“ProT: Financiación, o gran obstáculo”

Para coñecer a viabilidade de facer para Galicia una radio altoparlante tal como a existente en Ecuador, Minga pola Pachamama, os membros do ProT achegámonos aos concellos galegos para saber o seu punto de vista, importante xa que son eles, polo xeral, os que se encargan da organización das feiras galegas.

Dirixímonos ao concello de Negreira, ao de Ames, ao de Porriño, ao de Padrón ao de Cee e ao de Camariñas. A principal traba, común a todos eles, foi a financiación. ¿Cómo se financiaría? Esa foi a pregunta que todos eles nos fixeron. Intentamos pedirlles colaboración e mostráronse moi receptivos, iso si, sempre que a colaboración non fose económica. Case todos eles nos ofreceron un lugar dende onde emitir, é dicir, un sitio para montar o noso estudio de radio particular. Por outra parte advertíronnos que eles colaborarían sempre que tivésemos un proxecto sólido e viable, alegando que nos tempos de crise que corren, non poden arriscarse a apostar por algo que non vaia a funcionar.

Pese a todas esas trabas, en xeral, parecía que os concellos estaban entusiasmados con esta iniciativa. Creen que todo o que de a coñecer as feiras galegas e as promocione será benvido. Ademais ven esta iniciativa como unha posibilidade de aumentar as ventas, non só con xente nova que antes non as coñecía, senón tamén coas persoas habituais.

Algúns concellos, como o ceense, preocupábanse pola aceptación popular, xa que o mellor non a todo o mundo lle gusta ter unha radio que fai ruído durante toda unha mañá ou toda unha tarde.

Pola nosa parte, quedounos claro que si investimos neste proxecto os concellos involucraríanse pero, se partimos de cero, os concellos non se van a mollar pola nosa iniciativa. Por iso dubidamos da viabilidade deste proxecto en Galicia, tendo en conta que a nosa sociedade non é igual que a sociedade ecuatoriana. Quizais por iso alá funcionan tan ben as radios altoparlantes, actividade da que aquí carecemos.

Castro Rodríguez, Raquel , 1B2

Posted on 16 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Este post demóstrame que non entenderon nada, nin queren entender.
    Martínez Hermida CIC

  2. Por qué lle demostra que non entendemos nada? Nós pensábamos que debíamos investigar si un proxecto como o que fan en A Minga pola Pachamama sería viable en Galicia e foi o que fixemos. O de achegarnos aos concellos foi só unha pequena parte do traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: