Comunidades pouco comunitarias

Cada día crúzome no meu edificio con diversas persoas, algunhas xa cotiás e outras que parece que é a primeira vez que vexo. O único que comparto con eles é un saúdo protocolario. Fáiseme raro, porque no meu domicilio familiar as cousas son ben distintas. ¡Cantos días fun eu xogar cos meus veciños darriba! Non sei, pero as chamadas comunidades de veciños ás veces son moi pouco comunitarias. E a verdade, non sei que modelo é o mellor. ¿Vas crear vínculos cunha persoa que vive a dous metros de ti só porque vive a dous metros de ti? ¿Vas pasar vinte anos tratando ás persoas que viven a dous metros de ti coma uns descoñecidos? Supoño que isto dependerá do carácter de cada un, do tempo que leves residindo nun lugar, da idade que teñas, do tipo de núcleo no que vivas… Sempre se di iso de que nas cidades a xente vai máis por libre e nos sitios pequenos se establecen lazos veciñais moito máis fortes (o das aldeas xa é cousa á parte). Eu son dun lugar pequeno, e aínda que agora viva nunha “cidade”, ségueme tirando ese ambiente de “barrio”, o de ver á mesma xente todos os días. Pero claro, hai veces nas que igual é forzar relacións e é mellor mirar cada un polo seu…

¿Que modelo vos convence máis? ¿Debemos mirar ós veciños como uns estraños ou coma uns compañeiros?

Falando de veciños, aquí vos deixo unha das mellores escenas dunha das mellores series de humor española dos últimos anos: Aquí no hay quién viva. Non veñen mal unas poucas risas agora que empeza a recta final.

 

Liñares García, GBCP

Posted on 11 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    Eu penso que a relación entre veciños si que é moi diferente. Eu aposto polos veciños que forman xa parte dun porque eu cando vou a Cospeito, non me imaxino pasar por diante da casa da miña veciña e que non me saúde. Ás veces tamén e falta de educación, porque non digo que sexa necesaria unha amizade entre ámbolos dous pero un saúdo…

  2. hortensia gesteira estévez

    O que máis odio eu das cidades, e xa o teño comentado, é que a xente a penas se saúde. A min tenme pasado de atoparme varias veces cunha mesma persoa e mirarnos como dicindo “coñecémonos?” e seguir para diante sen dicir nada. Eu creo que nestas situacións ben se podería dar un “ola” polo menos. Por outro lado, as aldeas tamén son demasiado sociables por decilo dalgún xeito. Tampouco me gusta que faga algo e se entere todo o mundo. Polo tanto, habería que estar neste punto medio en canto ás relacións entre veciños.

  3. Olalla Liñares

    Como dixen, eu tampouco estou dacordo con forzar unha amizade simplemente por ser veciños. Pero tamén é raro tratar a unha persoa coa que vives parede con parede coma a un estraño.Por outra parte, agora que Tensy saca o tema, faime moita gracia iso de ir pola rúa e decidir se vas saudar a unha persoa ou non, se polo feito de coñecela de vista vas saudala pola calle. Non sei, é un feito curioso, parece qeu creemos na nosa cabeza unha lista de condicións polas que saudar a unha persoa ou non. Moi complicados che somos…¡co fácil qeu é dicir “ola”!

  4. Eu vivo nun bloque de 20 pisos e cos veciños sempre compartín máis ca un ola ou adeus. Estamos bastante unidos e incluso teño ido de vacacións cos meus veciños de enfronte, que son parte da miña familia.
    Eu creo que o que cambia máis ben é que vives nunha comunidade de estudantes, que cada ano cambia e por iso ninguén se esforza en manter unha gran relación co resto.

  5. Olalla Liñares

    Certo, moi certo. Nas comunidades de estudantes o que soe pasar é que os estudantes fan “piña” entre eles e o resto do edificio venos como “os festeiros que só fan ruído”. Estamos un pouco apestados, a verdade (e moitas veces con razón).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: