“ProT: Un pouco de debate”
Este martes, ás 17.00 horas dará comezo outra sesión de debate na asociación ITINERA, na que colaboramos. Nesta ocasión, con motivo da Semana Santa, non tiñamos ningún dos grupos un tema asignado previamente. A razón é moi sinxela: os asuntos a debatir teñen que estar moi vencellados á actualidade, o que é imposible de lograr con dúas semanas de antelación.
Sempre nos dividimos en subgrupos de 3 ou 4 persoas, as cales quedamos antes da sesión para intercambiar posturas e achegar datos que investigamos. O grupo no que estou decidiu elixir o tema da inminente saída á bolsa de Facebook, así como os problemas que ten con outras empresas cibernéticas como Yahoo! ou Google.
Esta actividade é moi gratificante, posto que permite interactuar cos usuarios da asociación e coñecelos moito mellor. De feito, intercambiamos emails e números de teléfono para estarmos en contacto e falar do tema. Sen dúbida está a ser unha experiencia que non esqueceremos xamais.
Lara Salgado Santos, GBCP, 4A2
Posted on 8 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, debate, Itinera, Pro T. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0