“Repique de campás”

Unha das múltiples entrevistas que realizamos para este traballo de TS foi a concertada con Paco Fernández Fidalgo, ex campaneiro da parroquia de Medeiros, Monterrei, Ourense.

Era día 3 de marzo de 2012, arredor das tres da tarde, cando decidín comezar a busca de alguén que me puidera dar a información que necesitaba para este traballo de comunicación tradicional. Necesitaba alguén con experiencia na materia. Pensei, por tanto, no sacristán da parroquia, ou no antigo campaneiro. Miña avoa facilitoume as cousas, e levoume onda Paco.

Así, desta maneira tan imprevista, acababa de conseguir a entrevista que necesitaba. Corrín de novo a casa pola cámara de vídeo e comecei a falar con el. Unha das primeiras frases que dixo quedoume marcada para o resto do traballo: “A practica totalidade dos toques da parroquia aprendinos de oído. Ninguén mos ensinou, mais nunca os esquecerei”. Gustoume saber que, con Paco, haberá unha persoa máis no futuro próximo da localidade e dos arredores que recuperará unha parte da cultura tradicional.

No resto da entrevista, dedicouse a simular todos os toques que coñece, á porta da igrexa. Víaselle emocionado cando, coa súa propia voz, realizaba o “tan, tan, tan” das campás que o acompañaron toda a súa vida.

Dapía Freitas, S1B, 2A1

Posted on 7 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Estou realmente fascinada co que estades a facer! Moi fan.
    Quen vai ser o aprendiz de Paco?? Sabelo? Un rapaz novo? ou igual alguén que quere preservar a tradición?

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Pois non. Ningún rapaz novo da aldea ou arredores está interesado no tema, de momento. Agora o encargado desta tarefa é o sacristan da parroquia, e cando este decida deixar o posto, veremos o que ocorre.

  2. Paréceme moi interesante o voso traballo. Creo que a comunicación tradicional é algo que se está perdendo. A labor dos campaneiros é realmente interesante e fermosa. É unha magoa que as novas tecnoloxías sustituan traballos coma estes. Na miña parroquía xa fai tempo que non temos un campaneiro senón un aparello que fai a súa labor.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      É o normal na actualidade, substituir ao campaneiro por unha máquina. Quedan poucos lugares nos que primen os labores tradicionais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: