“ProT: Sacando conclusións”

 Unha vez realizadas as entrevistas, temos nas nosas mans as conclusións que confirman ou refutan as nosas hipóteses iniciais. Agora, é o turno de que nós respostemos ás mesmas preguntas que contestaron os xornalistas despois da convivencia mantida e estes meses de traballo conxunto.

1. Atenden a COPE ós intereses da cidadanía? No ámbito teórico si, Alberto Varela afirmaba que as portas están abertas a todo veciño que queira dar a súa opinión. Con todo, tras estudar os dossiers e ver a súa programación podemos concluír que a nivel práctico os contidos sociais son mínimos.

2.Que diferenza a COPE das outras radios no que atinxe á responsabilidade social? A liña editorial, que coma os propios xornalistas afirmaban, isto levábaos a relacionarse con asociacións afíns á súa ideoloxía

3. Ata que punto marca o xornalista a axenda social? Non existe un protocolo de responsabilidade social concreto que obrigue ós xornalistas a seguir un determinado procedemento,  pero si é verdade que eles teñen interiorizada a liña editorial da emisora e traballan en función desta.

4.Cúbrense en suficiente medida os temas sociais na súa radio? Puidemos observar que por parte dos traballadores non existe unha iniciativa que os mova a cubrir acontecementos de corte social, senón que se limitaban a responder a chamadas de asociacións e veciños.

5.Que axentes sociais son os máis activos e máis colaborativos? Despois deste seguimento, pensamos que os actores que máis presenza teñen na radio son as asociacións de veciños, xa que teñen un espazo fixo na radio os martes ó mediodía e, tras falar con algúns representantes desta asociación, vimos  que están moi satisfeitos coa oportunidade de falar neste tipo de tertulias.

Díaz Villaverde     S2A, 2A3

Posted on 10 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Anxela Pedrouso Areán

    Está claro que cando traballamos para grandes medios como pode ser a COPE temos que adaptarnos ante todo ós seus intereses (aínda que os códigos xornalísticos dicten outras cosas, xa sabemos como é o panorama). Pero aínda así paréceme moi interesante o xeito que teñen estas persoas coas que estades a contactar de “facer seu” o informativo. Quero dicir que o ser eles os que van os lugares dos feitos, actuar como redactores da noticia e logo locutala dalles as súas informacións un valor engadido. Moitas veces, sobre todo na televisión, unha persoa redacta a noticia como a percive, outra elabora as imaxes e outra locútaa; nesa noticia van misturados, aínda que non sexa de todo apreciable, tres puntos de vista pero, no caso destes xornalistas da COPE que realizan eles case todo o traballo a noticia penso que queda máis clara, ou polo menos o seu enfoque.
    E o tema do minutado que vos pareceu? Aseméllase ó que facemos na faculdade? Porque eu cando fixera unha escaleta para un programa de radio en COGAMI co meu ProT tiña un toque distinto a como o facemos nós nas clases.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Si, eu tamén creo que é moi importante esa triple labor que realizan os traballadores para confeccionar unha noticia. Porén, son 3 labores que podían ser levadas a cabo por outras 2 persoas máis, o que lle axudarían bastante a esa taxa tan famosa do 23%.

      Con respecto á túa pregunta Anxela, nada que ver. O minutado é totalmente diferente ós que realizamos na facultade. Seméllase moito máis a unha escaleta de televisión que ó minutado tan exhaustivo e con tantos cadros e números que facíamos en Información Radiofónica. E sinceramente, creo que o que fai a COPE neste caso é moitísimo máis claro e eficiente á hora de que os locutores poidan levar e cumprir ben o tempo do informativo. Se queres, podo ensinarcho!
      Grazas por comentar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: