Social nets killed the local star!!!

Falouse, fálase e falarase moito, neste blog e noutros blogs, en webs, xornais, revistas, faladoiros, conferencias e quen sabe en cantos outros lugares, contextos e circunstancias das virtudes e defectos das redes sociais internáuticas, é dicir, de Facebook, Tuenti, Twitter e demais fauna virtual. E, despois desta longa e complexa frase introductoria, engadirei unha apreciación máis a este debate entre amantes e detractores das ‘social networks’, sen falar nin das susoditas virtudes nin dos susoditos defectos, senón de algo máis sinxelo, evidente e menos polémico: os seus efectos.

Pero, e aquí está a cuestión primordial, é necesario saber diferenciar de entre todos eses efectos o quis, o quid, o quomodo, o cur, o quando e, especialmente, o ubi, no noso caso referido sempre a un espazo local, non global. Do quibus auxiliis xa falaremos máis adiante. Pero comecemos polo principio.

O efecto coñecido como quid é, neste caso, o fluxo de información, que pasa de ser algo unívoco e unidireccional a convertirse nun totum revolutum (e dálle cos latinismos…) no que todo o mundo quere, pode e necesita ter a voz cantante.

O caso do quis é se cadra un dos máis relevantes, xa que, tal e como avanzabamos no titular, remata coas ‘local stars’ e profetiza o dominio das ‘social stars’. Neste novo mundo informatizado xa non é o alcalde o que ten todo o poder sobre o que se publica, xa non é o xornalista de delegación o que decide a axenda do público. Agora case todo está na rede, e cada un pode informarse segundo lle pete, buscando ós mellores e máis fiables (ou non) informadores ou creadores de opinión, as susoditas ‘social stars’.

E aquí é cando chega un dos principais hándicaps deste novo dominio da rede: o quando. Se ben é certo que as novas xeracións están moi influídas por esta nova orde da comunicación, tamén é certo que as xeracións máis vellas (e incluso as que non o son tanto) non están actualizadas como “deberían”, especialmente en moitas zonas rurais, da mal chamada ‘Galicia profunda’ (voltamos outra vez ó ubi).

Dúas cuestións secundarias pero non por iso banais, son as referentes ó quomodo e ó cur. Da primeira diremos que paseniñamente polo de agora, sempre de abaixo cara arriba, e da segunda que por pura necesidade de expresión.

Xa por último queda unha cuestión importantísima, que non debemos obviar en ningún momento, e que é a maior causante de debates sobre o tema das ‘networks’: o quibus auxiliis, é dicir, os instrumentos utilizados para construir a información. O xornalista adoita usar os coñecementos previos, a documentación e, como todos saberedes, as tan necesarias fontes. Pero son eses os materiais que utiliza a ‘social star’ para elaborar os seus textos? Agardo os vosos comentarios para poder averiguar algo máis sobre o tema…

Baruk Domínguez Grandío CLX4

Posted on 10 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Seguro que se tódolos xornalistas locais usasen as Social Network terían un unfollow do alcalde. Unha pena e unha desgraza para todo profesional internauta.
    Cómo nos gusta presumir de bacharel de letras. SPQR (Sonno Pazzi Questi Romani)

  2. Jajajajaja!!! Moi boa señor Obélix!!! Nada, o dos latinismos foi unicamente por non utilizar as tan trilladas ‘dábalius’ (‘W’s’) ‘estadounidanglosaxonenses’ (Bufff!!! Respiro!!!). É o que tén escribir estas palabras tan raras e tan estúpidas…
    En fin, falando xa en serio, si que é certo o que comentas, xa que se o alcalde ou empresario soubese o que escribe a xente en Internet, de seguro que algo argallaría para restrinxir a súa difusión (unha das razóns de ser, precisamente, dos buscadores, que te sitúan máis arriba canto máis poder teñas, económico a poder ser). É verdadeiramente unha pena que nos restrinxan a pouca liberdade que temos, e Internet non se librará diso, xa se verá co tempo…
    Unha aperta e graciñas por comentar!!!
    Baruk

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: