“Documentación S3B”

Como todos ben sabedes, o grupo S3B adicamos o noso Traballo de Seminario a estudar a influencia das novas tecnoloxías na comunicación entre avós e netos. Para lograr o noso obxectivo, levamos a cabo un estudo teórico e outro práctico. Este último, como xa vos viñemos contando en posts anteriores, consistiu na realización de entrevistas aos nosos propios avós, así como ás alumnas do curso de Informática destinado á Terceira Idade impartido pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente ao que puidemos asistir. Grazas a elas, puidemos achegarnos a casos prácticos da realidade. Pola súa banda, o estudo teórico, é dicir, a documentación, levounos á consulta de artigos e reportaxes que nos puxeron en situación sobre o papel que desempeñan os avós na familia de hoxe en día e a súa interacción coas novas tecnoloxías.

CASTRO GALLARDO, M. (2007). Relaciones intergeneracionales y bienestar de las personas mayores. Tesis Doctoral, Universidad de Granada. Esta tese doutoral achegounos á doble influencia que exercen as novas tecnoloxías na comunicación entre ambas xeracións: por unha banda, un acercamento e, por outra, un conflito ou falta de comunicación.

HOYUELOS PLANILLO, A. (2004). “Abuelos, abuelas, nietos y nietas. El punto de vista infantil” en Indivisa. Boletín de estudios e investigación (Madrid), 5, 35-42. Este artigo situounos sobre as transformacións familiares das últimas décadas (incorporación da muller ao mundo laboral, por exemplo), e o novo rol dos avós e avoas na familia de hoxe en día, así como as funcións que desempeñan: coidador, contador de historias, transmisor de valores morais…

IGLESIAS, L. (2009). “Las nuevas tecnologías, un aliado muy eficaz en la vida cotidiana” en Sesenta y Más (Madrid), 279, 38-41. Este artigo de revista proporcionounos datos concretos de diversos estudos (Fundación BBVA, ONTSI) sobre o emprego do móbil ou Internet por parte das persoas maiores, especialmente aquelas que superan a franxa de idade dos 65 anos.

MORENO RUIZ, C. (2011). Alfabetización digital de personas mayores. Trabajo Fin de Carrera, Universidad Politécnica de Madrid. Este traballo de fin de carreira achegounos, como o seu propio nome indica, aos conceptos de alfabetización dixital (a adquisición de coñecementos e capacidades para o manexo das TIC) e brecha (ou exclusión) dixital.

Por outra banda, tamén nos serviron de axuda diversas reportaxes publicadas na versión dixital do xornal El País. Todas elas son exemplos de persoas maiores involucradas totalmente no manexo das novas tecnoloxías.

FABRA, M. “¿Cómo es ‘eso’ de la llamada perdida?” en elpais.com, 23-04-2008. Cruz Vermella, en Castellón, imparte cursos de familiarización no emprego do teléfono móbil destinados á Terceira Idade.

JIMÉNEZ CANO, R. María Amelia, la abuela ‘bloguera’ en elpais.com, 26-05-2009. Aos seus 95 anos, María Amelia decidiu abrir un blog e formar parte da rede social “Facebook”. Serviu como exemplo para que moitas persoas maiores desen os seus primeiros pasos en Internet e visen as novas tecnoloxías como ferramentas de comunicaión sinxelas e accesibles.

HARMON, A. Encender el ordenador para visitar a los abuelos en elpais.com, 20-12-2008. En Estados Unidos, avós e netos, que viven separados a máis de 320 kilómetros de distancia na maioría dos casos, manteñen a comunicación diaria grazas a servizos de webcam como Skype e iChat.

Pese a que a documentación sobre o noso tema é bastante escasa, convertiuse nun pilar fundamental para chegar ás conclusións que vos presentamos na exposición deste pasado xoves 12 de abril. Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa atención e participación coas vosas preguntas. O vídeo que proxectamos está á vosa disposición para a súa consulta a través de Vimeo. Seguiremos informando en vindeiros posts de como avanza a redacción da memoria final.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 16 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: