“ProT: Punto e final á nosa participación en Itínera? Non”
Coa entrega do traballo ProT da asignatura moitos grupos da clase finalizaron a súa labor no voluntariado no que participaban. En Itínera a nosa misión aínda non finalizou. Prestar axuda e apoio a persoas con algunha enfermidade psicolóxica conleva constancia, dedicación. Os prazos son relativos e a flexibilidade é totalmente necesaria. Por iso, a nosa ausencia, por unha banda, podería desconcertar aos chavales que tratamos, poderían interpretalo como un sinónimo de “abandono” e, pola outra, o esforzo sería en balde.
Os seus avances á hora de comunicarse son notables, a confianza provoca unha mellor comprensión dos conceptos e das materias impartidas durante o proxecto Apoio ao estudo. Tamén son capaces de expresar os seus pensamentos, de abrirse ao mundo e de “contactar” co exterior mediante o Proxecto amigo.
Por iso imos continuar con eles ata xuño, ata que comecen as vacacións de verán. Imos completar o proceso e imos procurar acadar os mellores resultados posibles, en beneficio de todos.
Aquí deixo un enlace que trata sobre unha das enfermidades que tratamos: o trastorno bipolar:
http://www.asociacionideatica.com/Revista/desde_la_bipolaridad.htm
Bouza Veiga, S1B, S1A1
Posted on 16 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, Itinera. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0