O negocio local afectado pola crise
A pesar de que a crise leva 4 anos instalada no noso país, en Santiago de Compostela aínda non se tiña notado moito. O turismo é para Santiago o motor básico da súa economía pero nesta Semana Santa e a pesar de que numerosos visitantes chegaron á cidade, animados polo tempo inestable que reinaba no resto do país, a ocupación mantívose en cifras que roldan o 60%. Esta porcentaxe comparada coa do ano pasado, no que Santiago rexistrou un índice por encima do 70%, supón un revés para a principal fonte de ingresos da cidade, afectando así a negocios locais.
Nos últimos meses o peche de comercios no Ensanche compostelán golpeou con forza no inicio do ano. Establecementos tradicionais e de longa traxectoria, como Álvarez e outros máis modernos como Pórtico ou Andrómenas pecharon ou están a punto de facelo. E non só é que pechen, se non que tamén hai que sumarlle os despedimentos dos traballadores.
Se este panorama continúa así, as estruturas económicas, demográficas e sociais de Santiago cambiarán drasticamente nos vindeiros anos. Compostela non será a cidade que hoxe coñecemos e á que estamos acostumados.
Rodríguez Martínez, Raquel CL4X
Posted on 11 Abril, 2012, in Documentos and tagged Comunicación Local, Crise, Curso 2011-2012, peche, Santiago de Compostela, Semana Santa, turismo. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Está claroq ue a crise afecta tamén a Santiago. Se non hai diñeiro non se pode mercar e entón as tendas pechan acabando así co comercio. O peche dos establecementos está tamén cambiando as dinámicas de compra´, dándolle así un pulo a rede. E o peor de todo e que con isto tamén tornan as relacións entre o comerciante e o consumidor aumentando paseniño a desconfianza.