Tatuaxe: a pel como comunicación

A pesar de que a cultura da tatuaxe se foi desviando dos seus principios, a súa finalidade segue sendo a mesma: converterse nun método de comunicación gráfica que toma como ferramenta a imaxe para expresar sentimentos, pensamentos e ideais das persoas.

Na maioría das culturas occidentais a tatuaxe é agora sinónimo de moda.
Porén, nas orientais segue tendo unhas características relixiosas e culturais e non se toma como unha moda efémera senón como un procedemento no que o home, a través da imaxe, comunica o seu poderío e desenvolvemento intelectual ou relixioso dentro dunha comunidade determinada.

Así, a pesar das variadas tendencias da imaxe e das novas ferramentas coas que a tatuaxe se valeu, ó longo da súa historia, para comunicar segue tendo o a mesma finalidade que na súa orixe: o home leva á imaxe ata o punto de convertela nun medio de comunicación simple pero determinante, plasmada no seu corpo para definir unha serie de ideais persoais e individuais. 

En definitiva, é obvio que a tatuaxe fai moito tempo que deixou de ser sinónimo de marxinalidade, patrimonio de mariñeiros e soldados (no mellor dos casos), ou de presos e meretrices, no máis común dos prexuízos. Deses tempos só conserva, en todo caso, un significado asociado cunha forma de transgresión á orde imposta, de rebelión contra os formalismos… en fin, de resistencia.

Díaz Villaverde   S2A, 2A3

Posted on 16 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. A min gústanme moito as tatuaxes, pero se me dis que me faga un ata o dia de hoxe non vin unha imaxe que queira levar no meu corpo para toda a vida. A tatuaxe é unha cultura e arte, sen dúbida. Algunha vez teño visto un programa en Discovery Channel, “LA Ink”, e quedo abraiado coas obras de arte algúns poñen sobre a sua pel para sempre e o significado que para eles ten esa imaxe.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Eu tampouco atopei un que queira levar sempre comigo. A verdade é que me condicionei moito pola moda… fai uns anos quería con bastante máis ganas ter unha tatuaxe, pero a medida que pasa o tempo vexo máis claro que hai formas e formas de recordar ou de mostrar unha cultura a través doutros mecanismos que non teñan volta atrás.
      Moitas grazas por comentar! Verei ese programa!

  2. A mí me encantan los tatuajes y sólo podré decir cosas buenas de ellos. Ahora bien, hay que hacérselo con cabeza. No hay que olvidar que todo eso va a permanecer con nosotros el resto de nuestra vida (a excepción de láser y/o cualquier otro método). Para mí, los tatuajes representan totalmente la personalidad de una persona, además de ayudar a recordar o rememorar. Si significa algo para nosotros mismos, que no nos importe cómo nos queda o qué piensan los demás.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Estou de acordo. Hai que facelo con cabeza, pero creo tamén que hoxe en día moita xente se tatúa por moda e non porque de verdade esa que se debuxa rememore ou represente algo especial para eles…
      De todas formas, haberá casos e casos! Tamén hai que saber buscalos porque quizais para nós unha tatuaxe non significa nada e para o que o leva si… Sempre hai que coñecer a historia que acompaña esa obra de arte!
      Grazas por comentar Noemí!

  3. hortensia gesteira estévez

    Realmente creo que unha tatuaxe pode expresar algo de nós nunha época determinada. Por exemplo, eu non me vexo cunha tatuaxe no meu corpo cando sexa maior.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Sinceramente non creo que exprese algo de nós só nunha época determinada. Eso para min serían as tatuaxes por moda. Das que eu falo son máis ben aquelas que se deben escoller porque teñan un significado duradeiro. Unha tatuaxe estará sempre marcada na nosa pel, e aqueles que a vexan pensarán en que quere dicir para a persoa que a porta… por iso creo que tatuarse a Justin Bieber, por exemplo, non sexa a mellor elección xa que quizais signifique moito para ti na adolescencia, pero non creo que siga tendo o mesmo signicado en ti con 80 anos (segundo o meu humilde punto de vista).
      Pero grazas por comentar Tensy!

  4. Yo no me arrepentiría nunca de un tatuaje, puesto que se trata de episosdios de tu vida, siempre es bonito llevar en tu cuerpo episodios que quieras recordar, es una sensación muy bonita mirar un tatuaje y que te evoque ese momento especial, o aquella agrupación a la que perteneciste, o la foto de tu abuela…

    • Yanire Díaz Villaverde

      Exactamente. Eses momentos son os que eu me tatuaría pero non aqueles que se poñen por moda. Sinceramente, esas tatuaxes que ves pola rúa e non entendes o porqué son as que realmente adoitan significar algo para quen as porta.
      De todas formas, creo que eu aínda non teño o valor suficiente para comunicar coa pel. Son un pouco arcaica quizais… 😛
      Grazas por comentar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: