Segundas partes… son boas realmente?

Navegado pola rede atopei este artigo da revista Gentlemen’s Quarterly que me chamou a atención. Nel fálase de segundas oportunidades nas relacións de parella e de como eles deben actuar cando somos as mulleres as que queremos volver a intentalo.

Todo isto fíxome reflexionar e pensar se sería quen de dar unha segunda oportunidade. Supoño que todo depende do momento no que nos atopemos na vida, da relación que tivésemos e dos motivos que nos levasen a separarnos. Neste sentido eu sempre fun unha muller de ideas claras: nunca daría unha segunda oportunidade. Non me gustaría volver repetir cousas que xa vivín e que, por algún motivo, non remataron de saír ben. Prefiro probar cousas novas e mirar sempre cara adiante. Quizais estea equivocada mais son das que pensa que “segundas partes nunca foron boas”, ademais non son daquelas persoas que perdoan e son capaces de comezar de cero de novo, de feito creo que ninguén é capaz de facelo completamente e esquecendo o pasado por completo.

Investigando atopei outro artigo que se refería á mesma situación mais nunha revista feminina, neste explícansenos os posibles motivos dunha ruptura e tamén se dan unha serie de consellos para non cometer os mesmos erros no caso de tentar unha segunda parte.

Non sei se estes consellos servirán de algo nin se dar unha segunda oportunidade pode ser bo nalgúns casos mais gustaríame coñecer a vosa opinión, dariades ou déchedes algunha vez unha segunda oportunidade?

Quiñoy Montero, S3B,3B2

Posted on 8 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. María Pérez Capelo

    Creo que é unha pregunta moi relativa, depende das persoas, do que ocorreu entre elas, etc. Polo que a min respecta nunca fun capaz de facelo, é máis, creo que dar unha segunda oportunidade só serve para corrobar que a primeira vez fixeches ben en abandonar.
    Moi interesante o post e os artigos 🙂

    • Laura Quiñoy Montero

      Claro que depende das persoas e do que sintan mais creo que é moi difícil dar unha segunda oportunidade cando sabes que as cousas non foron ben, vale que se poden arranxar mais nunca se acaba de perdoar por completo e todo iso remata saíndo nun momento ou noutro. Gracias polo comentario María! 🙂

  2. As segundas partes nunca foron nin son boas. A experiencia que teño, claramente mala, dime que non é posible que despois dunha ruptura, unha reconciliación leve a relación a o desexado “felices para sempre”. Para unha ruptura sempre hai un motivo de peso. Unha vez que a relación dase por terminada, non hai volta atrás. Por poñer un exemplo: se unha relación rompe por celos, é porque xa non hai confianza, e se non hai confianza a relación non seguirá adiante. Tamén pode ser que se rompa porque non hai comunicación, nese caso, os erros da falta da comunicación volveranse a facer, porque se hai falta de comunicación débese a que non se complementan o que produce eses erros de interacción. En definitiva, que se a primeira non vai a vencida, é mellor buscar a outro, porque o teu “felices para sempre” está con outra persoa. Sempre hai un roto para un descosido.

  3. seminariocomunicacion3

    Eu creo que todo depende de cada situación, de cada persoa e de cada momento. Persoalmente nunca me entusiasmaron as segundas partes e nunca crin nelas, mais a experiencia díxome que unha nova oportunidade tamén pode traer bos resultados. O primeiro en sorprenderme fun eu¡

  4. Anxela Pedrouso Areán

    Non podo asegurar con firmeza se as segundas oportuniades son boas ou non xa que nunca me vin na situación. O que si estou segura, ós meus case 20 anos, é que se unha relación fracasa é por algo e que ese algo é moi complexo de superar. Supoño que si, que se poderían dar segundas oportunidades nas que logo sae todo ben pero as veces penso que só é cousa das películas ñoñas. O que teño claro é que, se algún día lle tivera que dar unha segunda oportunidade a alguén deberían pasar uns anos dende que se fracasou xa que os rencores e os “malos roios” deben estar olvidados de todo.

  5. Laura Quiñoy Montero

    Véxonos a todos moi convencidos de que nunca daríamos unha segunda oportunidade e todos temos as ideas moi claras. Creo que iso quere dicir que somos persoas con carácter e que non deixaríamos que ninguén nos pasase por riba, e creo que iso é algo positivo non só nas relacións senón tamén noutros aspectos da vida.
    Por outra parte tamén creo que nas relacións entran en xogo os sentimentos e non sempre podemos controlalos, ás veces precisamos levar un pao para tomar a decisión correcta.

  6. Sinceramente yo tampoco diría que las segundas partes son buenas, a pesar de que he visto casos en los que sí, en la mayoría de ellos solo se llega a un bucle de rupturas y vueltas, risas pero tambien lágrimas y sobre todo, discusiones.¿Las razones? Ya las habeis dicho, se recuerdan antiguas experiencias, vuelven setimientos pasados, se reprochan cosas… y pienso que nunca se puede empezar de cero totalmente.

    A pesar de todo esto creo que hay algunos casos en los que las segundas oportunidades están justificadas. Veanse ejemplos como algunas parejas que cortan por la distancia, ambos queriéndose pero sabiendo que es mejor dejarlo para no pasarlo mal, y que luego, por situaciones, la vida los vuelve a juntar. En esos casos creo que sí que pueden tener un final feliz.

    ¡Buen post para reflexionar Laura! ¡ya sabes que a mi estos temas me gustan mucho!

    • Laura Quiñoy Montero

      Ahí sí que tienes razón, puede suceder que, por razones de la vida, una pareja tenga que separarse y, más adelante, pueden volver a estar juntos. Esta es una posibilidad que nadie había contemplado y, en estos casos, he de decir que sí puede llegar a funcionar porque no hay rencores ni problemas anteriores, simplemente la relación se terminó por motivos externos.
      Gracias por comentar 🙂

Deixar un comentario