Daily Archives: 16 Abril, 2012

Unha nova relación, outra forma de contar

África non é un país monolítico. É un continente con 54 países e miles de linguas. Multiplicidade de culturas e realidades que van máis alá da guerra, da insurrección e da enfermidade. Que reflexan máis que  mulleres exóticas e víctimas, que nenos soldado, famentos ou enfermos de malaria.

África non é un estereotipo. Esta é a idea fundamental que defende Leslie Dodson, que cre ademáis nunha prensa libre e independente que permita a realización de diferentes xornalismos: activista, humanitario ou de paz. Como correspondente en países en vías de desenvolvemento, experimentou en primeirapersoa novas relacións de traballo que para ela, constitúen o modelo a seguir: os reporteiros, os investigadores e as ONGs deben traballar xuntos na comunidade para cumprir obxectivos mutuos.

Deste xeito, explica que tanto coma as ONGs coma os investigadores, precisan dos xornalistas para contar ao exterior as súas historias, e que os reporteiros precisan das ONGs para atopar as grandes historias que queren contar, así como os métodos científicos (rigorosos, de documentación) dos investigadores.

En definitiva, Leslie Dodson afirma que hai moitas outras historias que contar como xornalistas diferentes ás dos estereotipos.

Leslie fainos pensar con estas imaxes e dinos: “Por que non serven para poñer nos medios? É que non contan bastante?Ou quizais é que non venden?”

[Se queres ver máis: http://www.youtube.com/watch?v=YuYyq_7KhjA&feature=player_embedded#!. As imaxes están extraídas da conferencia de Leslie Dodson.]

Negreira Rey, S2C 3A2

“Actores y actrices por un día”

El jueves pasado en la facultad llevamos a cabo esa breve representación de la que os venimos hablando desde hace algunas semanas.

Después de robar parte del mobiliario de la cafetería para el decorado, hacer un par de ensayos generales de última hora con María Pérez Capelo, nuestra colaboradora especial, dio comienzo la obra con el aforo casi completo.

Compañeros, amigos, estudiantes de otros cursos que reclutamos en los últimos minutos y algún otro despistado asistieron a nuestra breve actividad, hubo alguna risa y, al final, entregados aplausos.

No sé si quedó muy claro el concepto de mediación en el divorcio, o si alguno de nosotros subirá a recoger un Max el año que viene, pero sin duda pasamos un buen rato.

¡Gracias a todos por venir!

Pérez Gestal, S3c

Por qué cona queren convertir o galego en portugués?

Xa sei que o título deste post non é moi apropiado para o blog dunha materia da facultade, pero é que o tema fastídiame bastante.

Non entendo por que os considerados galeguistas se empeñan en convertir o noso idioma no idioma do país veciño. Ás probas me remito, á normativa de concordia do ano 2003, aquela que nos di que se di grazas e non gracias, aquela que nos quere inculcar os adxectivos acabados en -bel no lugar do ata o daquela tradicional -ble… Os máis galeguistas de todos empéñanse en cambiar as grafías ll e ñ por estoutras: lh e nh. E digo eu: meus queridos amigos, se no sitio de mañá escribides manhá, cando queirades escribir unha como ides facer? Inventarvos unha letra nova para o n velar? Pronunciar uña? Acaso non vos dades conta de que o galego non é portugués?

E outra cousa, se tan galeguistas sodes, por que buscades parecervos a Portugal? Non buscádes a independencia? Vós que queredes, ser independentes ou xuntarvos ó país luso e pasar de ser parte dun país a ser parte doutro?

E outra cousa máis: acaso non vos dades conta do importante que é manter o idioma galego? Si, o galego, non o portugués, que ese xa o manteñen os portugueses. O noso é un idioma propio, distinto do castelán e do portugués, e se o que pretendemos é defender que é un idioma distinto do castelán facendo que se pareza a outro idioma, dentro duns anos verémonos no mesmo problema, só que intentando diferencialo do idioma luso… É que non aprendemos…

E sen máis, uña aperta a todos…

Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1

“Exponiendo al ritmo de la música”

El pasado jueves tuvimos la oportunidad de exponer ante nuestros compañeros un Power Point relacionado con nuestro trabajo de TS, la música transgeneracional.

Tras unas semanas preparando el trabajo con las encuestas de arriba para abajo, llegó la hora de ponerse con la presentación y los días antes decidimos que canciones e imágenes representarían a nuestros familiares. Entre ellas, míticos como Nino Bravo, Camilo Sexto, Carlos Santa, Los Beatles o Violadores del Verso y “grupos” que marcaron infancias como Los Payasos de la Tele o nuestro querido Xabarín Club ocupaban nuestras diapositivas, la “cosa” prometía.

Una vez acabado, llegaba el día, los nervios nos invadían tanto a Miriam como a mí, los que teníamos que hacer la presentación delante de toda la clase. Todo empezaba y los nervios iban desapareciendo de forma lenta y traicionera, la llegada de las canciones de Xabarín encendían a la clase y conseguían sacar una sonrisa a todos nuestros compañeros y, por suerte, a nuestro profesor.

Al acabar con “nuestra” música y con el “remate” Xabarín conseguimos los aplausos de nuestros compañeros que, vía twitter, señalaban que habían pasado un buen rato, en definitiva, habíamos cumplido con éxito.

Domínguez Rodríguez, Manuel.

ABRAZOTERAPIA

Pode que soe “cursi”, pero é certo. O abrazo é unha terapia. E senón que llo pregunten á psicóloga estadounidense Kathleen Keating, que escribiu un libro sobre isto titulado Abrázame. Nel, entre outras cousas, explica que un abrazo nos transmite seguridade, protección, confianza, fortaleza e autoestima. Segundo parece ó abrazarnos segregamos unha hormona chamada oxitocina, tamén coñecida como a hormona do apego, que nos proporciona protección e seguridade. Ademais, tamén liberamos serotonina e dopamina, que producen benestar, sedación, armonía e plenitude.

Independentemente da base científica, un abrazo sentido, non  protocolario, transmite moito. Algúns incluso din que “un abrazo expresa que mil palabras”. É moi probable, sobre todo en situacións límites.

Ó que eu quero ir dar con isto é á falta de contacto que hai cada vez máis entre as persoas. “Los españoles sois muy fríos”, dicíame o outro día unha arxentina. Pois anda que se chega a topar cun ruso… En fin, iso é cousa de cada persoa e de cada cultura, pero o caso é que moitas veces temos medo ó contacto humano. E isto aféctalle tamén á comunicación. Falta moita cercanía, na xente, nos políticos, nos medios. Insisto unha vez máis na primeira persoa do xornalista. Pero reivindico tamén que nos deixemos de distancias e protocolos e aprendamos a comunicarnos fisicamente cando o precisemos. Tampouco é que haxa que estar todo o día asoballándonos coma uns teenagers, pero de vez en cando podíamos recordarlle ó mundo que somos humanos.

Velaquí un vídeo dun grupo de mozos e mozas agasallando abrazos nunha cidade de Italia. A ver se vos sensibiliza un pouquiño.

 

Saúdos e abrazos para todos.

Liñares García, GBCP.

“ProT: Memorias do aprendido”

O traballo con COGAMI xa rematou e estes días adicámonos a realizar as memorias entre as tres integrantes do grupo.

No tempo que faciamos as memorias puxémonos a falar sobre o que aprenderamos coa entidade, xa que ao ser nós as que nos levantamos e buscamos todo o necesario para desenvolver a práctica aprendemos moito máis e sen darnos conta. Isto foi o que nos aconteceu con COGAMI. Preparar un programa de radio para a clase onde están os tempos estipulados e todo ten que ser dun determinado xeito non é o mesmo que cando o fixemos alí, xa que ao ser unha iniciativa voluntaria dunha das traballadoras de comunicación non hai uns parámetros fixos e puidemos moldealo ó noso xeito. Por outra banda, por moitos pasos a seguir que che ensinen na facultade para preparar unha rolda de prensa ó chegar ó lugar e atoparte con pequenos problemas, tes que ser ti o que ten que levar a iniciativa

É de agradecer que, por unha vez, fixéramos unhas prácticas en condicións, na vida real. Dende aquí darlle tamén as gracias a todo o equipo de COGAMI polo trato recibido e dicirvos a vós, compañeiros, que cando estea lista a páxina nova de COGAMI co libro de estilo para xornalistas que tanto vos interesa farémosvolo saber dalgún xeito. Por último dicirvos que se tendes algún coñecido con discapacidade (lembremos que tanto física como orgánica) que non coñece esta asociación hai diversas formas de contacto e que eles sempre estarán hí para calquera problema que teñades.

Pedrouso Areán S2D, 3A1

“ProT: Punto e final á nosa participación en Itínera? Non”

Coa entrega do traballo ProT da asignatura moitos grupos da clase finalizaron a súa labor no voluntariado no que participaban. En Itínera a nosa misión aínda non finalizou. Prestar axuda e apoio a persoas con algunha enfermidade psicolóxica conleva constancia, dedicación. Os prazos son relativos e a flexibilidade é totalmente necesaria. Por iso, a nosa ausencia, por unha banda, podería desconcertar aos chavales que tratamos, poderían interpretalo como un sinónimo de “abandono” e, pola outra, o esforzo sería en balde.

Os seus avances á hora de comunicarse son notables, a confianza provoca unha mellor comprensión dos conceptos e das materias impartidas durante o proxecto Apoio ao estudo. Tamén son capaces de expresar os seus pensamentos, de abrirse ao mundo e de “contactar” co exterior mediante o Proxecto amigo.

Por iso imos continuar con eles ata xuño, ata que comecen as vacacións de verán. Imos completar o proceso e imos procurar acadar os mellores resultados posibles, en beneficio de todos.

Aquí deixo un enlace que trata sobre unha das enfermidades que tratamos: o trastorno bipolar:

http://www.asociacionideatica.com/Revista/desde_la_bipolaridad.htm

 

Bouza Veiga, S1B, S1A1

Mejor Imposible

A finales de esta semana, concretamente el domingo, se cumplen 75 años del nacimiento de uno de los actores más importantes de la historia del cine. Un hombre que, tras la muerte de Marlo Brando allá por 2004 ocupa la cúspide de la pirámide de los grandes intérpretes. Sí, mi titulo lo delata, ese hombre es Jack Nicholson.

Jack Nicholson es el actor con más oscars (tres) y candidaturas (12) de la historia. Es también el más veterano golfo de Los Ángeles y el único que sigue en activo. Al gran Jack le conocen desde las ancianas que compran en los supermercados de la América profunda hasta los pandilleros y raperos del problemático barrio del Bronx en Nueva York.

 De padre desconocido, el veterano actor siempre vivió con sus abuelos maternos, de los cuales acogió su apellido, tras una infancia en Nueva York un jóven Jack decidió emprender a Los Ángeles dónde empezo contestando cartas de los fans de Tom y Jerry. Ahora, Jack Nicholson es Hollywood, un hombre para el que asistir a los Oscar o a un partido de los Lakers es otra experiencia banal, Ése es el gran Jack, el juerguista del que todo el mundo querría ser amigo.

Como confesó el mismo Nicholson para la revista People hace ya unos cuantos años: “Ya tengo una edad, casi todo el mundo es más joven que yo. No digo que no haya sido un golfo casi toda mi vida, porque lo he sido y lo seguiría siendo si me quedara energía. Hace poco estuve en un restaurante y me habría tirado a 2.000 mujeres jóvenes, de todas las edades, y también a sus madres. Pero ahora ya no puedo bailar. Y si me molesto, hay que saber bailar”. En mi opinión, un grande entre los grandes.

Felicidades Jack.

Domínguez Rodríguez, M  S2A2

“ProT: Reportaje por aquí, reportaje por allá”

Esta semana continuó el trabajo para el diario gallego “Praza Pública”. Como ya habíamos adelantado anteriormente, esta semana nos pusimos manos a la obra con el reportaje sobre el feminismo.

Marcos Pérez, coordinador del periódico digital, nos ayudó a enfocar el tema hacia otro más concreto, facilitándonos también numerosas fuentes con las que poder contactar para realizar el reportaje.

De esta manera, una vez orientados, llevamos a cabo la realización del reportaje, posteriormente enviado a Marcos Pérez. En él tratamos diversos temas, como la posible reforma de la tan polémica ley del aborto, haciendo especial hincapié en las opiniones de distintos colectivos feministas.

También incidimos en la situación laboral de la mujer en España, la evolución de ésta pero también lo que queda por conseguir la igualdad entre ambos sexos en el sector laboral.

Temas relacionados con la mujer ya han sido tratados previamente en “Praza pública”, por lo que para nosotros resultó muy gratificante poder continuar su labor.

Para esta semana seguiremos con el trabajo, y toca un reportaje sobre el ecologismo. Seguiremos informando.

KnightAsorey S2E, 2B3

The devil has all the best tunes

El mes pasado se reunían 100.000 galeses en el Millenium Stadium para festejar la conquista del equipo de rugby galés del torneo 6 naciones. ¿Qué canción entonaban para celebrar la victoria? Nada más que una sexista, machista, violenta donde las haya “Delilah” de Tom Jones. ¿Sorprende?

“Delilah” se ha convertido en el himno popular del país de Gales. Entre los aficionados había chicas jóvenes, amas de casa, posiblemente feministas. ¿Pensarían en lo que cantaban? “I felt the knife in my hand and she laughed no more”, venganza de un amante traicionado.

Si la canción se editara hoy por primera vez, ¿habría triunfado? En una sociedad donde todo es políticamente correcto es interesante postular hasta qué punto la letra de una canción influye en su aceptación. No es difícil encontrar otras letras sexistas de la época, basta con hojear el repertorio de los Rolling Stones, con “Under My Thumb” un novio se jacta de cómo su chica le obedece.

¿Esto justificaba la preocupación social de algunos grupos con estos temas? ¿Y los intentos de boicotear a dichos artistas? Cobra más relevancia con el auge del “Gangsta rap” que puede considerarse música con tonos sexistas.

Creo que esta preocupación está mal concebida por dos razones. En primer lugar, cantar una canción supone suspender por unos pocos minutos la vida real y adoptar una máscara, y si el papel convence, mejor. En segundo lugar, si el tema es pegadizo, se seguirá cantando, sea cual sea el mensaje.

Knight Asorey S2E, 2B3.

“Jueves 19, ¡Os esperamos!”

Este jueves día diecinueve nuestro grupo Ts llevará a cabo una exposición en donde intentaremos reflejar de la manera más sencilla y comprensible el trabajo realizado.

En nuestro grupo Ts nos encargamos de analizar la evolución de las formas de cortejo, en otras palabras, de las tácticas de ligue, entre diferentes generaciones. Para ello, llevamos a cabo una previa y extensa documentación mediante diferentes cuestionarios repartidos a unas determinadas franjas de edad. Decidimos dividir estas franjas en cinco, pasando desde los quince años a los ochenta. Tras repartir dichos cuestionarios y obtener los resultados realizamos un perfil de cada franja de edad. Estos datos obtenidos serán mostrados y explicados en la exposición que realizaremos esta semana.

Por otro lado, también hemos recopilado toda la información obtenida a partir de los cuestionarios que repartimos una vez finalizada nuestra actividad del “speeddating”. Los resultados muestran muchos puntos en común de los allí presentes, puntos de los cuales hablaremos en la exposición.

Habrá vídeos que sirvan como ejemplo para ilustrar nuestras explicaciones, y esperamos que sirvan para amenizar los quince minutos de exposición.

No podemos adelantar mucho más, así que esperamos que este jueves diecinueve asistáis a nuestra exposición, y sobre todo, que os guste!

Knight Asorey S2E, 2B3

Tatuaxe: a pel como comunicación

A pesar de que a cultura da tatuaxe se foi desviando dos seus principios, a súa finalidade segue sendo a mesma: converterse nun método de comunicación gráfica que toma como ferramenta a imaxe para expresar sentimentos, pensamentos e ideais das persoas.

Na maioría das culturas occidentais a tatuaxe é agora sinónimo de moda.
Porén, nas orientais segue tendo unhas características relixiosas e culturais e non se toma como unha moda efémera senón como un procedemento no que o home, a través da imaxe, comunica o seu poderío e desenvolvemento intelectual ou relixioso dentro dunha comunidade determinada.

Así, a pesar das variadas tendencias da imaxe e das novas ferramentas coas que a tatuaxe se valeu, ó longo da súa historia, para comunicar segue tendo o a mesma finalidade que na súa orixe: o home leva á imaxe ata o punto de convertela nun medio de comunicación simple pero determinante, plasmada no seu corpo para definir unha serie de ideais persoais e individuais. 

En definitiva, é obvio que a tatuaxe fai moito tempo que deixou de ser sinónimo de marxinalidade, patrimonio de mariñeiros e soldados (no mellor dos casos), ou de presos e meretrices, no máis común dos prexuízos. Deses tempos só conserva, en todo caso, un significado asociado cunha forma de transgresión á orde imposta, de rebelión contra os formalismos… en fin, de resistencia.

Díaz Villaverde   S2A, 2A3

Documentación TS S3D

Valencia Bermúdez, Andrea, S3D, 4B2

Buenas noches.

Olvidamos el 90% de los sueños que tenemos, a los diez minutos de despertar hemos olvidado casi todos los sueños que tuvimos. Solo vemos rostros conocidos en nuestros sueños y aunque suene raro, nuestra mente no inventa rostros, en los sueños vemos rostros de personas reales que hemos visto durante nuestra vida y que muchas veces no recordamos conscientemente. Las emociones negativas son más comunes en lo sueños que las positivas, la ansiedad es la principal protagonista en los sueños, y gracias a ella, los hombres al soñar suelen tener emociones más agresivas que las mujeres. Puedes tener entre 4 y 7 sueños cada noche, aunque ni te des cuenta, mientras tanto, el cuerpo se paraliza durante el sueño REM, al dormir experimentamos una fase REM (Rapid eye movement) caracterizada por el rápido movimiento de los ojos, durante dicha etapa un mecanismo en nuestros cerebros paraliza el cuerpo evitando repetir los movimientos que experimentamos en nuestros sueños. El exterior influye en nuestros sueños, si hay sonidos, ruidos o golpes a nuestra alrededor, es común que incorporemos dichos sonidos a nuestros sueños, pero si hasta un estudio revela que los sueños premonitorios pueden llegar a existir en determinadas ocasiones, es para pensar dos veces lo que vamos a soñar. Como lo veis? Vuestras siestas hoy serán invadidas por este post.

García Varela, Miguel      S2B     2B3

A marca por antonomasia

Cando unha empresa é a pioneira en crear ou lanzar un produto ao mercado, a veces conséguese que o público se refira ao produto xenérico polo nome da marca. Vemos exemplos disto por todas partes. É o caso de Coca-Cola: quen nun bar pide un refresco de cola con gas? O mesmo pasa con Kleenex ou Post-it. Converter o nome do teu produto nunha marca por antonomasia é unha vantaxe? Poderiamos dicir que sí: “Que todo o mundo denomine ao produto coa miña marca? É a mellor maneira de destacar. Pero, que pasa se todos empregan a miña marca e deixa de facer especial o meu produto?” Algo así lle ocorreu a Apple en México. Cando saiu ao mercado o Iphone, as demáis compañías de telefonía móbil comezaron a sacar as súas propias versións. Pese a tratarse de smartphones, os mexicanos comezaron a referirse aos aparatos como Iphone (algo que deixaron de facer fai pouco), converténdose entón no “Iphone de Blackberry” ou o “Iphone de Samsung”. “Se todos son Iphone, que fai especial o meu produto?” É fundamental darse conta do papel que xoga a comunicación neste sentido. Kleenex quere que se merquen panos da marca Kleenex, non que a xente os denomine así para que terminen mercando marcas da competencia. Por que Coca-Cola, aínda sendo marca por antonomasia, segue gozando dun gran recoñecemento? Porque non se conforma, segue invertindo en comunicación, de forma que o público asocie marca e producto.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Todos para un, e un para todos

“Crowdfunding”. Nunca reparara nesta palabra. De feito nin a coñecía. E por suposto, moito menos sabía o seu significado ata que atopei  por casualidade una historia que falaba deste concepto. Poderíase sacar por traducción, sí, pero ainda así, non se coñecería todo o que conleva a ” financiación pola multitude” ou ” micromecenazgo”.

O “carowdfunding” fai referencia a unha actividade en auxe nestes tempos de crise, a pesar do contradictorio que pode resultar nun primeiro momento. Consiste na financiación de proxectos de interese cultural con cartos aportados por multitude de persoas a través de doacións privadas. A primeria vista pode parecer unha boa iniciativa, pero sen moito futuro dadas as circunstancias económicas actuais, sen embargo parece que o feito de ser partícipes dun proxecto cultural gusta ao público.

A iniciativa lévase a cabo mediante webs especializadas nesta actividade. Nestas webs, todas a as persoas que teñan unha idea expóñena na rede. A todo o que lle interese, só ten que mandar os cartos para pasar a formar parte do proxecto a cambio de recompensas que variarían en función da cantidade achegada. É necesario aclarar que os cartos a dar, non se sustraen das contas dos doantes ata que o cómputo total de doazóns feitas a un proxecto non alcanza o mínimo para levalo a cabo. No caso de que se chegue á cifra, a web impulsora quedaríase cunha porcentaxe do recaudado (entre un 4 e un 8%).

Sen embargo, pesar do alentadora que poida parecer a iniciativa, non todo é tan sinxelo. Non sempre se consegue a financiación esperada para a realización do proxecto. É necesario amosar unha evolución do traballo ao público para que este esté interesado no proxecto. É necesario un proceso previo de publicidade, de dar a coñecer o proxecto á comunidade.

E nesto consiste o “crowdfunding”. Unha iniciativa de financiación popular da cultura máis que interesante na época que vivimos.   Como dicía D’Artagnan: “Todos para un, e un para todos”

Javier Salgado Álvarez, S3B, 4A2

“ProT: Todo o bo remata, socios”

A nosa labor en AGADEA chega ó seu fin, ou polo menos a de obrigatorio cumprimento. E dicimos isto porque a nosa experiencia de traballo con esta asociación foi moi positiva, polo que non descartamos seguir colaborando. De feito xa o estamos facendo, pois mantémonos en contacto con elas a través de Facebook, aportándolle aquelas cousas que nos parecen interesantes compartir cos demais. Hoxe en día, pódese comunicar con simplemente ter una pantalla diante nosa, polo que pretendemos seguir botando una man a través dos recursos tecnolóxicos cos que conta AGADEA para a súa difusión (páxina web/Facebook).

Polo demais, xa redactamos a nosa memoria ProT e esta semana dispoñémonos a entregala. Nela, entre outras cousas, tiramos a conclusión común de estarmos satisfeitas co noso traballo e orgullosas de sensibilizármonos con enfermidades coma o Alzheimer. Velaquí tedes un vídeo moi breve que vos fará, ó igual que a nós, reflexionar. AGADEA ensinounos que no mundo no que vivimos fai falla moita paciencia. Pois iso.

E aquí queda tamén o tráiler dun documental sobre o Alzheimer onde o protagonista é o político catalán Pasqual Maragall.

¡Non esquezades visitar www.agadea.org e buscar AGADEA Alzheimer no Facebook!

 

Liñares García, 2b1

ProT: ” I Congreso de Especialización en Enfermedades da Saúde Mental”

Esta semana na asociación Itinera, presentamos o I Congreso de Especialización en Enfermedades da Saúde Mental. Terá lugar o día 14 de Maio, dende as 10 da mañá ata as 19.00 da tarde no local social  da rúa Fontiñas. Entre os participantes destaca a presencia do coordinador da nosa asociación, Carlos Martínez, que dará una conferencia sobre o trato con persoas con doenzas relacionadas coa saúde mental, dende un punto de vista psicolóxico.

Ademáis tamén se contará coa presenza de varios especialistas en enfermedades mentáis, así como de traballadores sociais que nos explicarán un pouco máis sobre a adaptación dos doentes na sociedade. A asistencia a dita conferencia seguro que nos aportará una valiosa experiencia de cara as actividades que ainda están por chegar na asociación, e por suposto tamén no trato cos usuarios.

Dende a asociación animamos a calquera de vós a que asista a unha conferencia que seguro non vos defraudará e, sobre todo, axudará a todo o que se achegue a comprender e a axudar aos enfermos en saúde mental dunha forma máis axeitada. Grazas de antemán a todos os que vos animedes a ir.

Javier Salgado Álvarez, S3B, 4A2

“ENTREVISTA CO ANTIGO CAMPANEIRO DE MEDEIROS, Paco Fernández”

Comezaba a entrevista con Paco cunha frase que me fixo reflexionar: A practica totalidade dos toques da parroquia aprendinos de oído. Ninguén mos ensinou, mais nunca os esquecerei”. A partir de aquí comezou unha sucesión de preguntas que segue a continuación.

P-¿Como comezou vostede a tocar as campás?

R-Nunca pensei acabar sendo un experto no tema, e comecei porque non me quedou outro remedio. Antigamente cada temporada tocáballe a unha familia asumir a función de campaneiro, e nun momento tocoume a min como cabeza de familia, como a todos. Aí empezou a miña experiencia.

P-¿De que maneira aprendeu a tocar as campás?

R-En realidade cando empecei nisto non coñecía ningún tipo de toque. Recoñecíaos cando soaban, pero nunca tocara ningún. A práctica totalidade dos toques da parroquia aprendinos de oído. Ninguén mos ensinou, mais nunca os esquecerei.

P-¿Como é a “profesión” de campaneiro?

R- É bonito, pero tamén duro. Pode parecer un traballo fácil xa que se supón que soamente se toca a misa e en ocasións contadas. Pero en realidade un campaneiro, e máis na época de antes, cando un campaneiro debía estar a disposición da poboación as 2 horas do día. A calquera hora podía morrer unha persoa, ou arder un monte.

P-¿Cales son os toques que máis recorda?

R-Case todos os que eu tocaba recórdoos, en maior ou menor medida. Pero dos que me lembro son dos que aínda hoxe se tocan na parroquia: Toque a defunto, distinguindo entre home e muller; toque a concello e toque a incendio.

Despois destas preguntas Paco dedicouse a emitir ca súa voz os sons dos diferentes toques, emocionándose co “tan, tan, tan” que o acompañou toda a súa vida.

Dapía Freitas, S1B, 2A1


“ProT: Adeus Abertal”

Coa memoria que fixemos esta semana, damos por rematado o noso Traballo coa Asociación xuvenil Abertal. Observar a comunicación entre nenos e adultos (monitores) e en especial cos nenos pertencentes a fogares desestruturados era o noso principal obxectivo. A súa vez, pretendíamos ver como se organizaban e participar activamente nas actividades destinadas para eles.

Ademáis, pretendíamos coñecer a súa labor social, e os métodos psicolóxicos, de motivación e integración que utilizan para encauzar ós nenos dentro da sociedade.

Tódalas despedidas son duras, e despedirse dos nenos cos que compartimos xogos durante un mes non é tarefa doada, pero deixamos Abertal sabendo que seremos ben recibidos cando queiramos volver. Grazas a todos por permitirnos traballar con eles e a vós por lernos.

Alonso Moreda, Asensio Castro, Baamonde Bermúdez ProT 1A2