A ¿palabrería? de Reig Pla

Como saberedes o bispo Reig Pla, predicou unha misa de venres santo un tanto particular. Reig no seu sermón dedicou unhas palabras ao colectivo homosexual afirmando: “Aquellas personas que hoy llevados por tantas ideologías, acaban por no orientar bien lo que es la sexualidad humana…se corrompen y se prostituyen o van a clubes de hombres nocturnos. Os aseguro que encuentran el infierno“.

Estas palabras deron lugar a un gran debate social, debería a RTVE seguir retransmitindo actos relixiosos? O colectivo Colegas ( Confederación Española de Asociacións de Lesbians, Gays, Bisexuales e Transexuales) esixiron respecto e pediron que a canle retirara o vídeo. Ante isto a dirección do medio reunirase hoxe, mércores 12, para redactar unha queixa ante a Conferencia Episcopal polas palabras do bispo que atentan “contra la Constitución y contra la función de servicio público de RTVE”.

Deberían os actos relixiosos, neste caso os pertencentes á relixión católica, deixar de ser retransmitidos polas canles públicas? As palabras do bispo deberían provocar a supresión da misa dos domingos de La 2?

Eu vexo totalmente inadmisibles as palabras deste home, penso que estes insultos obedecen a unha opinión persoal e non ao pensamento dos fieis, ou polo menos, de todos. De tódalas formas a canle debe mostrar de forma pública o desacordo destas declaración que atentan contra a dignidade e a integridade das persoas. Que decides?

Neste enlace podedes escoitar as palabras de Reig Pla: http://bit.ly/HUIzUH

Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

S2D, 3 a1

Posted on 11 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Eu penso que se a RTVE se trata precisamente dunha organización pública que pretende chegar a tódolos cidadáns e satisfacer informativamente a todos os españois de forma obxectiva, non vexo correcto que se retransmitan actos relixiosos como tales, é dicir, que se lle ofreza unha cobertura. Con isto non quero dicir que os actos católicos (como os musulmáns ou calquera outra) non se deban de retransmitir públicamente, senón que deben facelo nun medio especializado para iso, como xa existen agora mesmo. Deberíase de ter en conta a cada vez maior diversidade étnico-cultural da sociedade do noso país e avanzar un paso adiante na multiculturalidade. Pero a financiación de RTVE é o goberno, e xa se sabe quen marca os contidos.

    • Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

      grazas polo teu comentario, sí é ben certo que a financiación da cadea ven de quen ven. pero de tódalas formas o ideal sería que a cadea decidira por cubrir todas as ceremonios relixiosas ou manterse á marxe das mesmas. con todo, as declaracións deste bispo non debe eclipsar a actitude correcta doutros membros da Igrexa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: