“Hoxe, vide de palomitas co grupo S2D cunha das pelis favoritas de Woody Allen”
Como sabedes esta semana está a ter lugar un ciclo de cine patrocinado polos diferentes grupos de TS que escolleron esta actividade, entre outras, para desenvolver o seu traballo. Nós, o grupo S2D que estamos a elaborar un proxecto sobre a multiculturalidade, como sabedes, seleccionamos o filme O Gran Carnavalque veremos hoxe, martes día 4 de abril ás 18:00h na aula 1. O Gran Carnaval, Ae in the Hole é o seu título orixinal, está datada do ano 1951 tratándose dun drama de 111 minutos. Producida por Billy Wilder e protagonizada por Kirk Douglas. Este é un xornalista ambiocioso, prepotente e aficcionado ao alcohol, o que o leva a ir mudando de cidade de pouco en pouco ata chegar a Albuquerque (Novo México). Nesta vila, comeza a traballar no xornal local grazas a súa persuasión. Nunha ocasión, mentres cubre un evento, entérase do caso de Leo Minosa (Richard Benedict), dono dun restaurante e motel que quedou atrapado nunha excavación mineira. O xornalista decátase de que o acontecemento está a ter unha dimensión nacional e isto pode axudarlle a conquistar novos eidos da profesión. As súas ansias de éxito e triunfo lévano a tramar todo un espectáculo mediático, deturpando a realidade movido pola fama e o diñeiro, chegando a poñer en perigo a vida de Leo Minosa.
Animádevos e vide a vela xa que coñeceremos a diversidade cultural e os quefaceres da profesión de primeira man!
Aquí vos deixamos o tráiler da peli: http://www.youtube.com/watch?v=GLy5vb6nyok
Mosteiro Reboredo, Mª Cristina
S2D, 3 a1
Posted on 10 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Cine, Curso 2011-2012, Diversidade Cultural, TS. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0