Daily Archives: 5 Abril, 2012
“Avó, sorrí para a foto”
O grupo S3B estamos adicando o Traballo de Seminario a estudar a influencia das novas tecnoloxías na comunicación entre avós e netos. A documentación sobre este tema é bastante escasa. Por iso que mellor que preguntarlles aos nosos propios avós e avoas como se comunican cos seus netos e que opinan eles sobre o mundo de hoxe colonizado por Internet. Durante estas entrevistas, tiramos unhas cantas fotografías que poñemos á vosa disposición a través de Flickr.
Cada unha delas está acompañada dun breve comentario, que pretende servir de pequeno avance do que eles nos contaron, así como do que puidemos observar durante a clase de Informática para a Terceira Idade impartida por ATEGAL á que puidemos asistir.
Non dubidedes en botarlle unha ollada e animádevos a comentar que opinades sobre o tema. Grazas!
Varela Fernández, S3B