“ProT: Isto é política social?”

Despois de coñecer COGAMI e as súas ferramentas de comunicación quero plantexar unha cuestión un tanto incómoda sobre o tema, existe interés económico/político na integración deste tipo de persoas? Explícome, ben é certo que organizacións como COGAMI traballan pola participación social de aquelas persoas que corren o risco de ser excluídas, ao estar arraigadas a barreiras físicas e mentais. Pero, en que lugar quedan os poderes políticos?

COGAMI está financiado, en parte, polos poderes públicos, pero existen intereses destes máis alá do proceso social?  Como non se debe xeneralizar e cultivar a interrogación en todas as entidades administrativas, eu propoño un caso en concreto. A vila lalinense, da que formo parte, veu de celebrar o pasado mes de febreiro a XLIV Feira do Cocido apostando polo “Cocido Accesible”, un programa que recollía unha serie de adaptacións estructurais para que persoas con algún tipo de discapacidade puideran disfrutar da feira. Este proxecto estaba promovido por COGAMI, do que non dubido a súa profesionalidade;  pero cal foi a realidade?

Á gala, retransmitida pola TVG, foi difícil acceder pola mala organización e pola propia infraestructura do edificio. Que dicir do pregón, no cal os xornalistas, persoas varias se amontoaban diante do palco, reservando, máis ben pouco lugar, para a celebración do “Cocido Accesible”.

É vergonzoso que se fomente a integración, e mal, cando toca a orquesta, alumean as luces e vén a tele.

Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

S2D, 3 a1

Posted on 4 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Óscar Martínez

    Desde el momento en el que una institución política aporta el primer euro desgraciadamente quiere salir en la foto, que se la nombre en la web, en la prensa y si puede ser hasta en el papel del water del local si es necesario. Es el problema de la financiación pública. Pero desgraciadamente sin ella muchas instituciones no podrían sobrevivir y los servicios que ofrecen pasarían al limbo de no prestados. Una pena.

    • Anxela Pedrouso Areán

      “Salir na foto” penso que esa é a clave de todo. Porque os cartos moven o mundo e iso xa o sabemos pero parece que todos somos moi narcisistas, e precisamos que nos louven e nos aclamen. Por moitos cartos que se donen se logo iso non se sabe parece que non serviu de nada facer unha obra social. É indignante si, pero é unha forma coma outra calquera de publicitarse e xa se sabe que o importante é que falen de ti, sexa para ben ou para mal.

  2. Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

    coincido con vós en que calquera, aínda que nos pese, necesitamos que nos aclamen as boas obras e non louven, como apunte Anxe e iso non é menos cando se trata da clase política. “Sair na foto” é o que buscan, chamar a atención e pouco máis. si é certo que sen os cartos públicos non se poderían realizar algúns proxectos. Pero ao fin e ao cabo, o diñeiro público, non son máis que os nosos cartos que deben volver aos nosos petos, non é?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: