“ProT: AGARESO.” Rehabilitando soños no cárcere de A Lama.

Martes tras martes vamos debullando un pouco máis este seminario que hoxe chegou cargado de sorpresas e de bos momentos.

Hoxe era un día especial no seminario pois íamos ter a sorte de coñecer de 1ª man o proxecto que está levando a cabo AGARESO no centro penitenciario de A Lama xunto a colaboración da Fundación Barrié de la Maza. Pois é un estudio de radio onde un grupo de reclusos leva a cabo a emisora do cárcere. Natalia Puga que é a xefa do proxecto foi introducindo cómo se comezou e cómo se foi desenvolvendo durante os primeiros anos e que xunto con Sabela e con Montse foron instruíndo ós presos nas diferentes técnicas e tecnoloxías radiofónicas, así como clases de teoría e linguaxe de radio e incluso clases de redacción. Pero a cousa non acaba aquí pois a máis de ter programación propia con multitude de contidos tamén dispoñen dunha revista chamada “A Xanela” con toda a actualidade do centro.

Teresa, a subdirectora de internamento cre que este proxecto servirá para gañar habilidades sociais para o futuro dos reclusos.

Xunto con Diego, Carlos, Celia e máis Xesús fomos descubrindo cómo facer radio os foi atraendo cada vez máis, case coma unha droga, comentaban aínda que tivesen que elaborar eles mesmos todos os contidos da programación e con recursos reducidos. Aprender valores, saber comunicar e facer máis levadeira a condena son os froitos deste proxecto. A xornada rematou coa gravación na facultade do seu programa de tertulia “En otra onda” na que colaborou o público.

Leiro Magdalena

2A4

Posted on 10 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. M.Cruz Negreira Rey

    Cada vez que leo un post do voso grupo non podo deixar de pensar que tivestes unha elección acertadísima coa colaboración con AGARESO. As iniciativas comunicativas que promoven son, coma neste caso da radio penitenciaria, impresionantes. Pero o máis importante é a mensaxe que transmiten: entre tanto pesimismo na profesión, demostran día a día que as alternativas útiles e dignas son posibles. Gracias por compartir os avances e parabéns polo voso traballo outra vez!

    • Gracias ! pois a verdade que si, que nos podemos considerar afortunados de colaborar coa xente de AGARESO que nos está a descubrir que o xornalismo e a labor dos comunicadores pode ir máis alá e servir para axudar á xente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: