“Prot: Avanzando coas clases”

Durante estas semanas continuamos coa nosa labor de axudarlle a tres rapaces que padecen enfermidades mentais con diferentes materias de segundo de bacharelato.

Neste caso, centrámonos esta semana na literatura universal con dous deles, aos que lle demos clase colectivamente. As clases transcorren dunha forma corrente, intentando sempre que sexan o máis amenas posible por ambas partes. Pouco a pouco, fomos vendo que métodos eran os máis correctos para levar a cabo un entendemento mutuo. E, este último día por exemplo, dispuxémonos a facer unha lectura de exemplos de textos sobre a teoría que estábamos explicando, entre eles unha representación teatral que levamos a cabo entre todos e que conseguiu transmitir perfectamente toda esa parte teórica dos apuntamentos que levabamos semanas comentando, lendo e estudando.

Pero as clases non evolucionan só dunha forma académica, senón que a confianza, o entendemento e a complicidade entre nós e os nosos “alumnos” mellora cada día máis nas cousas máis simples e sen importancia, pero que van causando efecto nunha relación que mellora en todos os sentidos cada vez que deixamos de ser voluntarias e usuarios do voluntariado e pasamos a ser simplemente persoas que están alí para axudarse mutuamente.

Álvarez Patiño, S1E, S1A1

Posted on 8 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Moi boa a iniciativa! Gustoume iso de que non só lles deades clases senón que temán exista entendemento mutuo máis alá de alumnos e profesores.

  2. Coral Álvarez Patiño

    Grazas. Pois é o que intentamos, e o que debería intentar todo o mundo con persoas destas características, xa que moitas delas o problema máis importante que posúen xa non é a enfermidade en si, senón a imposibilidade de manter relacións sociais con outras persoas. Por iso intentamos non darlles só unha clase ou explicarlle uns apuntamentos, senón ser unha persoa máis dentro das súas vidas para que non se sintan en ningún momento excluídos da sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: