Daily Archives: 12 Abril, 2012

ENTREVISTA A SANTIAGO MONTES, SSECRETARIO XERAL DO SINDICATO DE XORNALISTAS DE GALICIA: “O xornalismo é unha estructura que se contrae”

Este martes, 10 de abril, fieis á cita concertada, entrevistamos ao Secretario Xeral do Sindicato de Xornalistas de Galicia. O propósito da entrevista foi pescudar a perspectiva da institución sobre a problemática do paro xuvenil. Asimesmo, tamén nos interesamos nos seus proxectos e posibles solucións a un mal que mensualmente padecen moreas de xornalistas noveles. Velaí tedes o eixo máis relevante da conversa.

 Boa tarde, Santiago.

–  ¿Como percibe o Sindicato a situación laboral dos xornalistas recén licenciados? Agora mesmo o paro ronda o 24% e nós, no noso sector, probablemente, estemos 3 puntos por riba.  O 30% dos xornalistas recén titulados entran a formar parte dun sistema precarizado a través de prácticas en empresas. Alí atópanse que non adquiren o procedemento axeitado e a experiencia necesaria. Penso que neste sentido, os recén licenciados andan un pouco perdidos e se meten nun panorama económico e laboral de moitísima incertidume.

–                    ¿Cales son as principais razóns do alto paro xuvenil?  Sempre houbo un alto paro xuvenil porque sempre foi difícil acceder á profesión. O actual desemprego xoven está en concordancia co alto paro en xeral. Non hai excesivas distincións no noso sector, salvo os xornalistas de oposición. É complicado abrir novas canles para meter en plantilla a un novo traballador, teña experiencia ou non. Mentres a tendencia dos medios sexa recurtar as súas relacións, isto vai seguir así.

–                    ¿Que debe facer un licenciado para atopar un emprego? Ten que saber se está preparado a nivel formativo, meditar o seu obxectivo e intentar dirixir todos os seus esforzos cara unha fronte moi concreta. Hoxe en día, os currículums poden ter certo peso para algunhas empresas pero outras prefiren a dispoñibilidade, as aptitudes que un poida demostrar e o que se esté disposto a asumir en canto a salarios. É importante especializarse, aínda que os xornalistas debemos posuír cultura e actualidade xeral.

–                    ¿Existen alternativas para os mozos titulados sen traballo? Hai xente que intenta sacar adiante os seus propios proxectos. É unha alternativa para demostrar que eres creativo, que tes capacidade de traballo e que posúes o procedemento xornalístico ben interiorizado. Todo isto pódese demostrar sacando pequenos proxectos editoriais ou por Internet. Aínda que non é unha posibilidade de traballo con futuro, sí é unha vía de aprendizaxe persoal.

–                    ¿En que condicións laborais traballan os xornalistas mozos? Non vexo distincións entre os novos xornalistas e os que xa estaban. Agora mesmo, todos estamos sendo tratados como a man de obra máis barata posible. A xente recén titulada que entra nunha empresa faino con moitas desvantaxes. O tratamento persoal vai ser bastante irrespetuoso, como unha ferramenta de usar e tirar porque detrás veñen máis. Hoxe en día, no gremio prima o contrato indefinido porque non se establece a súa duración.

–                    ¿Cal é o futuro laboral máis inmediato?  Unha saída apta para licenciados en xornalismo é o posto de Community manager. Os gabinetes de comunicación de empresas tamén son unha peza moi importante do entramado comunicativo. Aínda así, confío nun futuro harmónico entre a prensa escrita e a dixital. Ten que haber produtos diferentes que aporten cousas distintas. O problema que ten a prensa escrita é que non está achegando nada que non aporte a prensa dixital, e non ó contrario. Ata que non se defina a situación, o futuro é incerto.

–                    ¿Como valoras o tratamento do paro xuvenil na prensa? Non se está tendo conciencia da desesperación na mente xuvenil. É imposible abstraerse. Hai que ser realista e reflexionar sobre o que un quere facer para darse conta de cal é o posto na engranaxe do sector da comunicación. Somos unhas pezas moi pequenas que se nos pode intercambiar e apenas contamos. 

–                    ¿Que obxectivos e solucións se marca o Sindicato en materia de paro xuvenil? Estamos traballando nunha proposta que facerlle á Xunta para conseguir a contratación de xente con experiencia para que exista un equilibrio xeneracional nas redaccións. Por outra banda, i Sindicato quere regular as prácticas establecendo un tratado para evitar a vulneración da redacción a nivel laboral. Para solventar o paro xuvenil fan falla empresas dirixidas á rendabilidade e competitividade, que non se basen nas axudas públicas, senón en produtos de calidade e que teñan claro que a súa forza son os seus traballadores.  O incentivo á contratación pode solucionar algo.

–                    ¿Que recomendación lle das aos futuros xornalistas titulados? A primeira: Que se afilien a un sindicato para ter moi clara a súa conciencia de traballador de clase. A segunda: utilizar todas as ferramentas -formativas de especialización, axudas á contratación, boletíns oficiais- que proporcione a sociedade porque van marcar o seu devir profesional e, sobre todo, ter moi claro o que se quere na vida.

TS S3E

ENTREVISTA A MARTÍN G. PIÑEIRO, COORDINADOR DO LV: “Non é tanto o currículum como as ganas de traballar”

O pasado xoves 29 de marzo, día da folga xeral, entrevistamos a Martín García Piñeiro, actual coordinador do xornal gratuito “De luns a venres”. Pensamos na súa figura de xornalista como un acercamento á realidade profesional que se vive no gremio, a súa perspectiva do mercado laboral e, sobre todo, no tratamento na prensa do paro xuvenil e as condicións laborais dos recén egresados. Velaí vai o eixo primordial da conversa.

Boa tarde, Martín.

Como xornalista profesional e actual coordinador do xornal “LV”, ¿Como valoras a situación actual do xornalismo? É unha profesión que está moi mal pagada e na que se traballan máis horas das estipuladas. A situación está difícil. Eu creo que as cifras actuais de desemprego son un dos grandes problemas de España, pero tamén é certo que hai máis obsesión nos que o sufren que nos que o teñen que atallar. Este ano, en concreto, está sendo peor que os anteriores e o problema principal segue a ser o paro.

¿Cal é o salario mensual dun xornalista? Hoxe en día, cunha xornada laboral de entre 10 e 12 horas, un recén licenciado cobra entre os 1.000€ e os 1.100€ netos ao mes. Os coordinadores, os filólogos e os redactores que se encargan do tema técnico, das fotografías ou do departamento de publicidade teñen un plus e cobran máis. Como é lóxico, o salario aumenta co paso de moitos anos.

 – ¿Que tratamento mediático recibe o tema do desemprego nos mozos recén titulados? Non vexo nos medios unha aposta clara por desmembrar as condicións imperantes do paro xuvenil. O periodismo economizouse moito. Ao principio da crise, os medios bombardeaban á xente cada día con novas de economía. Actualmente, a abordaxe xornalística do problema baséase nas cifras e algunha reportaxe humana. Como a tendencia económica saturou a axenda temática dos medios e aos propios lectores, os temas de economía sesuda xa non adoitan estar en portada. É un tema que, seguramente, non está sendo tratado como debera.

– ¿Que pasos debe dar un xornalista para ter unha entrevista de traballo nun medio de comunicación? O acceso ao mercado laboral é moi circunstancial e non se pode establecer un baremo. Hai posibilidades de entrar, ben sexa a través dun conocido ou con prácticas. Os currículums seguen sendo o pase fundamental para acceder a unha entrevista. Pódese mandar por correo electrónico ou levalo en persoa que sempre está mellor. No noso caso, o director fíase moito da sensación que lle transmite o entrevistado antes de contratalo.

– ¿Que factores determinan o contrato dun xornalista? Toda unha conxunción de cousas. Hoxe, cando se contrata a alguén, búscase a máxima estabilidade temporal posible. Cando se fai a entrevista personal, a sensación que transmite o entrevistado é fundamental. Hai que ler os medios, non ter medo a preguntar e, nalgúns casos, convén dominar o idioma galego para saber redactar. Ás veces, non é tanto o currículum como as ganas que teñas de traballar e de aprender cousas. A iniciativa e a predisposición persoal son moi importantes. Normalmente, a sensación que deixa a xente ao facer as prácticas vai marcar o seu futuro.

–  No caso de estar desempregado, ¿Como farías para buscar emprego? Antes, a tendencia era montar unha empresa de comunicación ou unha productora. Hai dúas opcións: ou formo parte desa tendencia ou chamo a todas as portas dentro e fóra do xornalismo. Empezaría polos gabinetes de empresas e polos medios. No caso de non recibir resposta, embarcaríame nun proxecto autónomo. Para buscar traballo, convén elaborar unha estratexia seria e pensar ata onde podemos chegar: cal é a nosa rama laboral e o noso límite xeográfico.

 

– ¿Que sectores cres que teñen maior saída laboral? Nesta crise de venta de prensa, quen está sobrevivindo bastante ben a nivel publicitario e de ventas son: as revistas especializadas debido ao seu target bastante definido, as redes profesionais, os blogs e as páxinas web especializadas, que apenas notan a crise.  Aínda que haxa que saber de todo, hoxe en día, eu creo que a especialización é a base da permanencia no mercado laboral. O xornalismo electrónico é o presente e futuro da profesión.

– ¿Cres que as medidas de fomento de emprego van restrinxir o paro nos xoves? Iso son parches. As reformas teñen que ser máis profundas. Temos que mudar os hábitos para ser competitivos nos tempos que corren. Por poñer un exemplo: non creo que a reforma laboral solucione nada a curto prazo pero considero que hai que ir nesa tendencia. Hai que mudar o engranaxe aínda que o fagamos pensando a longo prazo.

– ¿Que solución propós ao desemprego xuvenil? Ignoro cal é a solución. O exemplo máis recurrente para falar de solucións é Alemaña. Haberá que remitirse a ela. Nos últimos anos, xestionouse mal o sector primario e secundario español e temos moi pouca produtividade. Hai que producir cousas para vender e ser un país rico. Quen depende do turismo non é un país rico.

TS S3E

LUÍS MENÉNDEZ, PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO: “Ti podes ver datos de paro nun momento nun xornal que son completamente diferentes noutro”

Luís Menéndez, Presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela, concedeunos unha entrevista na que fixo un repaso xeral ao tratamento que fan do paro xuvenil os medios de comunicación no mundo do xornalismo e da situación laboral que atravesan o xornalistas o pasado 28 de Marzo, o día previo a folga xeral contra as reformas laborais do actual goberno. Acercounos á realidade pero tamén nos transmitiu a súa perspectiva positiva.

-Cal cree que é a situación dos mozos licenciados en xornalismo? En xeral, penso que non tratan como correspondería situación laboral dos xornalistas. Basicamente aprovéitanse de axudas oficiais de subvencións ás contratacións de bolseiros. O problema agora non é entrar no mundo laboral senón consolidar os postos de traballo. As empresas deberían facer máis convenios e acordos para conseguir máis postos de traballo para xornalistas, insistindo, en que teñen que ser titulados.

-Cales son as causas do paro entre os xornalistas? Por suposto o intrusismo laboral. Ese é o leit motif dunha asociación como a que presido e o causus belli de que outras asociacións admitan a xente que non é titulada. Ademais antes o xornalista era un tipo admirado e hoxe degradouse tanto a imaxe do xornalismo polo consumo, polo diñeiro, pola telebasura, pola falta de credibilidade, pola explosión de medios que aumentou a cantidade non a calidade. Agora insisto o xornalismo é a mellor profesión pero hai que sentila.

­Respecto ás noticias que sacan os medios, como creen que tratan a situación do paro xuvenil? Eu creo que si que hai unha certa atención preferente, sobre todo hai unha certa sensibilidade de que xa empeza de novo a haber unha emigración máis cualificada. No caso actual, en Galicia concretamente, ou en España en xeral, e magoa é que formemos profesionais e que gastemos os recursos públicos e privados na formación como nunca se gastou, para que logo teñan que marchar e penso que agora mesmo xa se está focalizando un pouco máis dende ese punto de vista.

A maior parte das noticias sobre o paro xuvenil aportan datos estatísticos dentro dun contexto político. É o paro só unha arma arroxadiza entre políticos? Por suposto. Hoxe hai que ser un lector, telespectador ou un radio oínte lo mais escéptico posible. Sabemos que todas as informacións son interesadas en moitísimas ocasións. Igual non son mentira igual son verdades parciais. Ti podes ver datos de paro nun momento nun xornal que son completamente diferentes noutro. Eu non me fiaría tanto dos datos e en xeral das informacións.

Entón, cree que o tratamento que dan ao paro os medios de información confunde aos mozos? Non, eu non creo cos confunda. Eu creo que estes mozos son a xeración máis preparada e a máis intelixente e a máis lista incluso. O que sucede e que teñen tal grao de frustración porque non teñen o horizonte claro e hai unha presión sobre eles durísima.

-Como colaboran vostedes a fomentar o emprego entre os xornalistas? Dende a asociación estamos facendo moitas cousas. A nivel da FAPE temos un banco de traballo onde se poden encontrar todas as ofertas de traballo que hai por España e as veces polo estranxeiro. Con a Asociación de Prensa de Madrid colaboramos moito cando foron as peticións publicas contra as rodas de prensa sen preguntas. Ademais, presentei en Belgrado na Federación Europea unha moción contra iso que nos aprobaron por unanimidade. Este ano vou levar a Bérgamo a consideración de gratis non traballo porque estamos vendo que incluso hai empresas que están utilizando xornalistas sen pagarlles, o colmo da escravitude. Hai un obradoiro para xornalistas emprendedores é importante que se constituían grupos de traballo.

-Cal é o soldo base dun xornalista? O salario bruto, por arriba excepto os que son xefes e teñen plus, non subirá dos 2000€ e por abaixo, pódense hasta 300 ou 500 o incluso me falaron de unha rapaza en Boiro que non cobraba. Hai unha diferenza moi grande. O xornalismo veu a menos e nótase tamén niso claro.

-Cree que as reformas laborais que se plantexaron van diminuír o paro xuvenil? Eu creo que non, que van volver os contratos lixo. Pero claro se ti lle preguntas a un mozo que prefire estar no paro ou ter un contrato lixo e como si lle preguntas que prefire ser fusilado ou aforcado.

-Como cree que tratarán os medios a folga de mañá? Un medio dirá que mais da metade da profesión apoiou a folga e outro que máis da metade non apoiou a folga. Por outro lado, os sindicatos darán unha versión, os partidos outra e os empresarios outra.

-Para terminar, como ve o futuro para os mozos? Marabilloso, fabuloso, extraordinario si son persistentes, senón son derrotistas, senón se renden á primeira de cambio. É unha profesión moi difícil, hai que estar en constante mellora, na que se aprende todos os días. Fascinante se queres ti ser fascinante.

TS S3E

Ou gañas ou morres…

Baseada na serie de novelas de George Martin, Canción de hielo y fuego e tomando como título o primeiro tomo desta saga, Juego de tronos foi a serie revelación da pasada temporada en televisión. Producida pola prestixiosa cadea estadounidense HBO, levou á pequena pantalla a interesantísima trama de fantasía medieval da obra de Martin. Despois do seu indiscutíbel éxito en todo o mundo, son inevitábeis xa as comparacións coa famosa produción do mesmo xénero El Señor de los Anillos. Con semellanzas e diferenzas, Juego de tronos conta ademais con ese suspense que lle permite dar o formato de serie por capítulos, enganchando cada vez a máis espectadores intrigados pola retorcida trama da obra, que mestura os intereses das distintas familias protagonistas coa guerra e o sobrenatural.

Canal + prepara por todo o alto o estreo da segunda temporada, tras o gran éxito da primeira, e será o día 23 de abril, data que moitos dos aducidos por este fenómeno levan agardando dende fai meses. Aínda así, a segunda temporada de Juego de tronos xa está sendo emitida en outros países dende comezos deste mes, polo que a meirande parte dos fieis xa a están vendo aínda que sexa noutro idioma.

O boom de Juego de tronos relanzou con el as ventas da saga orixinal en papel e xa se fala de si tamén será levada ao cine, i é que na actualidade o fenómeno das series da pequena pantalla está superando antigos límites que representaron míticas producións como Friends, Cheers ou nas nosas televisións Médico de familia, entre outras.

Ferro Falcón, S2A, 2A3

El informe Pelicano, al descubierto hoy en la facultad a las 18.00 hrs

El grupo TS S1A formado por Ivan Aguiar, Karla Barca, Rubén Comesaña, Saúl Campos y Sandra Couso participarán en la actividad de cine desarrollada a lo largo de estas semanas en la Facultad de Ciencias de la Comunicación proyectando la película “El informe Pelícano” a las 18.00 horas.

Os invitamos a acompañarnos en el visionado de esta película en la que una estudiante de derecho y un periodista investigan los asesinatos de los jueces del Tribunal Supremo.  Este film de intriga del director Alan J. Pakula dura solamente 141 minutos que esperamos compartir con vosotros.

Os dejamos un aperitivo de lo que veremos esta tarde en la facultad:

¿Queréis saber como se resuelve el caso? Esta tarde a las 18.00 horas.

TS S1A