As procesións tamén son comunicación

Semana Santa destaca pola súa carga comunicativa. De feito creo que é interesante pararse a pensar que este acontecemento e o que deriva del, como por exemplo as procesións, poden transmitir impresións tan diferentes como extremas. En principio, as procesións de Semana Santa son un acto comunicacional no que hai uns elementos que transmiten unha mensaxe relixiosa pero… poden desligarse as procesións da relixión?

Image

O ambiente, o magnífico traballo dos orfebres que conseguen uns pasos dunha indudable beleza plástica, os sons, os olores… É unha conxunción de factores o que consegue que as procesións sexan admiradas por moitos, sexa cal sexa a súa condición relixiosa. Co tempo desenvolvéronse e consolidáronse as procesións de Semana Santa en toda España, sendo hoxe unha das señas culturais e artísticas máis importantes do país e con maior difusión no exterior. Mentres uns centran a importancia deste acontecemento no ámbito relixioso, outros fano no vacacional, hosteleiro, artístico, gastronómico ou, incluso, meteorolóxico. Tanto é así, que se buscamos en Google “Semana Santa” os catro primeiros resultados descríbena e o quinto anuncia un 35% de desconto nas viaxes durante este período. Sexa como sexa, queda claro que as procesións tamén son comunicación.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 8 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Matilde Vázquez Peón

    La Semana Santa esta muy relacionada con la comunicación desde varios ámbitos. El más destacable tal vez sea el religioso. Una comunidad que se mueve a ritmo de procesión y que comparte una cultura. Un pueblo que viaja al pasado para reunirse con los creadores de un movimiento. Tal y como dices, esta semana de descanso tiene un significado diferente para muchos otros, que incluso se atreven a denominar este período como “vacaciones de primavera”. Sea lo que sea creo que promueve la comunicación, pues es un espacio deseado por todos, los religiosos y el resto de las personas que lo aprovechan, para por ejemplo viajar.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Matilde. Efectivamente, a Semana Santa non só transmite unha mensaxe relixiosa. De feito, moitas persoas que non seguen ningún tipo de crenza achéganse mesmo dende fóra do noso país a ver as procesións pola riqueza artística e cultural dos pasos. De novo, grazas polo teu interese.

  2. O que a mín me chama moito a atención é como se implican moitas persoas nesta celebración. Este ano non pararon de retransmitirse imaxes de persoas chorando porque a choiva impedíalles saír en procesión. Supoño que a semana santa é unha forma de comunicarse e de transmitir as nosas crenzas ao resto do mundo. Bo post!

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Carla. A verdade é que moitas desas persoas eran os orfebres que adicaron meses de traballo a realizar os pasos e que viron como a choiva lles estragaba todo este tempo de esforzo. Eu penso, que sexas crente ou non, hai que saber recoñecer a súa riqueza artística e cultural. De novo, grazas polo teu interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: