É o director dun clásico dono da súa propia película?

Fai pouco lin un artigo de opinión relacionado coa saga Star Wars e como George Lucas destrozou a historia da triloxía orixinal creando outras tres películas a modo de precuela fai relativamente poucos anos. O artigo en cuestión é o seguinte:

http://www.jotdown.es/2012/03/star-wars-ii-20-momentos-en-que-george-lucas-nos-rompio-el-corazon/

Ler isto faime pensar: ten realmente o creador dun clásico do cine dereito a facer con ese clásico o que queira? O autor dese artigo dame a que aposta porque non, e eu, se o que van facer é o que fixo George Lucas con Star Wars, penso que tampouco.

Hai moitas cousas nesa serie de precuelas que fixo o señor Lucas que dan verdadeiro repelús. Algúns dos detalles e dos gazapos (intencionados) que se comentan no artigo xa os apreciara eu con bastante cara de sorpresa no meu recente visionado da saga, e dende logo facer iso que fixo Lucas paréceme unha falta de respecto do director ó seu público.

Unha das cousas que máis me fastidiou foi ver o mestre Yoda camiñar tan paseniño co seu bastón para dous segundos despois, coma quen di, velo saltar coa súa espada láser cal tartaruga ninja. Dende logo paréceme unha mofa cara ós seguidores de Star Wars… E que é eso dos midiclorianos? Pero o que facía especiais ós jedi non era a Forza?

En fin, o que se sinta tan indignado coma min e coma o autor do artigo, por favor que comente algo e que a Forza vos acompañe.

Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1

Posted on 10 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 12 Comentarios.

  1. Las seis peliculas de Star Wars son clásicos del cine, se complementan unas a otras y la historia no sería concebible sin el total de ella. Desde La Amenaza Fantasma hasta el Retorno del Jedi son todas maravillosas. Incluso el universo expandido con la historia de Jaden Korss, Kyle Katarn, Jade, o la muerte de Chewbacca son fundamentales para la historia. Desde la Antigua República hasta la invasión de los Vongs. Star Wars es patrimonio de la humanidad.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Pero non me vas negar que hai cousas que non poden ser. Eu entendo que se fixeran as precuelas, é mais, estou contigo en que todas son necesarias dentro da historia global que se conta, pero ver a Yoda saltando en plan tortuga ninja sobra, o dos micloridianos é unha aberración, que as espadas láser pasen de ser unha arma destinada a uns poucos e que de repente que hasta os nenos teñan unha non é normal, que se pase de que sea a Forza a que fai os jedi a que exista unha escola para iso é perder a esencia da triloxía orixinal… E para máis aberracións remítoche ó artigo. Eu non digo que estea de acordo con todo o que nel se di, pero si con bastantes cousas.
      Xa digo que non estou en contra das precuelas, pero penso que deberían terse feito de forma un pouco máis fiel á historia que xa se contara…

      • A idade de Yoda nas precuelas é moito menor que nas orixinais e non está invadido pola forzo do Lado Oscuro de Dagobah, por iso pode saltar. Os midiclorianos son unha complementación do que é a forza, xa que na triloxía orixinal non se explica. Na triloxía orixinal xa se fala da academia Jedi, e mesmo na Antigua República había escolas de Jedi, que permitían a xente sensible a “forza” entrenarse, pero solo a este que era os elexidos, non a calquera. Como podes ver, todo se complementa, as aberracións son as tolerias que se din nese artigo.

  2. p.d.: aunque se me tache de intolerante, cualquier crítica a toda la saga me parece una infamia, y un insulto al cine.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      É unha opinión respetable. Non vou ser eu quen coarte a liberdade de expresión e de pensamento de ninguén. Eu soamente digo que hai cousas que, na miña opinión (e dado o artigo non son a única) non se sosteñen entre a primeira triloxía e as precuelas. Xa non me meto noutras cousas máis estéticas, digámolo así, que se critican tamén no artigo, pero nas que teñen que ver coa historia orixinal… E o de Yoda saltando por aí adiante a min, persoalmente, deixoume morta…
      Non me odies por criticar un pouco 🙂

  3. Alba Domínguez Piñeiro

    Borja por Dios non me digas que o de Yoda é normal, porque se vas cun bastón e andando a medio km cada dúas horas despois non te podes poñer a saltar.
    No da escola de jedis eu sigo vendo unha lagoa, porque non é normal que haxa tantos nenos en principio medianamente aptos para selo como pasa nas precuelas. Na triloxía orixinal tiña un mínimo de sentido, pero tal e como está enfocada nas precuelas non.
    E con respecto ós midiclorianos eu non lles atopo sentido. A Forza é a Forza, non vexo que necesite estar complementada por esa especie de microbios que máis parece que se fala de glóbulos vermellos.
    O artigo di moitas aberracións, xa dixen que non estou de acordo con todo canto di, pero na miña opinión nalgunhas cousas ten razón.

    • Os midiclorianos no son microbios!! Son ” criaturas microscópicas que se encuentran dentro de todos los seres vivos en simbiosis, y gracias a las cuales se puede entender los designios de La Fuerza y es posible que de la vida. Cuanto más nivel de midiclorianos por célula tiene un ser vivo, más aptitud tiene para usar la Fuerza. Inspirados a partir de la presencia de las mitocondrias en las células animales, las cuales están en continua relación simbiótica, los midiclorianos obtienen su nombre a partir de la combinación de ambos nombres, tanto mitocondria como cloroplasto ,este último presente en las células vegetales, teniendo ambos la función de proveer energía a la célula y que sin ellas, análogamente a los midiclorianos, no existiría la vida.”

      • Alba Domínguez Piñeiro

        Xa sei que non son microbios, era soamente unha maneira de referirme a eles (intentando que quedase un pouco retranqueiro) para non ter que copiar a definición de Wikipedia… O que pasa é que por escrito non se pilla a intención das palabras. E entendíase ben o que quería dicir, pero como tes ganas de discutir… E a min que o da Forza se explique por medio dunhas “criaturas microscópicas” non me parece. Eu entendo que a Forza ten que ser un misterio inexplicable, coma o misterio do principio da vida, que ninguén o cooñece. É algo demasiado poderoso e demasiado desmesurado para que sexa alcanzado polo coñecemento humano. Quítalle todo o encanto que o expliquen con bicheríos diminutos. Sería coma se Harry Potter lle encontrase explicación á existencia da maxia (o que me fai recordar que tiña pensado escribir un post coas similitudes entre as dúas sagas e non o fixen)

  4. Pois na miña opinión eu creo que o director si que pode cambiar a súa propia película. Non creo que as tres últimas películas influan na trioloxía orixinal nin que a estropeen. Pero claro, eu non me considero unha fan de Star Wars.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      A min dame que o director dun clásico débese ós seus seguidores, e como unha mostra de respecto cara a eles non debe modificar a historia orixinal. Paréceme ben que fixera as precuelas, pero debería ser máis fiel á historia orixinal nalgúns aspectos, penso eu.

  5. Óscar Martínez

    Pregunto: si algo está bien, ¿para que tocarlo? Tirando de los topicazos las segundas partes (en este caso la trilogía que defines) nunca fueron buenas. Es cierto una cosa, y es lo que comentas, ver a un personaje con un cambio tan radical. Se puede comparar a ver la degradación de una persona en cuanto a su evolución durante una serie de tiempo. ¿No vale la pena quedarnos con el recuerdo bonito y no con el trágico, o malo?

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Por fin alguén que entende o meu punto de vista!!!! Aleluya!!! Ti se ves a Yoda (un anciano) saltando coma unha tortuga ninja que pensas?
      Se fas unha precuela polo menos faina sendo fiel á historia orixinal. Eu o único que saquei en limpo da triloxía de precuelas é que o actor que fai de Anakin Skywalker antes de convertirse en Darth Vader é moi moi moi guapo 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: