Mingote e o debuxo como instrumento de comunicación.
Dende fai milleiros de anos o debuxo actúa na humanidade coma un instrumento de comunicación de primeira orde. Na Prehistoria, en Exipto…en calquera cultura ou lugar podemos atopar unha multitude de mensaxes que nós intentaban transmitir os debuxantes por medio dos seus garabatos. Coma calquera outro tipo de linguaxe, o debuxo é quén de desempeñar distintas funcións. Dende a simple identificación dun obxeto ata transmitir emocións ou sentimentos. Por medio do trazo de liñas rectas, curvas, texturas e volumes o debuxo acada as súas intencións. A iconografía invade as nosas vidas e o simple debuxo dunha xigante ”M” curvada de cor amarelo sobre un fondo vermello provoca no noso cerebro unha nova imaxe, desta volta unha hamburguesa.
O pasado día 3 de abril abandonounos Angel Antonio Mingote Barrachina ”Mingote”, un xornalista que fixo do seu humor e habilidade no debuxo un xeito de gañarse a vida, á vez que transmitía a súa peculiar visión sobre unha nova de actualidade sen apenas empregar palabras. Aínda que non leiro coa liña editorial para a cal debuxaba (ABC) e o corte conservador que tiveron a maioría das súas viñetas durante os seus derradeiros anos penso que o arte deste home está por enrriba de calquera ideoloxía. Deixovos unha viñeta onde se pode contemplar á vez, a súa arte, o seu humor e tamén o seu pensamento. D.E.P.
Castro Silva, S1B
Posted on 8 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Arte, Comunicación, Curso 2011-2012, debuxos. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
O debuxo como medio de comunicación é moi importante porque é unha linguaxe universal que o home empregou dende o comezo dos tempos. Unha linguaxe universal porque mediante debuxos podemos comunicarnos con persoas de distintos países sen necesidade de falar un mesmo idioma. Un instrumento de comunicación de primeira orde, en tódolos tempos, en tódalas culturas e a calquera idade. Como toda linguxe desempeña diferentes funcións, dende aquela cuxo obxectivo é identificar un obxecto ou unha imaxe mental ata a que permite transmitir intencións, estados de ánimo e sentimentos. Mingote soubo ver e aproveitar todo isto. Un, entre tantos, pero non por iso menos loubable, ao contrario, que logrou plasmar a realidade tal como é, tal como a ve ou tal como a sente, sempre a través do debuxo.
Sen dúbida, ademais co debuxo podese xogar ca ambigüedade da interpretación e moitas das cousas que serían censurables polos medios orais ou escritos, nunha viñeta poden reflexarses simplemente alegando que esa interpretación é subxetiva e non querias decir iso.
Cantos grandes comunicadores non son coñecidos por escribir con palabras se non con debuxos! Se e que a frase “Vale mais unha imaxe que mil palabras” é moi certa. E sobre todo con humor, unha columna de humor sen unha imaxe de lado non sería o mesmo. D.E.P Mingote
Empregar a ironía mediante o debuxo sempre parece que lle quita certo dramatismo ás cousas e ademais pode conseguir unha maior aceptación por parte do lector. Penso que os xornais deberan abusar máis das caricaturas, das viñetas e desa faceta humorística que á vez é capaz de comunicar.