Daily Archives: 10 Abril, 2012
“ProT: Reunión con Cristina, coordinadora de Down Compostela”
Buenos días a todos, desde nuestro trabajo de ProT hemos seguido trabajado hasta el último día antes de empezar nuestras merecidas vacaciones de Semana Santa. Después de completar nuestras notas de prensa de todos los actos a los que acudimos con nuestra asociación Down Compostela, las valoraciones de su página web y Facebook y del manifiesto leido el pasado 21 de marzo con motivo del Día Mundial del Síndrome de Down, el viernes día 30 concertamos una cita con su directora, Marta, y a la coordinadora con la que desempeñamos nuestros talleres de comunicación, Cristina. Una vez allí, además de recibir el visto bueno por la parte de trabajo realizada, Cris nos explicó cierto número de cosas relacionadas con los talleres de comunicación y el diferente nivel de aprendizaje de los miembros de la fundación. Nos recalcó, como ya os comentamos, que cada vez son más los padres que quieren que sus hijos asistan cuanto antes a estos talleres, ya que suele dar sus frutos.
Os recordamos que podeís adquirir los productos de Down Compostela para colaborar con esta Fundación en su web: http://www.downcompostela.org/index.php?idMenu=6&idIdioma=1 o bien haciéndoos socios también a través de la web: http://www.downcompostela.org/index.php?idMenu=50&idIdioma=1
Tras una hora de reunión nos despedimos de Cristina y cada uno marchamos a disfrutar del comienzo de nuestras ya pasadas vacaciones.
Domínguez Rodríguez, M. 2A2
O circo da información local
Unha das claves do control social é a estratexia da distracción, consistente no desvío da atención do público dos asuntos de verdadeiro interese social mediante o subministro constante de informacións banais ou espectacularizadas. Tamén no ámbito local. Baixo a escusa da proximidade e a inmediatez, os medios de comunicación reinventan a realidade diaria facendo do anecdótico o cotiá, estereotipando espazos e afastando problemáticas.
Sirva como exemplo a portada de hoxe da edición dixital de La Voz na sección de Galicia, onde se destacan as principais noticias das 13 edicións locais e comarcais do xornal. Das 31 pezas publicadas, un terzo pertencen á crónica vermella*, mentres o resto se reparte entre as temáticas política e social. Sen máis información que a ofrecida polo rotativo coruñés, o lector será un cidadán desconectado, narcotizado por unha realidade distorsionada pola constante enfatización e noticiabilidade de feitos hiperbolizados (violencia, roubos, “desgrazas”…). A cobertura dos temas que realmente afectan de preto ao público do local ( a crise económica, a corrupción política ou os recortes en educación, por exemplo) son desprazadas ás seccións de “alcance” (España, Internacional, Economía…), disfrazadas como feitos coma distantes, alleos á realidade máis inmediata e, por tanto, pouco relevantes.
Se ben é certo que a análise da axenda mediática dun único día non permite realizar xeralizacións das rutinas de selección e xerarquización hoxe observadas, si dá algunhas pistas sobre o que non debe ser norma no xornalismo local: a información de proximidade reducida á emoción.
*Estes son algúns dos titulares das noticias incluídas na sección de Galicia :
–Dos detenidos por robar un hórreo en Lugo
–Una joven de Vilagarcía denuncia a su padre por agresión sexual
–Pelea a palos entre seis vecinos por el alquiler de un piso en Vigo
–Aparece el cadáver de un perro colgado en un árbol en Xiabre
– Fallece un hombre en Sanxenxo al caerle encima el árbol que talaba
– Detenido por robar joyas y dinero en A Pastoriza y enterrarlas en una finca
– Cae al mar un tripulante de un barco de Marín en las Malvinas
– Un emigrante de A Illa de 43 años de edad se ahogó en Nicaragua
– El lucense detenido por dejar morir a sus animales acusa a un vecino
– La mujer asesinada en Lalín recibió dos impactos de bala
– Piden 4 años de cárcel para un conductor por agredir a un guardia civil que lo multó en Redondela
Alonso Rodríguez, CL4X
Os xornalistas como voceiros do poder
A comunicación local é a máis próxima ó cidadán polo tanto o xornalista que a cubre debe selo tamén. Creo que en canto á prensa escrita, hai que diferenciar entre os xornais de edición impresa e os medios que só teñen versión dixital. Na prensa tradicional a información local é na maioría dos casos un manifesto dos poderes políticos, é dicir, un alto falante do poder. As novas simplemente son anunciadas ó estilo bando municipal, rara vez son analizadas e interpretadas polo xornalista, como debería ser. Válese, na maioría dos casos, dos comunicados das axencias de prensa das diferentes institucións, polo que rara vez están no lugar dos feitos e polo tanto, non están en contacto coa cidadanía. A información rara vez aparece contrastada nin documentada, outras dúas regras do xornalismo que non se cumpren.
Nos últimos tempos xurdiron novos medios dixitais que tratan dunha maneira máis coidada, documentada e contrastada a información, tanto a local como a xeral. Tamén é verdade que a internet permite outro tipo de xornalismo e non pasa así cos medios tradicionais.
Aínda así e todo non debería haber esa diferenza entre o xornalista que escribe nun medio dixital e o que o fai nun tradicional, a profesionalidade non debería depender do soporte se non do profesional.
O que está claro é que a sociedade cada vez é máis esixente e como calquera profesional, o periodista, debe ofrecerlle o que piden e ser máis próximo no seu traballo.
Rodríguez Martínez, Raquel CL4X
El conflicto de la imparcialidad local
El periodismo local se basa en buscar el interés humano de las noticias de la comunidad del propio periodista. Una comunidad en la que el profesional de la comunicación conoce perfectamente el territorio en el que trabaja, y además dispone de las claves y de las fuentes personales necesarias para conocer los lugares de conflicto noticioso y la noticia en sí. Estas noticias, es muy probable que no suscite el interés nacional, o en medios de mayor ámbito, pero sí son un problema para el territorio en cuestión… un problema que si nadie conoce, jamás se solucionará.
Por lo tanto, es básico en este periodismo, que el informador se nutra de información personal, de afectados, y dejar a un lado la información declarativa o propiamente institucional. Esta relación tan estrecha entre el periodista y sus fuentes en el ámbito local, que serán vecinos, puede afectar negativamente a la visión “objetiva” del periodista, pero éste es uno de los hechos contra los que debe luchar el comunicador. Hay que ser capaz de criticar la actuación o el hecho cometido por un vecino, por muy vecino o amigo tuyo que sea. En esta situación radica quizás la mayor dificultad del ámbito local, la imparcialidad en relaciones personales estrechas y cercanas.
Doval López, CL4X
O encaixe en clave electrónico
O oficio estaba orfo e desprestixiado cando o recolleron as institucións públicas. Contrataron a un axente de desenvolvemento local, coma quen emprega a un superheroe. Despois viñeron as mantillas á raíña e as escolas-obradoiro. E dunha idea do concello medraron asociacións cidadás coma Rendas (a palabra galego-portuguesa para encaixe). Aquela festa comezou coma un fito periférico, suburbial. Pero co tempo foi catapultado polos medios locais até deter os calendarios da Costa da Morte. A Mostra do Encaixe de Camariñas é parte do catálogo de realidades que se forma no seo dunha comunidade local e que é imprescindible á hora de facer o seu reclamo existencialista. Agora este catálogo ten ambición global. Foi noticia de portada da prensa profesional e cidadá en Internet, que entendeu que para os lectores só existe aquilo do que se fala. Citando a Geertz e ao seu sistema cultural: “as cousas son o que un fai con elas”. Así, os novos medios locais vense obrigados a demandar un novo espazo para a súa realidade, abocada a caderniños nos medios tradicionais.
Alén da adaptación ás TICs dos xornais máis lonxevos, na bisbarra xorden novos espazos de información electrónicos –QPC, camariñas.eu , DC ou A Nosa Costa-. Malia ser unha iniciativa alternativa, moitos convértense nun espello cóncavo dunha das realidades máis perigosas do xornalismo local: a institucionalización. Adoitan ofrecer publicacións íntegras das notas de prensa de partidos políticos ou outras entidades, segundo a afinidade ideolóxica. Porén, destaca que en casos coma o da Mostra hai un intento por facer xornalismo: ir, descubrir, contrastar, contar. E despois a información expándena polas redes sociais, xogando incluso coa actualidade sincrónica a través de Twitter.
Ameixeiras Cundíns, CL4X
“La aguja en el pajar”
La semana que viene pondremos fin a nuestro trabajo TS con la exposición de nuestras conclusiones. Os recordamos que somos el grupo que estudiamos las técnicas de cortejo y comunicación entre parejas en diferentes generaciones. Al estar tan próxima la fecha de entrega nuestro trabajo va cogiendo forma y se va consolidando. Al estudiar y observar las diferentes generaciones comprobamos que en cada una sus integrantes comparten comportamientos generales, pero existen parámetros individuales.
Sobre todo en lo que a nuevas generaciones se refiere, comprobamos que existe un “miedo” a asentarse sentimentalmente con alguien. Muchos lo achacan a que es muy difícil encontrar a la persona idónea. ¿Nos habremos vuelto más exigentes? Si nuestros padres, a pesar de tratarse de otros tiempos, encontraron el amor de su vida, ¿por qué nosotros buscamos algo tan afín a nosotros?
Por otro lado, existen personas desubicadas dentro de su marco generacional, que se comportan de una manera diferente a la que, según los parámetros generales, les correspondería. Adultos que no quieren dejar de ser niños y niños que juegan a ser adultos.
Todo esto se verá más claro en la exposición del 19 de abril.
López Martínez S2E, 2B2
É o director dun clásico dono da súa propia película?
Fai pouco lin un artigo de opinión relacionado coa saga Star Wars e como George Lucas destrozou a historia da triloxía orixinal creando outras tres películas a modo de precuela fai relativamente poucos anos. O artigo en cuestión é o seguinte:
http://www.jotdown.es/2012/03/star-wars-ii-20-momentos-en-que-george-lucas-nos-rompio-el-corazon/
Ler isto faime pensar: ten realmente o creador dun clásico do cine dereito a facer con ese clásico o que queira? O autor dese artigo dame a que aposta porque non, e eu, se o que van facer é o que fixo George Lucas con Star Wars, penso que tampouco.
Hai moitas cousas nesa serie de precuelas que fixo o señor Lucas que dan verdadeiro repelús. Algúns dos detalles e dos gazapos (intencionados) que se comentan no artigo xa os apreciara eu con bastante cara de sorpresa no meu recente visionado da saga, e dende logo facer iso que fixo Lucas paréceme unha falta de respecto do director ó seu público.
Unha das cousas que máis me fastidiou foi ver o mestre Yoda camiñar tan paseniño co seu bastón para dous segundos despois, coma quen di, velo saltar coa súa espada láser cal tartaruga ninja. Dende logo paréceme unha mofa cara ós seguidores de Star Wars… E que é eso dos midiclorianos? Pero o que facía especiais ós jedi non era a Forza?
En fin, o que se sinta tan indignado coma min e coma o autor do artigo, por favor que comente algo e que a Forza vos acompañe.
Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1
Superman sería periodista local
Los periodistas que componen las secciones de local se enfrentan a tres grandes retos que están relacionados: la adaptación a la era digital, la renovación de las rutinas como consecuencia de esta nueva etapa y atraer al lector para que opine sobre su entorno más inmediato. El nuevo periodista debe ser un profesional que sepa moverse en las redes sociales y que es capaz de crear comunidades de usuarios, conectados entre ellos y con el medio de comunicación.
Los profesionales no deben olvidar que están elaborando contenidos para un público local, con unos intereses comunes. Por esto, el periodista debe actuar como un inspirador de la inteligencia colectiva. Nuevamente, las redes sociales son la herramienta perfecta porque enriquecen el acto comunicativo a través de la bidireccionalidad: periodista-público y público-periodista. Por tanto, ha de ser hábil para tomar la iniciativa en el proceso de información y aprovechar el conocimiento que le transmite el público a través del feed-back.
Los nuevos periodistas deben ser super-hombres y super-mujeres. Cada vez se les exige una mayor capacidad para saber administrar las ingentes cantidades de información que circulan por la red, saber verificarlas, interpretarlas y comunicarlas. No es trabajo fácil ni para los veteranos ni para los recién salidos de la facultad. Los últimos están acostumbrados a trabajar “a la antigua” y la adaptación al famoso periodismo 2.0 resulta difícil. Los jóvenes juegan con la ventaja de haber crecido en contacto con las redes sociales pero carecen de una formación a este respecto.
¡Sin duda, Superman sería un periodista local de nuestra época!
Fernández Arias, Eva CL4X
“ProT: E rematamos ás visitas ós nenos”
O tempo para realizar o traballo de ProT estase a rematar e o mesmo fan as nosas visitas ós nenos da gardería Snoopy. Este xoves realizaremos a nosa última incrusión no mundo dos pequechos para centrarnos a partir de aí no “traballo de oficina”. En breves comezaremos a darlle forma definitiva á memoria do traballo poñendo en común o que cada unha de nós sacou en limpo dos cativos e da lectura dos libros que realizamos.
Durante todas estas visitas puidemos apreciar de primeira man a evolución dos nenos no eido comunicativo. Vimos como nenos que non eran nada sociables pouco a pouco ían collendo confianza, como rapaces que case non se comunicaban empezaban a facelo, aínda que fose só mediante xestos e balbuceos, e como cambia o carácter dalgúns raparigos tan drasticamente segundo estiveran ou non estiveran con el os seus amigos.
O noso obxectivo con este traballo era aprender a tratar ós nenos nos medios de comunicación e saber como desenvolven a súa alfabetización e as visitas ós nenos, xunto coas charlas con Irene, a directora da gardería, penso que nos fixeron conseguir ese obxectivo. Veremos agora cando o pasemos a papel se realmente nos serviu para conseguir o noso propósito.
Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1
“ProT: AGARESO.” Rehabilitando soños no cárcere de A Lama.
Martes tras martes vamos debullando un pouco máis este seminario que hoxe chegou cargado de sorpresas e de bos momentos.
Hoxe era un día especial no seminario pois íamos ter a sorte de coñecer de 1ª man o proxecto que está levando a cabo AGARESO no centro penitenciario de A Lama xunto a colaboración da Fundación Barrié de la Maza. Pois é un estudio de radio onde un grupo de reclusos leva a cabo a emisora do cárcere. Natalia Puga que é a xefa do proxecto foi introducindo cómo se comezou e cómo se foi desenvolvendo durante os primeiros anos e que xunto con Sabela e con Montse foron instruíndo ós presos nas diferentes técnicas e tecnoloxías radiofónicas, así como clases de teoría e linguaxe de radio e incluso clases de redacción. Pero a cousa non acaba aquí pois a máis de ter programación propia con multitude de contidos tamén dispoñen dunha revista chamada “A Xanela” con toda a actualidade do centro.
Teresa, a subdirectora de internamento cre que este proxecto servirá para gañar habilidades sociais para o futuro dos reclusos.
Xunto con Diego, Carlos, Celia e máis Xesús fomos descubrindo cómo facer radio os foi atraendo cada vez máis, case coma unha droga, comentaban aínda que tivesen que elaborar eles mesmos todos os contidos da programación e con recursos reducidos. Aprender valores, saber comunicar e facer máis levadeira a condena son os froitos deste proxecto. A xornada rematou coa gravación na facultade do seu programa de tertulia “En otra onda” na que colaborou o público.
Leiro Magdalena
2A4
“Jueves 12, ¿te lo vas a perder?”
Como ya venimos anunciando en anteriores post, esta semana llevaremos a cabo la penúltima de las actividades vinculadas al TS: La exposición de nuestro trabajo acerca de la comunicación musical.
Aprovechando la semana de vacaciones, cada uno de los miembros del grupo recopiló más información y perfiló los últimos detalles y lecturas para la realización de la actividad en el aula, hoy nos reunimos para dar los últimos retoques a la presentación.
No puedo desvelaros nada, eso si, intentaremos hacer la exposición lo más amena posible y esperamos que interactuéis con nosotros, puesto que vuestra opinión también cuenta.
Os aseguramos unos quince minutos entretenidos y cargados de buena música.
Jueves 12 a las dos de la tarde en el Aula 2, ¡No faltéis!
García González
S2A 2B2
Un xornal por localidade, ¿WTF?
Si, what the fuck? Sería, posiblemente, a reacción que terían moitos só de pensar en que, para cubrir todas as informacións locais existentes, fose necesario un xornal particular, propio.
Pensando no meu caso, pero como acontece en moitos outros, a información local da miña vila -A Pobra- tan só aparece plasmada (e relativamente) na sección Barbanza de La voz de Galicia.
Entón, ¿a solución radica en establecer un medio de comunicación que cubra todos e cada un dos espazos locais? Sen ser extremistas, na actualidade, as novas tecnoloxías brindan numerosas posibilidades a este problema: blogs profesionais, presenza nas diversas redes sociais, versións online dos medios…
http://fonforron.blogspot.com.es/
¿O fallo? Que temos as ferramentas pero que non sabemos usalas ou, cando menos, explotalas como é debido.
Unha radio local (Radio Boiro), que enche con temas musicais máis da metade da súa programación diaria. Unha televisión local (TeleBarbanza), que inclúe “algúns” contidos informativos -a meirande parte speeches políticos- nunha marea de anuncios publicitarios.
Esta é a situación máis común das pequenas localidades galegas. Normal que logo se precise un “aporte de frescura, novidades e innovacións ó medio” no curriculum vitae dos, xa non, novos profesionais da información. Normal que a maior parte dos habitantes dunha zona descoñezan a cantidade de medios de comunicación da que dispoñen. O que non evoluciona ó mesmo tempo que os avances actuais, non existe. Da mesma forma que o que non grita, non se fai oír.
Noal Rodríguez, Marta cl4x
Novas iniciativas en tempos de crise
A crise que está a sufrir o xornalismo obriga aos profesionais do sector a idear alternativas para sobrevivir no mundo da comunicación. É así como nacen no ámbito local iniciativas, sen ánimo de lucro ou coma medio de vida, que ofrecen ao usuario a posibilidade de interactuar co seu entorno ao mesmo tempo que acada un nivel de información distinto ao que ofrecen os medios tradicionais.
Estamos a falar, por exemplo, do sitio web “Terras do Morraso”, que ofrece información sobre a comarca de O Morrazo. O humor e a retranca son as claves desta páxina, que aínda que non ofrece contidos políticos está moi influenciada pola axenda cultural e os cidadáns. Así, entre as súas seccións inclúe a “Guía Furancheira” ou “Morrasoleaks”, aínda que o seu proxecto de maior éxito é o “Disionario da Revolusionaria Academia Morraçense da Lingua: Morraçense-Jodechincho”, no que os usuarios poden participar aportando palabras características da zona e a
súa tradución ao “jodechincho”. Esta iniciativa, que está a acadar moito éxito, logrou captar xa en varias ocasións a atención de medios de comunicación coma a Radio Galega ou El País. Como boa páxina, ten tamén presenza en redes
sociais coma Facebook e Twitter, e posúe unha propia canle de vídeo.
Xeado de Toxo, delMorrazo, Construíndo Cinania ou a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo son algunhas das iniciativas que se unen á anterior e que aínda continúan en funcionamento en maior ou menor medida, aínda que tamén moitas outras fracasaron, coma a Radio Televisión do Morrazo.
Rivas Martínez, CL4X
El chico indomable
El Indomable Will Hunting es una película sobre un joven llamado Will (Matt Damond) que vive en Boston en un barrio marginal bajo unas circunstancias económicas pésimas. Trabaja como limpiador en la Universidad de Hardvard, pero tiene una inteligencia extraordinaria, destacablemente en el campo de las matemáticas.
Un profesor de la universidad lo descubre e intenta convencerlo de que estudie y aproveche la capacidad mental que tiene. Pero para que pueda realizar unos estudios particulares en la Hardvard, la universidad pone una condición: que visite a un terapeuta.
Tras varios intentos con distintos psicólogos que usaban metodologías clásicas, el profesor le pide un favor a un viejo amigo Sean Maguire (Robin Williams). Sean, psicólogo y profesor, enfoca de manera diferente el carácter de Will y es capaz de hacer que se abra y le cuente sus verdaderos problemas.
Lo destacable de esta película es la manera en la que se relaciona Sean y Will. El terapeuta cambia la manera de comunicarse con él, con respecto al resto de psicólogos anteriores. Sean Maguire le enseña que debe seguir adelante, dejar su traumática infancia atrás, aprender a seguir lo que le dicta el corazón y aprovechar ese don que tiene.
Iglesias Otero, S2A 2B3
O lugar que ocupan os lectores
Pontevedra, 117 quilómetros cadrados onde máis de 82.000 persoas camiñan día a día creando o seu xeito de vida. Resulta complicado para un medio poder seguir toda esta actividade, pero isto aínda se pode dificultar máis se engadimos tamén as comarcas máis próximas como Poio, Sanxenxo, Vilagarcía, o Morrazo, Pontecaldelas, Soutomaior…
Como pode un medio (un xornal, por exemplo) camiñar polos sendeiros que crea a cidadanía? O Diario de Pontevedra responde con fotografías e con páxinas de especiais, aínda que isto só se produce na edición impresa.
Explícome. As dúas últimas páxinas da sección “Gente a diario” están dedicadas ás fotos en grupo que envían os lectores das súas vodas, bautizos, comuñóns, cumpleanos, despedidas de solteiros, reunións familiares, comidas de amigos…
Na Revista, o suplemento da fin de semana, podemos atopar unhas catro páxinas cheas de pequenas fotografías de diferentes actividades que tiveron lugar na última semana, como romarías, feiras e festas de todo tipo. E, como no podería ser menos, no suplemento MiniDiario os máis pequenos tamén son protagonistas dunha páxina.
Pero para completar con éxito o achegamento á vida cotiá dos viandantes de Pontevedra e dos seus redores, o diario ofrece pequenos especiais sobre distintas festas tradicionais xa consagradas. San Bieito de Lérez, a Festa do Mar de Poio, a Festa da Raia en Sanxenxo… teñen unhas páxinas especiais, que serán máis ou menos segundo a importancia do evento.
Pontevedreses, que medio nos coñece mellor? Que medio nos permite formar parte dos seus contidos?
Cardalda Vidal, CL4X
Estresarse ou non estresarse? – He ahí la cuestión
Estar unha semana de vacacións sen tensión fíxome reflexionar sobre algo do que padezo a miúdo: o estrés. Este termo, que se aplica ás presións que teñen as persoas na súa vida diaria, seguro que non vos é alleo. Quen non se sentiu algunha vez estresado por ter un exame ao día seguinte e ver que non che dá tempo de estudar todo? Quen non pensou algún día que case non ten tempo para nada?
O estrés nace cando nos vemos acosados por unha situación extrema que atenta contra a nosa vida (que nos atropele un coche, por exemplo) ou cando nos repercute nela (que teñamos que redatar un informe moi importante no traballo para mañá e que nos quede moito por facer). Ante esta última situación, a nosa mente activa unha sinal de que hai un perigo e ponse alerta.
Dise a miúdo que algo de estrés non vén mal porque así sempre levaremos os nosos proxectos a bo porto. Pero os estudosos no tema insisten en que se se trata dun estrés crónico pode derivar en hipertensión e iso xa sería un problema maior.
Mirando información sobre como combater o estrés non se daban solucións fóra do normal. Insístese moito en que a comunicación con outra persoade confianza pode ser moi útil para relaxarse un pouco e desconectar.
Por último, tamén creo que o estrés nos ameaza en maior medida pola falla de descanso: estamos nunha sociedade na que os trastornos provocados por falta de durmir son varios.
Déixovos un vídeo onde se explica desde a perspectiva de varios expertos o que é vivir estresados: http://www.dailymotion.com/video/x702uh_el-estres_school
E vós credes que fai falla algo de estrés? Que outras causas credes que dan lugar a unha situación estresante?
Gesteira Estévez
S2D
2b1
RECORTES EVERYWHERE, BARULLO NA EDUCACIÓN
A cuestión educativa sempre foi un tema moi delicado neste país suscitando moitas polémicas case dende o remate da ditadura franquista. Varios modelos educativos foron postos sobre a mesa das diversas institucións docentes, que as autonomías adaptan como mellor lles parece. LOGSE, LOE, LGE e unha longa restra de siglas pasaron xa polos nosos colexios en pouco máis de trinta anos , leis máis conservadoras, outras máis progresistas, EGB, básica, primaria e mais ESO é o que a xente de hoxe confunde e os nosos avós e nin sequera algúns pais saben que demo é o que se estuda hoxe.
Pero tampouco é de estrañar que isto ocorra, xa que a política en España carece de criterios comúns en asuntos tan importantes como poden ser a educación, o terrorismo, a sanidade, o financiamento do estado, o desemprego… que o que fan é distanciar ó partido do goberno coa oposición.
Un grande mal asola este país e non é só a crise. O sistema educativo afunde e a xuventude impasible deixase levar. Con este panorama non é raro o que sucedeu co famoso decreto do galego que non é outra cousa que a demostración do que aquí acontece : converter a educación nun xogo político máis, como se non houbera xa abondo.
A quén lle cabe na cabeza que recortar 3.000 millóns de euros en Educación cree confianza? Confianza en quen Señorías? Quen ten que confiar en vostedes, as axencias de cualificación ou a cidadanía ? Non se estarán confundindo de electorado ?
Leiro Magdalena
S2B 2A4
Persoal, non profesional
Levántome pola mañá. Doume unha ducha. Almorzo con café. Consulto o Twitter. Vou currar. Falo co xefe. Converso cos colegas. Discuto co veciño. Como mentres miro a tele. Volvo ao choio. Penso nos meus fondos no banco. Sigo traballando. Cea para levar. Adiantar traballo. Chatear. Durmir mal.
A rutina diaria, o eterno castigo de Sísifo. Este pode o ser pozo de perdición de moitos xornalistas locais. Perderon o ánimo e a ambición hai moito, se cadra desenganados pola actitude preguizosa dos compañeiros. Hai traballo, e iso xa é algo, sobre todo agora, coa de paro que hai, porque non vou acabar na fila do INEM. O máis fácil e fichar, presentarse na rolda de turno e escribir a noticia para mañá. Esforzarse e ir por libre é unha perda de enerxía e tempo, que -¡total!- aquí nunca pasa nada. Non vou ser parte deste xogo de facer medra-la cidade. Non vou meterme nos grandes negocios que se agochan baixo os partidos e as construtoras. Non. A cidade desenvolverase como o dicten os que saben. Ademais, outros encargaranse de atopar as mazás podres do sistema. Eu non son quen de sinalar quen ten as mans manchadas.
¿E a xente de a pé? Non interesa o máis mínimo. ¿De qué me poden servir as filípicas dun vello que traballaba no Porto? ¿Teño estar enriba de cada concelleiro para sacarlle información? ¿Por qué patearme cada metro da cidade? Por suposto que non. O único que interesa son os shows, as estreas de cine, os concertos, as inauguracións iluminadas polo sorriso do alacalde de turno, as festas e as manifestacións. O público é o que podemos ver na superficie, non o que está baixo ela. Este é o meu traballo, non a miña vida.
Eu quería cubrir grandes acontecementos, marchar de correspondente ao estranxeiro ou traballar nas redaccións das grandes capitais. Aí é onde está o que interesa, ou polo menos o que debe interesar a todos. ¿Qué máis dá o que pase aquí?
Pereira Vila, Jorge CLX4
Uno más y lo dejo
Esta frase la hemos dicho muchos fumadores. El último se convierte en el penúltimo en casi todas las ocasiones.
Fumar es un vicio conocido, el tabaquismo es considerado por algunos una enfermedad, la dependencia que crea es casi igual a la de una relación sentimental o de amistad: cada vez que necesitas desestresarte, tu amigo el cigarro está ahí para ayudarte.
La mayoría no sabemos porque empezamos a fumar. Hay unos clichés establecidos: por presión social –tus amigos fuman, tú no vas a ser menos- así empiezan la mayoría, como fumadores sociales; existe la teoría de que el fumar te hace más “mayor” y otras razones que la verdad, a mí no me convencen. La publicidad ayuda mucho en ese caso, los anuncios dan un cierto glamour al tabaco que no deberían dar ya que incitan a los más jóvenes a empezar pronto.Yo he de confesar que empecé a fumar porque mi mejor amiga lo hacía, sé que no es algo de lo que estar orgullosa pero es así.
El dejar de fumar es algo complicado, hay que tomárselo con tiempo, tener gente a tu alrededor que te apoya y que te ayuda a dejarlo. Con constancia, trabajo y una buena razón se consigue.
McGrath, GBCP
Prohibido pagar
Vou a Palma de Mallorca, teño que pagar por entrar na catedral. Pouco despois deste viaxe fun a visitar Donostia, cóbranme por subir ó monte Igueldo onde, en principio, se podía gozar dunhas vistas extraordinarias da bahía da Concha. Na Catedral de León repítese o proceso, na Mezquita de Córdoba, na Alhambra de Granada, na Sagrada Familia…
A lista podería ser interminable ata que me dispoño a subir á muralla de Lugo… Sorpresa! Non fai falla pagar, doulle unhas voltiñas e non pasa nada, ningún gardián dos monumentos vén a apercibirme: Oia que hai que pagar para entrar eiquí.
Na Catedral ou nunha casa romana que se encontra na rúa Doutor Castro, o mesmo. O certo é que non me fixo falta facer un percorrido turístico pola cidade luguesa, nos dezaseis anos que vivín nela acostumeime a non pagar. E non é fóra un tacaño ou aforrador, na miña cidade nunca se cobrou por contemplar e facer uso de obras de arte que incluso teñen a denominación de Patrimonio da Humanidade. Por iso non sei se somos nós uns xenerosos eiquí en Lugo ou a arte doutros lugares vale máis. Como defendo o modelo de Lugo que é capaz de sustentar as súas contas sen cobrar por acceder á súa historia penso que debería exportado a outros lugares do estado e que alí onde é obrigatorio cobrar se prohiba pagar.
Abuín Mallo, CLX4