Análise do grupo social do 15-M

Definir o grupo social que compón o movemento 15-M non é unha tarefa doada. Moitos son os debates orixinados ao respecto pero, aínda a día de hoxe, non hai unha resposta unánime e que convenza a todos.

Á hora de realizar o análise, centrareime exclusivamente en aqueles membros ou simpatizantes do movemento 15-M da zona de Santiago de Compostela, no que se denominou Acampada Obradoiro.

Para comezar, cómo se forman os grupos? O profesor en psicoloxía Tous i Ral, traballou sobre este aspecto e concluíu que a formación dos grupos é un proceso de catro fases. En primeiro lugar estaría o encontro, da socialización do encontro pasaríase á reunión, baixando un chanzo máis cara a socialización interpersonal formaríanse diadas e, da interacción entre as diadas xurdiría o grupo. Tous puntualiza que estas fases son mutuamente dependentes entre si.

Os acampados no obradoiro chegaron realmente a constituír un grupo social porque, ademais de reunirse durante un certo período de tempo nun espazo común ou de compartir unhas mesmas inquedanzas e reivindicacións, decidiron facer postas en común a través de Asembleas e das que posteriormente xurdiron distintos comités para levar a cabo as decisións acordadas entre todos. A asemblea constituíu o caldo de cultivo perfecto para a socialización do encontro ao grupo.

Pola súa banda, o profesor Sabucedo estudou as características da mocidade galega e a súa relación e interese pola política. Os resultados non puideron ser máis reveladores.

É certo que a mocidade galega manifesta un distanciamento e receo do sistema político, pero porque mantén unha actitude crítica ante o sistema, froito da percepción do afastamento das instancias políticas das preocupacións e problemas cotiáns da poboación. É dicir, a mocidade galega non se implica na vida política, pero iso non significa que non se preocupe por este ámbito, todo o contrario xa que para máis do 70% dos mozos e mozas non lles é indiferente quen estea ao fronte das instancias de goberno.

De forma maioritaria, os mozos galegos rexeitan a utilización de actividades violentas. A poboación debe aspirar e loitar non só por ser oída polos poderes públicos, senón tamén polo cambio social. Neste sentido, non debe escandalizar que aqueles sectores que teñen menos posibilidade de influencia política, fagan uso de diferentes estratexias de presión política, sempre e cando estas non se enfronten ás normas básicas de convivencia democrática, entre as que se atopa o abandono da violencia como forma de resolver os conflitos.

Como pode apreciarse, estes resultados non fan máis que marcar a tendencia do comportamento da mocidade galega. Unha tendencia de rexeitamento da violencia, de afastamento dunha clase política cada vez máis allea ás preocupacións da mocidade, de crítica construtiva e de diálogo democrático que se poría de manifesto nas pasadas reivindicacións de maio na  praza do obradoiro.

Con todo, pódese concluír que, se ben foron as mozas e os mozos os principais instigadores e o grupo maioritario que acampou no obradoiro, non foron os únicos. Os “indignados” son un grupo totalmente heteroxéneo que teñen en común o rexeitamento e protesta dunha situación que consideran intolerable.

Por unha banda está a pasividade da clase política ante os ditados dos mercados e, pola outra, as condicións persoais dos manifestantes, que se caracterizan por ser persoal altamente cualificado que se atopa en situación de desemprego, de precariedade laboral ou por ser simplemente simpatizar coas reivindicacións expostas na praza pública.

Por último, en canto á adscrición política do grupo social do movemento 15-M, si que é certo que se observa unha tendencia cara a esquerda, pero que non é determinante, xa que os manifestantes pertencen a todas as clases sociais e ideoloxías.

Cereijo Vázquez, S1F, 1B1

Fontes consultadas:

DELGADO, Lola e LOZANO, Daniel: Tribus Urbanas: Guía para moverse con soltura entre frikis, solidarios, cool, hiphoperos, tuneros, cutrefamosos… (1994). Ed. La Esfera de los Libros S.L., Madrid.

MARC, Edmond e PICARD, Dominique: La interacción social (1992). Ed. Paidós Ibérica S.A., Barcelona.

SABUCEDO, Xosé M. e ARCE, Constantino: Xuventude e Política en Galicia (1992). Ed. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.

TAIBO, Carlos: Nada será como antes: Sobre el 15M (2011). Ed. Catarata, Barcelona.

TOUS I RAL, Josep M.: Comportamiento social y dinámica de grupos (1993). Ed. Promociones y Publicaciones Universitarias S.A., Barcelona.

Posted on 15 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Un dos puntos que máis nos costou aclarar ó comezo do traballo foi precisamente o do grupo social co que íamos traballar, xa que o 15-M estivo integrado por persoas moi heteroxéneas.
    Para min, o máis salientable é ese momento no qeu a mocidade pasa de ser unha parte da sociedade crítica co sistema a tomar a iniciativa e manifestarse. Ata que punto tivo que chegar o seu nivel de indignación co sistema para que decidisen dar ese paso tan importante?
    Non sei tampouco se todo o descrito anteriormente podería ser extensible ós demais integrantes minoritarios do movemento, coma a xente máis adulta ou os anciáns.

    • Sabela Cereijo Vázquez

      Eu creo que é un pouco unha mistura de situacións que colmaron o vaso nun momento determinado. Nese momento os máis afectados era a mocidade, pero non os únicos. Ademais, o feito de verte afectado non é determinante para apoiar un movemento, podes crer que as reivindicacións son lexítimas aínda que non teñas os mesmos problemas que os indignados. Por eso é que vemos un grupo social tan heteroxéneo no 15-M. Isto non fai máis que dicirnos que o 15-M é un movemento que abarca a TODA a sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: