“Ciberbully”

Esta película, dirixida por Charles Binamé, escenifica o caso dunha adolescente que se ve afectada polo acoso na rede. Taylor Hillridge, unha adolescente a que lle regalan un ordenador polo seu aniversario, ve neste novo medio para comunicarse unha independencia e unha liberdade da que nunca antes gozara. Pero esta ilusión pronto de desvanece e a protagonista convértese nunha vítima de acoso cibernético por medio das redes sociais. Asustada, sen saber a quen acudir e sen que ninguén do seu arredor soubese o que estaba a acontecer Taylor chega ata o punto de intentar suicidarse. Debido a isto, unha vez que súa nai se fai cargo da situación, intentará por todos os medio mellorar o sistema escolar e a lexislación estatal vixente existente no momento para que casos como o da súa filla non se volvan a repetir.

Este filme, de acordo co tema a tratar no noso traballo TS, será proxectada o martes 17 de abril as cinco da tarde na facultade. Aconsellámosvos e pedímosvos que acudades a vela, xa que é un tema que, aínda que a veces non nolo poida parecer, nos concernente a todos e está a orde do día no ámbito da evolución dixital.

Aquí vos deixamos o tráiler da película:

http://www.youtube.com/watch?v=5ylLHvqpmEI

Álvarez Patiño, S1E, 1A3

Posted on 16 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Arantxa Álvarez Bao

    Tiene pinta de ser interesante. Mi grupo también está trabajando sobre ese tema y barajamos esa película como posibilidad. Es uno de los peligros más graves, más tenidos en cuenta por los padres y, sin embargo, menos regulados por los mismos. Yo creo que se debería de evitarse esto, principalmente, impidiendo o controlando el uso libre de Internet a los más pequeños. Siempre se piensa que malo será que pase, hasta que pasa.

  2. Coral Álvarez Patiño

    Dende logo que si Arantxa, os pais e a sociedade son os primeiros en “predicar” o coidado que hai que ter cas redes sociais, os peligros que supoñen… pero os últimos en interesarse ou en regularlles o seu uso aos seus fillos. Moitos pais, a inmensísima maioría, non teñen nin idea dos espazos cibernéticos polos que se moven os seus fillos. É máis, moitas veces a solución ó aburrimento dun neno ou ó cansancio dos pais é darlles un ordenador e que se entreteñan, sen saber, ou sen querer saber mellor dito, que o que se está poñendo nas súas mans pode ser unha bomba de reloxería se non se lle da o uso correcto.

  3. Carlos Asensio GBCP

    Estoy totalmente de acuerdo con vosotras, creo que los padres deberían regularle las horas de entrada y las páginas a las que deben entrar los niños, creo que internet nunca debe de ser un sitio en el cualquier niño pueda acceder a lo que le de la gana, y es solamente puede recaer en los padres, que deben ser responsables y controlar lo que sus hijos hacen o dejan de hacer en el ciberespacio.

  4. Coral Álvarez

    Creo que tes razón Carlos, pero tamén creo que o que dis non deixa de ser “algo teórico”, xa que tendo en conta que o das novas tecnoloxías é algo que comeza en xeracións moi recentes debemos ser conscientes de que a maioría de pais, perosoas que rondan os 40 ou 50 anos, non sempre están postos no tema. No meu caso, por exemplo, estou segura de que déselle o uso que lle dese ás redes sociais ou ó mundo de Intertet meus pais non sería conscientes, xa que non manexan coñecementos desta clase e para eles sería un mundo descoñecido non que non saberían como poder axudarme. E estou segura que, como no meu caso, no de moitos.
    Digamos que, sen coñecer o medio, non se poden coñer os perigos e moito menos afrontalos dende logo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: