ENTREVISTA A SANTIAGO MONTES, SSECRETARIO XERAL DO SINDICATO DE XORNALISTAS DE GALICIA: “O xornalismo é unha estructura que se contrae”

Este martes, 10 de abril, fieis á cita concertada, entrevistamos ao Secretario Xeral do Sindicato de Xornalistas de Galicia. O propósito da entrevista foi pescudar a perspectiva da institución sobre a problemática do paro xuvenil. Asimesmo, tamén nos interesamos nos seus proxectos e posibles solucións a un mal que mensualmente padecen moreas de xornalistas noveles. Velaí tedes o eixo máis relevante da conversa.

 Boa tarde, Santiago.

–  ¿Como percibe o Sindicato a situación laboral dos xornalistas recén licenciados? Agora mesmo o paro ronda o 24% e nós, no noso sector, probablemente, estemos 3 puntos por riba.  O 30% dos xornalistas recén titulados entran a formar parte dun sistema precarizado a través de prácticas en empresas. Alí atópanse que non adquiren o procedemento axeitado e a experiencia necesaria. Penso que neste sentido, os recén licenciados andan un pouco perdidos e se meten nun panorama económico e laboral de moitísima incertidume.

–                    ¿Cales son as principais razóns do alto paro xuvenil?  Sempre houbo un alto paro xuvenil porque sempre foi difícil acceder á profesión. O actual desemprego xoven está en concordancia co alto paro en xeral. Non hai excesivas distincións no noso sector, salvo os xornalistas de oposición. É complicado abrir novas canles para meter en plantilla a un novo traballador, teña experiencia ou non. Mentres a tendencia dos medios sexa recurtar as súas relacións, isto vai seguir así.

–                    ¿Que debe facer un licenciado para atopar un emprego? Ten que saber se está preparado a nivel formativo, meditar o seu obxectivo e intentar dirixir todos os seus esforzos cara unha fronte moi concreta. Hoxe en día, os currículums poden ter certo peso para algunhas empresas pero outras prefiren a dispoñibilidade, as aptitudes que un poida demostrar e o que se esté disposto a asumir en canto a salarios. É importante especializarse, aínda que os xornalistas debemos posuír cultura e actualidade xeral.

–                    ¿Existen alternativas para os mozos titulados sen traballo? Hai xente que intenta sacar adiante os seus propios proxectos. É unha alternativa para demostrar que eres creativo, que tes capacidade de traballo e que posúes o procedemento xornalístico ben interiorizado. Todo isto pódese demostrar sacando pequenos proxectos editoriais ou por Internet. Aínda que non é unha posibilidade de traballo con futuro, sí é unha vía de aprendizaxe persoal.

–                    ¿En que condicións laborais traballan os xornalistas mozos? Non vexo distincións entre os novos xornalistas e os que xa estaban. Agora mesmo, todos estamos sendo tratados como a man de obra máis barata posible. A xente recén titulada que entra nunha empresa faino con moitas desvantaxes. O tratamento persoal vai ser bastante irrespetuoso, como unha ferramenta de usar e tirar porque detrás veñen máis. Hoxe en día, no gremio prima o contrato indefinido porque non se establece a súa duración.

–                    ¿Cal é o futuro laboral máis inmediato?  Unha saída apta para licenciados en xornalismo é o posto de Community manager. Os gabinetes de comunicación de empresas tamén son unha peza moi importante do entramado comunicativo. Aínda así, confío nun futuro harmónico entre a prensa escrita e a dixital. Ten que haber produtos diferentes que aporten cousas distintas. O problema que ten a prensa escrita é que non está achegando nada que non aporte a prensa dixital, e non ó contrario. Ata que non se defina a situación, o futuro é incerto.

–                    ¿Como valoras o tratamento do paro xuvenil na prensa? Non se está tendo conciencia da desesperación na mente xuvenil. É imposible abstraerse. Hai que ser realista e reflexionar sobre o que un quere facer para darse conta de cal é o posto na engranaxe do sector da comunicación. Somos unhas pezas moi pequenas que se nos pode intercambiar e apenas contamos. 

–                    ¿Que obxectivos e solucións se marca o Sindicato en materia de paro xuvenil? Estamos traballando nunha proposta que facerlle á Xunta para conseguir a contratación de xente con experiencia para que exista un equilibrio xeneracional nas redaccións. Por outra banda, i Sindicato quere regular as prácticas establecendo un tratado para evitar a vulneración da redacción a nivel laboral. Para solventar o paro xuvenil fan falla empresas dirixidas á rendabilidade e competitividade, que non se basen nas axudas públicas, senón en produtos de calidade e que teñan claro que a súa forza son os seus traballadores.  O incentivo á contratación pode solucionar algo.

–                    ¿Que recomendación lle das aos futuros xornalistas titulados? A primeira: Que se afilien a un sindicato para ter moi clara a súa conciencia de traballador de clase. A segunda: utilizar todas as ferramentas -formativas de especialización, axudas á contratación, boletíns oficiais- que proporcione a sociedade porque van marcar o seu devir profesional e, sobre todo, ter moi claro o que se quere na vida.

TS S3E

Posted on 12 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Mágoa. En ningunha das tres entrevistas vin que se preguntara polo sector social, polo terceiro sector como posible futuro de xornalistas, que sí penso hai posibilidades e grandes, pesie ao intrusismo (que o hai), Máis alá de gabinetes de prensa ou de aventuras dixitais ou malpagos salariais no sector tradicional, que é onde queren pechar ao xornalismo de futuro. Seguen a estar encegados, os nosos voceiros profesionalistas, no mesmo rego, e no discurso que lle procura o seu estatus.
    Non obstante, e a pesar dos cantos de serea da fascinación (un espexismo xa) pola profesión, hai cousas que haxo acertadas nalgúns dos interlocutores: a vontade de seren comunicador (non só xornalista), a necesidad de se formar (non tanto especializar, á vella forma de vai uns anos, se non de escoller moi ben o campo sen grandes ilusións polas tendencias actuais, que, coma sempre, mudan cada cinco anos ao antollo empresarial ou da inversión), a valentía de crear xuntos un propio medio ou práctica comunicativa (que non é só unha aventura creativa, como apunta algún; pero que non obstante ten que estar ben deseñada e estudada) e, por último, os “límites xeográficos”, é dicir, o xornalismo é unha profesión ou oficio universalista, nómada, que pode asentar veramente cando hai condicións e xa moito exercicio nas costas.
    Felicitacións polas entrevistas, aínda que tiñan que afinar máis cara a asignatura. Pescudar tamén nas oportunidades e enfoques que esta ten. Obedecen máis a unha preocupación individualista, que ren ten que ver co espírito do xornalismo e da comunicación. Se non hai condicións sociais non hai xornalismo, nin a súa posibilidade. Non o esquezan,… as condicións, por suposto todos o fixemos na noso tempo, hai que crealas meus amigos.
    Martínez Hermida CIC

  2. Boa tarde, Marcelo.
    En efecto, non lle preguntamos especificamente polo sector social como o futuro do xornalismo. Preguntámoslle aos entrevistados polo futuro inmediato do gremio, as saídas profesionais máis demandadas e, dende a súa perspectiva, as máis prósperas. Neste sentido, procuramos unha óptica de resposta máis xenérica e explicativa da problemática en cuestión. Tendo en conta as desoladoras cifras de desemprego, tamén lles cuestionamos sobre un posible abandono da profesión e do sector en materia laboral, ainda que neste senso, as respostas foron meramente unilaterias. Todos semellaron poñerse dacordo en que o xornalismo electrónico é o futuro puntal da profesión. Ningún deixou entrever como solución o desempeño laboral doutras facetas alleas ao xornalismo, pero Luís Menéndez sí nos ilustrou algún exemplo de xornalista que, tendo en contra a precaria situación do gremio, abandonou a profesión e acabou na hostelería. De todos modos, non apreciou en demasía esa opción. A mensaxe que deron cando lles cuestionamos este tema foi que “todo xornalista vocacional non rexeita as súas raíces de ser comunicador nin nos momentos máis convulsos, porque a paixón pola profesión é tan forte que non te permite plantexar esa casuística”.
    Sinceramente, eu creo que a meirande parte dos entrevistados non nos ofreceron unha visión moi persoal ou individualizada do tema abordado. Notei unha exposición coral -en referencia aos seus compañeiros de Asociación, redacción e sindicato, respectivamente- bastante asentada e consensuada. Si ben é certo que existen algúns enunciados antagónicos entre os tres entrevistados. Hai quen é máis partidario da especialización temática nun área específica e hai quen se aferra ao coñecemento xeral como base teórica e práctica no quefacer xornalístico diario.
    De todos modos, unha vez rematadas as entrevistas, o contido máis salientable co que eu me quedei, foi: a perseverancia que debemos materializar na profesión, as ganas de traballar no que a un lle toque -mentalizarnos diso antes e unha vez inmersos no sector-, a humildade na realización do traballo diario, a orientación exhaustiva e previamente meditada da especialización/camiño que pretendemos seguir, unha firme e abondosa formación técnica, intelectual e de comunicación interpersoal, comunitaria e mesmo interxeneracional -co obxectivo de procurar a tenacidade en cada unha das relacións sociais e profesionais que se establezan no acercamento ás fontes e a compañeiros de traballo ou superiores-, procurar a obxectividade en todo momento, obedecer con escrupulosa firmeza aos dictames impostos polo medio que nos alimenta -véxase libro de estilo, liña editorial e demais imperativos profesionais- e procurar un mesmo buscarse a vida de xeito meramente estratéxico, se o decorrer vital/social o permite.
    Agardo que os contidos e a conclusión obtida sexa do seu agrado.
    Un saúdo.

    Veiga Amorín, S3E, 4B2

  3. Rocío Quintana Fernández S3E, 3B2

    Las tres entrevistas fueron entrevistas largas de entre media y hora y pico de duración. En ese tiempo hablamos de muchas cosas que por la limitación del espacio tuvimos que reducir considerablemente. Quisimos centrar nuestra atención en las condiciones de los jóvenes licenciados en periodismo para ampliar nuestra documentación sobre el paro juvenil en este campo, de la cual teníamos poca. Por eso escogimos estas preguntas, creíamos que a nuestros compañeros les interesarían conocer cuál es el futuro que nos espera.
    Evidentemente también tratamos cuestiones como: la responsabilidad que tienen los medios en la opinión que se forma la sociedad o también de la pérdida de los valores del periodismo y de la primacía de los beneficios económicos por encima de la responsabilidad social que deberían mantener los medios con su comunidad.
    De las tres experiencias que tuvimos con los entrevistamos, algunos más positivos de cara al futuro otros más negativos, sacamos una conclusión: que lo más importante es LA MOTIVACIÓN por querer trabajar en una profesión que es la de comunicar y aportar nuestro granito de arena para formar una sociedad y una comunidad unida. En nosotros está cumplir como es debido, con la responsabilidad que todo comunicador tiene con la sociedad.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: