LUÍS MENÉNDEZ, PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO: “Ti podes ver datos de paro nun momento nun xornal que son completamente diferentes noutro”

Luís Menéndez, Presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela, concedeunos unha entrevista na que fixo un repaso xeral ao tratamento que fan do paro xuvenil os medios de comunicación no mundo do xornalismo e da situación laboral que atravesan o xornalistas o pasado 28 de Marzo, o día previo a folga xeral contra as reformas laborais do actual goberno. Acercounos á realidade pero tamén nos transmitiu a súa perspectiva positiva.

-Cal cree que é a situación dos mozos licenciados en xornalismo? En xeral, penso que non tratan como correspondería situación laboral dos xornalistas. Basicamente aprovéitanse de axudas oficiais de subvencións ás contratacións de bolseiros. O problema agora non é entrar no mundo laboral senón consolidar os postos de traballo. As empresas deberían facer máis convenios e acordos para conseguir máis postos de traballo para xornalistas, insistindo, en que teñen que ser titulados.

-Cales son as causas do paro entre os xornalistas? Por suposto o intrusismo laboral. Ese é o leit motif dunha asociación como a que presido e o causus belli de que outras asociacións admitan a xente que non é titulada. Ademais antes o xornalista era un tipo admirado e hoxe degradouse tanto a imaxe do xornalismo polo consumo, polo diñeiro, pola telebasura, pola falta de credibilidade, pola explosión de medios que aumentou a cantidade non a calidade. Agora insisto o xornalismo é a mellor profesión pero hai que sentila.

­Respecto ás noticias que sacan os medios, como creen que tratan a situación do paro xuvenil? Eu creo que si que hai unha certa atención preferente, sobre todo hai unha certa sensibilidade de que xa empeza de novo a haber unha emigración máis cualificada. No caso actual, en Galicia concretamente, ou en España en xeral, e magoa é que formemos profesionais e que gastemos os recursos públicos e privados na formación como nunca se gastou, para que logo teñan que marchar e penso que agora mesmo xa se está focalizando un pouco máis dende ese punto de vista.

A maior parte das noticias sobre o paro xuvenil aportan datos estatísticos dentro dun contexto político. É o paro só unha arma arroxadiza entre políticos? Por suposto. Hoxe hai que ser un lector, telespectador ou un radio oínte lo mais escéptico posible. Sabemos que todas as informacións son interesadas en moitísimas ocasións. Igual non son mentira igual son verdades parciais. Ti podes ver datos de paro nun momento nun xornal que son completamente diferentes noutro. Eu non me fiaría tanto dos datos e en xeral das informacións.

Entón, cree que o tratamento que dan ao paro os medios de información confunde aos mozos? Non, eu non creo cos confunda. Eu creo que estes mozos son a xeración máis preparada e a máis intelixente e a máis lista incluso. O que sucede e que teñen tal grao de frustración porque non teñen o horizonte claro e hai unha presión sobre eles durísima.

-Como colaboran vostedes a fomentar o emprego entre os xornalistas? Dende a asociación estamos facendo moitas cousas. A nivel da FAPE temos un banco de traballo onde se poden encontrar todas as ofertas de traballo que hai por España e as veces polo estranxeiro. Con a Asociación de Prensa de Madrid colaboramos moito cando foron as peticións publicas contra as rodas de prensa sen preguntas. Ademais, presentei en Belgrado na Federación Europea unha moción contra iso que nos aprobaron por unanimidade. Este ano vou levar a Bérgamo a consideración de gratis non traballo porque estamos vendo que incluso hai empresas que están utilizando xornalistas sen pagarlles, o colmo da escravitude. Hai un obradoiro para xornalistas emprendedores é importante que se constituían grupos de traballo.

-Cal é o soldo base dun xornalista? O salario bruto, por arriba excepto os que son xefes e teñen plus, non subirá dos 2000€ e por abaixo, pódense hasta 300 ou 500 o incluso me falaron de unha rapaza en Boiro que non cobraba. Hai unha diferenza moi grande. O xornalismo veu a menos e nótase tamén niso claro.

-Cree que as reformas laborais que se plantexaron van diminuír o paro xuvenil? Eu creo que non, que van volver os contratos lixo. Pero claro se ti lle preguntas a un mozo que prefire estar no paro ou ter un contrato lixo e como si lle preguntas que prefire ser fusilado ou aforcado.

-Como cree que tratarán os medios a folga de mañá? Un medio dirá que mais da metade da profesión apoiou a folga e outro que máis da metade non apoiou a folga. Por outro lado, os sindicatos darán unha versión, os partidos outra e os empresarios outra.

-Para terminar, como ve o futuro para os mozos? Marabilloso, fabuloso, extraordinario si son persistentes, senón son derrotistas, senón se renden á primeira de cambio. É unha profesión moi difícil, hai que estar en constante mellora, na que se aprende todos os días. Fascinante se queres ti ser fascinante.

TS S3E

Posted on 12 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: