“La Ética como fundamento de la actividad periodísitica”
A Real Academia Española define a ética como a parte da filosofía que trata a moral e as obrigacións do home. Tamén, aparece a definición de ética profesional que se define como o conxunto de normas morais que rexen a conduta humana. Este termo, a ética profesional, é o tema central do libro La ética como fundamento de la actividade periodística de José Juan Videla Rodríguez onde se nos amosa todo o que ten que ver coa ética e coa moral dentro do mundo do xornalismo.
Segundo Videla Rodriguez, o xornalismo da actualidade peca de non apoiarse nas concepcións morais e éticas clásicas, como a ética persoal, por exemplo, que se modifica a unha ética empresarial.
José Juan Videla valora a obxectividade como o centro da nosa actividade e considera que as normas éticas e morais relacionadas co xornalismo non se están a respetar, nin a ética (ἦθος) nin na practica (πρᾱξις).
O libro e un estudo metafísico das bases ideolóxicas que existen dentro da nosa profesión, na que se fala de tódolos deberes do xornalista , aínda que nos amosa a realidade de que a teoría, non se representa coa realidade.
Campos Gómez, S1A, 1B3
Posted on 16 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Actividades da semana, Curso 2011-2012, Liberdade de expresión, Libro, Prensa. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Eu creo que esa ética ten que empezar desde os propios cargos directivos dos xornais. á fin e ao cabo, moitos xornalistas teñen que renunciar á súa ética xornalística porque están detrás del os intereses da empresa. Son dúas caras da mesma moeda.
Eu considero que o propio xornalista ten que ter os medios necesarios para actuar de xeito correcto. O problema é o “baile” de principios que existe na nosa profesión.