ENTREVISTA A MARTÍN G. PIÑEIRO, COORDINADOR DO LV: “Non é tanto o currículum como as ganas de traballar”
O pasado xoves 29 de marzo, día da folga xeral, entrevistamos a Martín García Piñeiro, actual coordinador do xornal gratuito “De luns a venres”. Pensamos na súa figura de xornalista como un acercamento á realidade profesional que se vive no gremio, a súa perspectiva do mercado laboral e, sobre todo, no tratamento na prensa do paro xuvenil e as condicións laborais dos recén egresados. Velaí vai o eixo primordial da conversa.
Boa tarde, Martín.
– Como xornalista profesional e actual coordinador do xornal “LV”, ¿Como valoras a situación actual do xornalismo? É unha profesión que está moi mal pagada e na que se traballan máis horas das estipuladas. A situación está difícil. Eu creo que as cifras actuais de desemprego son un dos grandes problemas de España, pero tamén é certo que hai máis obsesión nos que o sufren que nos que o teñen que atallar. Este ano, en concreto, está sendo peor que os anteriores e o problema principal segue a ser o paro.
– ¿Cal é o salario mensual dun xornalista? Hoxe en día, cunha xornada laboral de entre 10 e 12 horas, un recén licenciado cobra entre os 1.000€ e os 1.100€ netos ao mes. Os coordinadores, os filólogos e os redactores que se encargan do tema técnico, das fotografías ou do departamento de publicidade teñen un plus e cobran máis. Como é lóxico, o salario aumenta co paso de moitos anos.
– ¿Que tratamento mediático recibe o tema do desemprego nos mozos recén titulados? Non vexo nos medios unha aposta clara por desmembrar as condicións imperantes do paro xuvenil. O periodismo economizouse moito. Ao principio da crise, os medios bombardeaban á xente cada día con novas de economía. Actualmente, a abordaxe xornalística do problema baséase nas cifras e algunha reportaxe humana. Como a tendencia económica saturou a axenda temática dos medios e aos propios lectores, os temas de economía sesuda xa non adoitan estar en portada. É un tema que, seguramente, non está sendo tratado como debera.
– ¿Que pasos debe dar un xornalista para ter unha entrevista de traballo nun medio de comunicación? O acceso ao mercado laboral é moi circunstancial e non se pode establecer un baremo. Hai posibilidades de entrar, ben sexa a través dun conocido ou con prácticas. Os currículums seguen sendo o pase fundamental para acceder a unha entrevista. Pódese mandar por correo electrónico ou levalo en persoa que sempre está mellor. No noso caso, o director fíase moito da sensación que lle transmite o entrevistado antes de contratalo.
– ¿Que factores determinan o contrato dun xornalista? Toda unha conxunción de cousas. Hoxe, cando se contrata a alguén, búscase a máxima estabilidade temporal posible. Cando se fai a entrevista personal, a sensación que transmite o entrevistado é fundamental. Hai que ler os medios, non ter medo a preguntar e, nalgúns casos, convén dominar o idioma galego para saber redactar. Ás veces, non é tanto o currículum como as ganas que teñas de traballar e de aprender cousas. A iniciativa e a predisposición persoal son moi importantes. Normalmente, a sensación que deixa a xente ao facer as prácticas vai marcar o seu futuro.
– No caso de estar desempregado, ¿Como farías para buscar emprego? Antes, a tendencia era montar unha empresa de comunicación ou unha productora. Hai dúas opcións: ou formo parte desa tendencia ou chamo a todas as portas dentro e fóra do xornalismo. Empezaría polos gabinetes de empresas e polos medios. No caso de non recibir resposta, embarcaríame nun proxecto autónomo. Para buscar traballo, convén elaborar unha estratexia seria e pensar ata onde podemos chegar: cal é a nosa rama laboral e o noso límite xeográfico.
– ¿Que sectores cres que teñen maior saída laboral? Nesta crise de venta de prensa, quen está sobrevivindo bastante ben a nivel publicitario e de ventas son: as revistas especializadas debido ao seu target bastante definido, as redes profesionais, os blogs e as páxinas web especializadas, que apenas notan a crise. Aínda que haxa que saber de todo, hoxe en día, eu creo que a especialización é a base da permanencia no mercado laboral. O xornalismo electrónico é o presente e futuro da profesión.
– ¿Cres que as medidas de fomento de emprego van restrinxir o paro nos xoves? Iso son parches. As reformas teñen que ser máis profundas. Temos que mudar os hábitos para ser competitivos nos tempos que corren. Por poñer un exemplo: non creo que a reforma laboral solucione nada a curto prazo pero considero que hai que ir nesa tendencia. Hai que mudar o engranaxe aínda que o fagamos pensando a longo prazo.
– ¿Que solución propós ao desemprego xuvenil? Ignoro cal é a solución. O exemplo máis recurrente para falar de solucións é Alemaña. Haberá que remitirse a ela. Nos últimos anos, xestionouse mal o sector primario e secundario español e temos moi pouca produtividade. Hai que producir cousas para vender e ser un país rico. Quen depende do turismo non é un país rico.
TS S3E
Posted on 12 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Actividades da semana, Curso 2011-2012, Paro, TS. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0