“ProT: E rematamos ás visitas ós nenos”

O tempo para realizar o traballo de ProT estase a rematar e o mesmo fan as nosas visitas ós nenos da gardería Snoopy. Este xoves realizaremos a nosa última incrusión no mundo dos pequechos para centrarnos a partir de aí no “traballo de oficina”. En breves comezaremos a darlle forma definitiva á memoria do traballo poñendo en común o que cada unha de nós sacou en limpo dos cativos e da lectura dos libros que realizamos.

Durante todas estas visitas puidemos apreciar de primeira man a evolución dos nenos no eido comunicativo. Vimos como nenos que non eran nada sociables pouco a pouco ían collendo confianza, como rapaces que case non se comunicaban empezaban a facelo, aínda que fose só mediante xestos e balbuceos, e como cambia o carácter dalgúns raparigos tan drasticamente segundo estiveran ou non estiveran con el os seus amigos.

O noso obxectivo con este traballo era aprender a tratar ós nenos nos medios de comunicación e saber como desenvolven a súa alfabetización e as visitas ós nenos, xunto coas charlas con Irene, a directora da gardería, penso que nos fixeron conseguir ese obxectivo. Veremos agora cando o pasemos a papel se realmente nos serviu para conseguir o noso propósito.

Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1

Posted on 10 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Dapía Freitas, S1B, 2A2

    Pois c´est fini! A ver se podemos plasmar todo o aprendido por nós e polos nenos no papel. Foi unha experiencia bonita pola miña parte, sen dúbida repetiría,

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Eu xa sempre dixen que con miña irmá me chegaba… Bromas aparte, eu penso que se o enfocamos ben pode dar un traballo final interesante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: