O bilingüismo é bo para a saúde

Sempre pensei que saber idiomas era satisfactorio para atopar traballo e para encher o currículo. Pero agora, despois de que a profesora de fotoxornalismo nos comentara o tema, descubrín que coñecer máis dunha lingua retrasa a aparición de alzheimer. Intereseime polo tema e busquei a noticia na rede, e non só descubrín que é beneficioso para os adultos, senón tamén para os nenos, que aprenden máis e distráense menos. Incluso aos nenos antes de nacer, se se lles fala máis dunha lingua, nacen con máis facilidade para oílos de novo. Isto fíxome pensar no meu traballo de ProT. Dado que traballamos con nenos reflexionei acerca da comunicación na escola. Dinme conta de que as profesoras lles falan case sempre castelán aos nenos, e nós, inconscientemente e sen saber que o que faciamos está ben, falabamos co noso idioma base. Alba e eu en galego e Carla e Andrea en castelán.

Puiden saber a través do artigo que falar dúas linguas posibilita un maior desenvolvemento das capacidades intelectuais, dado que se realizan unha serie de operacións mentais ao elixir entre dous códigos lingüísticos diferentes.

En definitiva, quen fala máis dun idioma posúe máis habilidades intelectuais, mellor memoria e a súa mente deteriórase menos que a dos demais.

Dapía Freitas, S1B, 2A1

Posted on 14 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Alba Domínguez Piñeiro

    Se eu xa tiña claro que o galego mola agora sei que mola o triple. Despois os castellanitos dinnos a nós que tal por falar galego. Pois falando mal e claro, a joderse! Non só sei un idioma máis ca eles senón que gracias a el a miña saúde mental é mellor e a miña capacidade de aprendizaxe tamén. E logo din que os parvos somos nós…

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Ja,ja,ja… Moi sincero e directo o teu comentario. A verdade é que eu tamén me sinto afortunada de saber dous idiomas. Non só porque agora sei que teño mellor saúde mental que os que só coñecen un, senón tamén porque me sinto orgullosa das linguas que domino.

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Eu xa escoitara esta noticia. Segundo ese estudo, cando falas varios idiomas exercitas máis a túa mente e tes un rendemento cognitivo mellor ca outras persoas que son monolingües. A min tenme sentido, os que falamos varias linguas temos que prestar máis atención e dedicarlle parte do noso cerebro a este tipo de cuestións ca quen non as fala. Espero que sexa certo o de que diminúe o risco a sufrir demencia (jeje) Bo post!

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Iso eu non o sei, pero tes razón en que exercitamos máis a mente ao ter que escoller entre dous códigos diferentes. Gracias polo comentario.

  3. Lara Lozano Aguiar

    Se realmente é tan bo como o pintan encántame isto! Oxalá isto contribua a reducir o número de enfermos de Alzheimer porque, o meu grupo PrOT máis eu traballamos cunha asociación que trata xente con esta demencia e a realidade é moi triste. Fixo que algún psicólogo estudou isto porque eu xa llo escoitara a miña irmá, ao falar do tema.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Posiblemente, pero a min sorprendeume gratamente e tamen espero que de ser certo, sigan investigando a cerca do tema.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: