“ENTREVISTA CO ANTIGO CAMPANEIRO DE MEDEIROS, Paco Fernández”

Comezaba a entrevista con Paco cunha frase que me fixo reflexionar: A practica totalidade dos toques da parroquia aprendinos de oído. Ninguén mos ensinou, mais nunca os esquecerei”. A partir de aquí comezou unha sucesión de preguntas que segue a continuación.

P-¿Como comezou vostede a tocar as campás?

R-Nunca pensei acabar sendo un experto no tema, e comecei porque non me quedou outro remedio. Antigamente cada temporada tocáballe a unha familia asumir a función de campaneiro, e nun momento tocoume a min como cabeza de familia, como a todos. Aí empezou a miña experiencia.

P-¿De que maneira aprendeu a tocar as campás?

R-En realidade cando empecei nisto non coñecía ningún tipo de toque. Recoñecíaos cando soaban, pero nunca tocara ningún. A práctica totalidade dos toques da parroquia aprendinos de oído. Ninguén mos ensinou, mais nunca os esquecerei.

P-¿Como é a “profesión” de campaneiro?

R- É bonito, pero tamén duro. Pode parecer un traballo fácil xa que se supón que soamente se toca a misa e en ocasións contadas. Pero en realidade un campaneiro, e máis na época de antes, cando un campaneiro debía estar a disposición da poboación as 2 horas do día. A calquera hora podía morrer unha persoa, ou arder un monte.

P-¿Cales son os toques que máis recorda?

R-Case todos os que eu tocaba recórdoos, en maior ou menor medida. Pero dos que me lembro son dos que aínda hoxe se tocan na parroquia: Toque a defunto, distinguindo entre home e muller; toque a concello e toque a incendio.

Despois destas preguntas Paco dedicouse a emitir ca súa voz os sons dos diferentes toques, emocionándose co “tan, tan, tan” que o acompañou toda a súa vida.

Dapía Freitas, S1B, 2A1


Posted on 16 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Realmente esta entrevista transmite moita humanidade e vese que o oficio de campaneiro, antes moi en auxe, se vai perdendo a medida que corren os tempos.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      A verdade é que un home moi sensato. Sorprendeume a súa sabiduría sobre o tema e disgusteime moito ó saber que non podía acudir á cita que estableceramos para grabar os sons das campás en directo. Unha pena.

  2. A habilidade de aprender de oído é un dos elementos comúns que teño observado nas diferentes entrevistas que fixechedes. Comentouvos se llo estaba ensinar a alguén ou como pensaban cubrir o relevo xeracional tan fundamental para o mantemento da tradición? 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: