Simboloxía e comunicación na Semana Santa

Nestes días vimos de celebrar unhas das datas máis sinaladas para o mundo cristián: a Semana Santa. Alén de consideracións relixiosas, a gran penetración que esta festividade ten na sociedade reflíctese a través de numerosas manifestacións máis ou menos espontáneas de fe –ou tradición-, como son as procesións.

Como todo grupo social, a comunidade cristiá ten desenvolvido unha rica simboloxía para transmitir diversas mensaxes, polo que este tipo de ritos non só se poden considerar como unha cuestión relixiosa cun valor cultural, senón que o seu estudo resulta moi interesante dende o punto de vista da comunicación , e, por extensión, da materia. Así, nada é froito do azar, e cada un dos elementos que forman, por exemplo, unha procesión, ten un sentido por si mesmo, e foi incluído para transmitir unha determinada mensaxe -as diferentes vestimentas do sacerdote para indicar a época litúrxica na que nos atopamos son un bo exemplo-. De feito, as propias procesións son mensaxes en si mesmas, pois eran unha forma de recordarlle dun xeito didáctico á comunidade uns acontecementos ocorridos hai dous mil anos -e a miles de quilómetros-.

Ese didactismo, que acadaría a súa maior expresión coa arte barroca, froito da Contrarreforma, foi fundamental hai séculos, posto que os fieis non sabían ler nin escribir, e, polo tanto, ese era o xeito de achegarlles as Sagradas Escrituras. Co paso do tempo, este problema xa non existe, pero cada Semana Santa as rúas énchense de xente para ver as tradicionais procesións. Sexamos conscientes ou non, estas nos comunican algo, ou, cando menos, naceron con esa intención…

Para saber máis sobre o tema, este enlace resulta moi interesante.

http://www.aciprensa.com/Semanasanta/etimologia.htm

Fernández Lema, S2B

2A3

Posted on 11 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Es una forma de comunicación muy visual y enormemente expresiva, podemos ir a una procesión no tener ni idea de qué va el evento y percibir perfectamente la angustia y el desconsuelo que quieren dar a entender, posiblemente se deba a las características tallas o a los vehementes comentarios de la gente, sobre todo en el sur; pero sin duda es un espectáculo interesantísimo seas o no creyente.

  2. Efectivamente, como señalaba en mi post, es un acto religioso que supone una forma de comunicación en si misma, tanto por lo mucho que transmiten algunas imágenes espectaculares, como por todo lo que a éstas rodea: el silencio en el caso del Norte y los apasionados cánticos en el caso del Sur,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: