Economía ou sexismo?

“O home ten 5 litros de sangue no seu corpo”. E as mulleres que teñen? Máis? Menos? Hai quen dirá que a palabra “home” refírese a ambos sexos pero por economía lingüística non se di “os homes e as mulleres”. Para min, este é un claro caso de linguaxe sexista…

Ti imaxina que vas conducindo. De súpeto atopas un accidente de tráfico. Hai dous mortos: unha muller e un neno. Tamén hai tres feridos: un home e dúas nenas. Evidentemente, terás que chamar unha ambulancia. Como describirías esta situación á persoa que colla o teléfono? Se o explicas como o acabo de facer eu, que Deus os colla confesados porque seguro que non sobrevive ninguén. Entón, dicir dous mortos e tres feridos si que se podería chamar “economía lingüística” porque, neste caso, non aporta nada dicir o home, a muller, o neno e as nenas.

Sen embargo, dicir as limpadoras, os cidadáns, os políticos, os alumnos e un longo etcétera de palabras non é “economía lingüística”. Iso é empregar linguaxe sexista, son palabras que implican algún prexuízo cultural de xénero. Para evitalo existen substantivos xenéricos como o persoal de limpeza, a cidadanía, a clase política ou o alumnado.

A linguaxe non sexista evita expresións desacordes coa igualdade sexual pero, sobre todo, evita ambigüidades na comunicación. Iso da economía lingüística é unha moda, estaremos en crise pero (por sorte ou por desgraza) aínda non nos recortaron as palabras.

Pérez Capelo, S2E, 3B2

Posted on 11 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    Eu penso que tes esa concepción da palabra home por como é a sociedade, é dicir, se a nosa sociedade non fose “machista” (non sei moi ben como explicalo porque tampouco é esta apalabra axeitada)non terías esa idea non cres? En canto a economía lingüística estou contigo. Moitas veces por mor dela hai malentendidos que poderían evitarse.

    • María Pérez Capelo

      Non estou de acordo, a sociedade peca de machista en moitos casos pero, en moitos outros, de todo o contrario (por exemplo, recoñecendo só como “violencia de xénero” o maltrato á unha muller por parte da súa parella, e non ao revés). Deixémolo en que creo que é sexista e en casos coma a linguaxe isto maniféstase demasiado a miúdo creando as ambigüidades que ti tampouco aceptas.
      Graciñas polo teu comentario 🙂

  2. hortensia gesteira estévez

    Creo que hai máis sexismo noutras actividades que a linguaxe.

    • María Pérez Capelo

      Seino, pero a linguaxe é unha das poucas que podemos controlar. Ademais, moitas desas actividades sexistas (coma a publicidade, por poñer o primeiro exemplo que se me ocorreu) non serán recordadas, mentres que a lingua será herdada por xeracións e xeracións e xeracións…

  3. A linguaxe si que é sexista en moitos casos, pero eu creo que todo está dentro do noso hábito e forma de expresarnos. Eu cando digo “os alumnos”, penso en varóns e mulleres. Polo tanto non engloba ningún sexismo ou prexuizo contra o xénero feminino. Coma este exemplo, moitos mais. Tampouco me gustan os discurso cargados de referencias a ambos sexos. Parecenme pesados e totalmente artificias. Insisto, na maioria dos casos todo se trata de economía lingüística e forma de expresarse, creo que non hai un sexismo intencionado.

    • María Pérez Capelo

      Supoño que non me expliquei ben no post…
      É certo que cargar de referencias a ambos sexos violenta a fluidez e comprensión do discurso, por iso propoño substantivos que engloban ambos xéneros sen darlle “preferencia” a ningún deles. Como ben dis, non existe un sexismo INTENCIONADO por parte do falante (nalgúns casos), pero aínda así, existe sexismo na linguaxe. Non será por parte do falante, pero manifesta os prexuízos que están tan anclados na nosa sociedade.

  4. Óscar Martínez

    Completamente de acuerdo. El lenguaje no es sexista, sino lo siguiente. Es cierto que a veces por economía linguistica empleamos términos en la forma masculina, pero cuando estos términos adquieren un carácter descalificativo la cosa cambia. ¿Usamos la chacha como economía lingüistica o como forma despectiva? Creo que de la segunda opción.

    • María Pérez Capelo

      Totalmente de acordo. O mesmo ocorre cando dicimos “a esposa de…” sen ter en conta a personalidade da muller. Como apuntaban en comentarios anteriores, o falante quizais non o faga con pretensións discriminatorias pero se está tan estendida esa forma de comunicación por algo será…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: