A publicidade “ó servizo” das grandes causas

A publicidade ás veces non sirve só para captar compradores. Son moitos os organismos, entre eles o Estado, que optan por deseñar spots que capten a atención da sociedade. A súa intención primordial é a chamada á concienciación. Pero… ¿ata que punto este tipo de comunicación axuda a concienciar á xente?
A maior parte deles espectacularizan a mensaxe e acaban creando un anuncio con imaxes, ás veces reais pero outras demasiado dramáticas, que a verdade non sei se axudan moito a reducir o número de accidentes de tráfico ou a loitar contra a pobreza. Todo isto, axudado sempre dunha música sensacionalista que poña os pelos de punta.
¿Ensinar a un neno africano no que o único e inevitable punto de atención sexan as súas marcadas costelas é a forma de concienciar á sociedade? Xa sabemos que existen e que o problema non está solucionado por iso non sei ata que punto é ético empregar a imaxe deses nenos para darnos pena a estes consumistas que temos a sorte de vivir no “primeiro mundo”.
No 2010 realizouse en París unha exposición chamada “La publicité au secours des grandes causes” que recompila 100 pezas publicitarias con temas de dereitos humanos, causas humanitarias, problemas ambientais, sanitarios ou sociais. Útil ou non, é cando menos, impactante.
Aquí deixo tamén unhas campañas que me chamaron a atención. Valorade se para vós é unha comunicación comunitaria efectiva.

Eu sigo pensando que o ton apocalíptico non sempre é a mellor forma para facerlle reflexionar ó mundo.

Díaz Villaverde    S2A, 2A3

Posted on 10 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    realmente o ton apocalíptico non é o máis adecuado para facernos tomar conciencia pero quizais para que nos fixemos nunha campaña que reivindica algo é necesario esta mensaxe. Porque, hai campañas que a xente ve poo seu impacto e pouco a pouco se consegue o que se quería. Aínda que ás veces hai demasiado sensacionalismo

  2. Yanire Díaz Villaverde

    Efectivamente, hai demasiado sensacionalismo. Aínda que teño que admitir que a razón pola que escollín estas dúas campañas foi porque me son as que máis me impactaron así que é difícil saber que pensar.
    Grazas por comentar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: