguiu algo?? eu estou con Toni en que hai maneiras e maneiras de dicilas cousas. E no tocante a elixir só dicir que este é un termo moi difícil… cando nos din que temos que elixir xa nos poñen unha predisposición. Gústame a idea que recolle este post, moi ben combinada a información.

  8. Si, o de elixir é algo complicado e, no ámbito dos medios de comunicación, elixir como dar unha mensaxe pode que sexa cada vez máis complicado debido diversos factores como as audiencias, por exemplo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: