Daily Archives: 17 Abril, 2012
ProT:”Hasta pronto, PANXEA”
Esta semana nuestro grupo ProT finaliza su colaboración oficial con la asociación PANXEA, de comercio justo y consumo responsable. Y me refiero a oficial porque nuestra intención es continuar participando en su labor de promoción aunque sea a corto plazo. Por el momento tenemos en mente promocionar las actividades que la asociación desempeñará la semana que viene, tales como los eventos de la “Semana Internacional del Comercio Justo” y la presentación del cómic “¿Qué es el comercio justo?”.
Para ello, redactaremos notas de prensa, difundiremos las noticias a través de eventos en Internet y crearemos carteles informativos para captar la mayor asistencia posible a las charlas y exposiciones.
Queremos dejar claro que la experiencia en este proyecto ha sido para nosotros muy enriquecedora. Hemos ampliado nuestra visión sobre conceptos como el comercio justo, asistiendo a charlas informativas y dialogando directamente con miembros de PANXEA. Estos últimos nos acogieron con los brazos abiertos a todas nosotras y nos facilitaron el camino para desempeñar nuestras actividades.
Además, PANXEA nos ha dado la oportunidad de participar en los viajes solidarios organizados por Sodepaz a Cuba, Palestina, Nicaragua y Bolivia. Serán realizados durante el verano con el objetivo de dar a conocer la realidad social, cultural y política de dichos lugares.
Intentaremos mantener el contacto con esta asociación ya que han despertado en nosotros ganas de saber más sobre lo que nos han enseñado.
López Martínez S2E, 2B2
Mans arriba, que temos que falar!
Vivimos nun mundo no que falar varios idiomas, cantos máis mellor, parece ser fundamental se queremos chegar a ter éxito profesional, sobre todo en sectores como é o da comunicación. O caso é que todos os esforzos se centran en aprender linguas foráneas, en especial o inglés e esquecemos adquirir os coñecemento para poder comunicarnos con calquera dos nosos veciños e veciñas.
Atreveríame a dicir que case todas as persoas que lean este texto pensarán que poden comunicarse con calquera persoa do seu arredor pero o certo é que a maioría estarán erradas. Eu mesmo non son capaz de comunicarme con moitos dos meus veciños, que naceron e viven no mesmo concello ca min, porque non sei falar como debería, como deberiamos todos e todas. Non sei falar mediante a linguaxe de signos nin tampouco interpretalos e, polo tanto, teño grandes dificultades para falar coas persoas xordas, incluso coas españolas.
Non hai moito tempo houbo en Galicia un gran debate por mor do bilingüismo e pouco despois, o goberno da Xunta de Galicia foi máis aló e introduciunos de cheo no “trilingüismo”. É máis, a mocidade segue a ter a oportunidade de aprender francés, latín e grego nas escolas, e unha longa lista de linguas estranxeiras nas escolas oficiais de idiomas, pero a lingua de signos non aparece nin tan sequera coma unha opción.
Velaquí un pequeno vídeo educativo para irmos aprendendo algo:
España Faqué, S2F, 2A4
Tí eres parvo ou é que non conversas?
Cada vez estou máis de acordo coa idea de que os humanos somos seres sociables que precisamos da comunicación. Durante este tempo cada un de nós foi volcando neste espacio común e virtual as ideas e as reflexións relacionadas con conceptos tan amplos como a necesidade dos demais, a integración no grupo social, a protección que ofrece, e contextos ben diferentes como no ámbito familiar, cos amigos, cos descoñecidos, no filtreo e no amor e incluso sexualidade etc… Pois moi por enriba de todo iso, segundo un estudo realizado pola universidade de Michigan a conversa con outras persoas en termos amistosos pode mellorar o funcionamento do cerebro e a nosa capacidade para resolver problemas, pero ollo ó dato, soamentes é efectiva se o tono é cordial mais se se trata dun desafío ou dun reto o beneficio desaparece.Segundo palabras de Oscar Ybarra, responsable do estudo; “Creemos que esto ocurre porque en ciertas interacciones sociales las personas tratan de leer los pensamientos de las otras y comprender sus perspectivas sobre los problemas o las situaciones”. Segundo mostra este traballo tamén existe unha conexión entre a intelixencia social e a intelixencia xeral. Unha conversa con esa persoa de confianza pode arranxar a mañá durante o café e ó mesmo tempo que socializamos o noso corpo na súa sabia natureza aprovéitao inconscientemente, por iso podemos ser tan influenciables ás veces, por iso é importante ir construíndo pouco a pouco unha personalidade forte. Pois se eres dos que falaba moito na clase non te preocupes que estabas entrenando o cerebro. Pena de non sabelo antes.
Aquí está o artigo :http://www.muyinteresante.es/iconversar-nos-hace-mas-inteligentes
Leiro Magdalena S2B 2A4
A choiva que desloce a información local
A pesar das diferenzas na orixe da convocatoria e no fondo da reivindicación, as mobilizacións que a pasada fin de semana tiveron lugar en Ferrol, O Pindo e Pontevedra, demostraron que en La Voz de Galicia a cobertura de calquera protesta segue un mesmo patrón. Nos tres casos, o encadre dominante caracterízase pola resposta aséptica das principais W (quen, que, cando e onde), a reprodución literal dos obxectivos enunciados polos convocantes e a enfatización da anécdota irrelevante: a choiva que “tanto desloce” ás manifestacións. Xa de partida confúndese a desexable imparcialidade cunha obxectividade pasiva, cunha neutralidade de simple espello sen alma nin visión, reducida á contabilización numérica dos asistentes e a citación dos personaxes de “renome” presentes. En ningún caso os xornalistas achegan información que aluda aos antecedentes dos feitos, estableza relacións causais ou ofreza interpretacións sobre as posibles repercusións na comunidade do solicitado nas marchas. E a verdade é sempre máis ampla que o simple feito, ancorado nun tempo e un lugar concretos e illado do contexto.
Cando se amplía o abano de opinións, óptase pola “presentación das posibilidades en conflito”, recollendo a postura contraria á xeradora da información (por exemplo, aludindo aos veciños contrarios á declaración do Parque Natural no Pindo) e tratando, así, de aparentar equidistancia. Ao mesmo tempo, retrátase aos manifestantes máis pola súa aparencia ou linguaxe (“Un buen número de participantes llevó pancartas alusivas a sus reclamaciones y también camisetas reivindicativas de color azul”) que pola lexitimidade das súas reivindicacións. Así, o xornalista “obxectivo” deixa supostamente ao receptor a capacidade de decidir quen di a verdade ou quen ten a razón. Porén, a imposibilidade dos cidadáns de comprender que motivacións e implicacións xeran, xustifican ou explican as protestas que lle se amosan, obstaculiza a participación política crítica e, por tanto, o exercicio dunha verdadeira democracia.
Alonso Rodríguez, CL4X
Un elefante se balanceaba…
No me he podido resistir.
El 14 de abril, mientras en los informativos de la Primera estaban erre que erre con el aniversario de la II República, ¿República? ¡Quería decir Titanic!, ya sabéis, esa catástrofe que dejó una huella indeleble en el corazón de todos los españoles, se produjo algo cuando menos inquietante. Tras la imputación de Urdangarín en el caso Nóos, y la poca pericia con el rifle del infante Juan Froilán, llega desde Bostwana otro capítulo más en las salidas de tono de la familia real. Aún retumba en mis oídos su lamentable <<¿por qué no te callas?>> de la cumbre Iberoamericana del 2007, que el cabeza de los Borbones regresa para dejarnos en el más absoluto ridículo internacional (recordad que nos representa allende los mares y su figura es primordialmente de carácter simbólico). No voy a entrar en si matar elefantes (animal que está en peligro de extinción) está bien o mal, ni en lo que cuesta dicha práctica o en lo poco oportuno del momento; no obstante, la transparencia me parece lo mínimo exigible a alguien sobre el que recaen tantos privilegios.
Creo que es hora de replantearse el modelo de Estado. La monarquía es una institución per se antidemocrática por muy parlamentaria que se diga. No caigamos en la trampa de los oxímoron y los eufemismos… NO a los cargos públicos heredables o, por lo menos, NO a la exclusión de la Corona de la Ley de Transparencia.
¡Salud y República!
Montes Mariano, S2B, 3A4
Un xornalismo máis próximo é posible
Hoxe en día a maioría dos medios para os que traballan os xornalistas están ó servizo dos diferentes poderes e moi pouco ó da cidadanía. No xornalismo local quizais se note máis esta ausencia de servizo, xa que debe centrarse máis na comunicación que na información pura e dura. Os medios locais ata o de agora pouco ou nada se preocupaban polos cidadáns, pero creo que algo cambiou coa chegada do xornal dixital Praza Pública o pasado Xaneiro. A versión dixital dos medios tradicionais é un calco da impresa, podería ser ben diferente e incorporar máis elementos de interactividade co cidadán, pero polos motivos que sexan, non o fan. Praza Pública é un xornal no que se elaboran as novas con rigor, contextualizando, contrastando información, consultando varias fontes e tratando así os temas dende varias perspectivas. Os xornalistas que alí traballan resultan cercanos para o cidadán porque tratan os temas dende outro prisma que os vincula máis ós problemas cotiás.
Un exemplo é o que ocorre coa noticia da polémica urbanización na Finca de Espiño en Santiago. Mentres que en Praza falan de plataformas cidadás que denuncian, fan un resumo do acontecido explicando o tema e dan unha versión moi ampla do tema, no xornal La Voz de Galicia, as novas están relacionadas todas cos políticos de turno.
http://www.buscavoz.es/search.php?q=Finca%20Espi%C3%B1o%202012&p=1&t=all&s=relevance
Co traballo de xornalistas con este perfil pode que haxa salvación para a reputación da profesión da comunicación, sobre todo da local.
Rodríguez Martínez, Raquel CL4X
Renovarse o morir
Renovarse o morir es un lema aplicado en el mundo de la moda pero también podría valernos para hablar de la situación actual del periodismo: o nos reciclamos o estamos condenados a desaparecer. Y este cambio empieza por los periodistas y su forma de hacer. Hay que cambiar las costumbres y buscar nuevas maneras de llegar al lector y atraerlo. Una herramienta son las redes sociales pero no son más que eso, elementos a disposición del periodista para hacer su trabajo. Los cambios que deben llevar los profesionales de la comunicación van mucho más allá y una de las claves está en apostar por un periodismo de calidad.
Un ejemplo:
En esta noticia del Ideal Gallego, de A Coruña, nos encontramos con una información instucionalizada. El periodista se limita a repetir lo que ha dicho el político de turno en una rueda de prensa. Eso no es periodismo, eso es lo que hace un loro de repetición. Y sí, al ciudadano le interesa esa información pero para ello puede acceder a la página web de la Diputación para enterarse. La labor de un buen periodista que hace buen periodismo es ir más allá y acudir a más fuentes, completar la información, analizar cómo pueden influir estos microcréditos de manera real a la sociedad… Ofrecerle un análisis al lector y, mediante el uso de redes sociales, darle la palabra para que opine y se genere debate.
Hay que renovarse. No por moda, si no por la crisis que padece esta profesión. Hay que cambiar y apostar ya por piezas informativas de calidad que interesen al lector y que hagan que opine y se implique. Las herramientas las tenemos, el interés por parte de nuestros lectores que está espectantes también… sólo falta la voluntad del redactor.
Fernández Arias, Eva CL4X
Operación Orquestra: xornalismo de detectives
O xornalista xoga aos detectives. Sumario en man, vai esmiuzando cada conversa gravada na sombra. As personaxes do thriller a xeito de Poe son os alcaldes de Fisterra, Mazaricos e Cee, e a familia Ogando, pai e fillo. Todos imputados na Operación Orquestra. A construtora Muxía Ogando dedicábase a pagar en negro comisións de ata un 10% aos membros deses concellos para lograr no troque a asignación de obras municipais.
O relato informativo segue a estrutura dun conto de pescudas. Malia que no titular se revela que os edís podían recibir porcentaxes do 10%, a información non aparece no lid coma era de esperar, senón que se debulla ao final do cuarto parágrafo. O que hai ata o momento son as sucesivas pezas dun puzzle: o campo de fútbol de Fisterra, concertos e a Casa da Cultura de Cee. Casos próximos e cotiás para poñer en xaque o concepto abstracto da corrupción. O texto non só arreda de tecnicismos e palabras cultas, senón que busca a reprodución exacta de frases coloquiais: “Y, como, bueno, no se puede hacer, bueno, paga la Virgen, puede ser”. Non se perciben vontades literarias, nin intentos por procurar estilo de seu. Pero si frases aclaratorias que condicionan a lectura: “Moncho -presumiblemente el concejal de Urbanismo de Fisterra-“. Por que non, simplemente, dar noutra frase o nome completo do edil para contextualizar a situación?
No entanto, o intento por dar un punto de vista multidisciplinar vese frustrado ao limitar a información á lectura do sumario. Non hai investigación alén da xudicial, desprazamento ao lugar dos feitos, ou buscas hemerográficas. Por tanto, entre o lector e a noticia imponse o frío muro do papel.
Ameixeiras Cundíns, CL4X
Como se fala dos malos actos dos grandes cargos
A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra está no punto de mira da actualidade local por unha suposta irregularidade nas súas contas. Simplemente con esta frase sabemos que se trata dun tema complicado de cubrir, xa que se fala dun suposto “trapicheo” no que está involucrado un alto organismo público.
Segundo nos informa o Diario de Pontevedra, a Fiscalía Provincial estudará os pagos entre a entidade Cameral e unha empresa brasileira debido a unha denuncia feita dende a Cámara. Estes son os actores implicados na trama. Son as nosas mellores fontes. Pero o xornal do Lérez só recolle testemuños do Fiscal, deixando a un lado as voces dos afectados. Negáronse a falar, os xornalistas non puideron contactar con ninguén ou simplemente pasaron desta tarefa?
Nembargantes, aparece en seis ocasións son fontes veladas (“fontes consultadas” e “fontes solventes”). O non coñecer á procedencia da información pode supoñer un obstáculo no lector á hora de crer unha noticia, cousa que se podería solucionar se o texto ofrecido fora claro.
Primeiro explícase o que está pasando, despois faise referencia o contrato estipulado entre a Cámara e a empresa e, por último, explícase como se levará a investigación. A separación é correcta, pero non a forma de explicalo, xa que o público ao que vai dirixido (que son tamén os axentes afectados) pode non comprender a linguaxe técnica que se emprega.
Estes son erros moi comúns que se producen ao tratar un tema de importancia con tanta rapidez. O xornalista non ten tempo de madurar tanta información para narrala de xeito correcto e ordenando, levando así o seu caos ao papel. Aínda así cabe resaltar o información adicional sobre o tema (as actuacións dalgúns integrantes da Cámara e o estudo que realizará o Consello Galego de Contas a estas entidades), aínda que non nos ofrece un contexto inicial claro.

A actitude xornalística
Cardalda Vidal, CL4X
Como conocí a vuestra madre. La historia de tío Marshall y tía Lilly. Cómo el tío Barney sentó la cabeza…
Soy una gran seguidora de la serie Como conocí a vuestra madre, puedo decir que me he visto todos los capítulos repetidas veces. Llegados a este punto en la historia de Ted Mosby y su búsqueda del amor, me cuestiono cual es la razón por la que cada martes espero ansiosa para ver un nuevo capítulo.
Está claro que la historia va mucho más allá de un simple padre contándoles a sus hijos su historia de amor. En todos estos años hemos visto como el arquitecto neoyorquino se enamoraba, se desenamoraba, era dejado en el altar y un largo etc de situaciones. Hemos podido presenciar la evolución de los personajes con el paso del tiempo, convirtiéndose la serie en un producto más serio y dramático, no sólo en una simple y ligera comedia romanticona.
Como conocía a vuestra madre ha sabido aprovechar los vuelcos dramáticos y las situaciones personales de los personajes para profundizar en situaciones reales y temas como la muerte de un ser querido o los problemas de fertilidad, etc que son tratados más a la ligera en comedias tradicionales. Ya no sólo nos interesa como conoció a la susodicha, sino que le pasó a todos sus amigos.
Este progreso que han sufrido los personajes es lo que mantiene, bajo mi punto de vista, la calidad de la serie. Una trama argumental que aborda la realidad cotidiana, buena o mala, desde una perspectiva más real y que no sólo buscando la risa fácil.
Gutiérrez Ramos TS2E ProT2B2
Construyendo al nuevo periodista local
El periodismo local supone una mayor profundización en la realidad próxima prestando un servicio a los ciudadanos de la localidad, así mismo, el periodista local debe tener una especial sensibilidad por aquellos problemas que puedan afectarles intentando dar una respuesta adecuada a los mismos. Para ello, debe ser un observador permanente de los acontecimientos más significativos de esa zona teniendo un acceso directo y fluido a las fuentes informativas más inmediatas y mejor documentadas. El periodista local no debería quedarse sólo con la información que emana de las fuentes institucionales debido a la contaminación tanto política como económica que ésta sufre, sino ir más allá en la búsqueda de respuestas que puedan satisfacer a la ciudadanía. Una información veraz, sin censura de ningún tipo y en la que el ciudadano local participe activamente, ya que esto último es una forma también de generar nuevos acontecimientos susceptibles de convertirse en noticia de interés. Un problema con el que nos encontramos hoy en día, y no menos importante que la censura o la contaminación de las informaciones, es la pasividad tanto por parte de los periodistas como también de los ciudadanos. Desde hace unos años se viene tomando por costumbre que un periodista hable en nombre de la ciudadanía sin saber realmente sus intereses y conflictos porque no hay comunicación entre periodista y ciudadano. Hay una comodidad por parte de los dos actores puesto que el primero espera que le lleguen las noticias por parte de las instituciones y le digan lo que tiene que publicar, algo que es mucho más sencillo que moverse entre la gente buscando noticias que realmente interesen a un público, y el segundo adopta esa posición quizá por la costumbre ya interiorizada de que hablen en su nombre o quizá porque está cansado de exigir que lo escuchen y nunca obtener el resultado esperado. Parte del triunfo de las redes sociales puede desencadenarse de este hecho ya que es un medio que encontró el ciudadano dónde puede hacer públicas sus inquietudes, intereses y opiniones sin censura y dónde es escuchado por otras personas. Esto no pasa en los medios de comunicación siempre distantes con su público y en los que sólo unos pocos privilegiados tienen voz en ellos.
Leira Castro, Patricia CL4X
O xornalista local, no local
¿Que diferencia ó xornalista do xornalista local? ¿Que ten un que non teña o outro?
Vese, de forma evidente, que a única diferenza existente é o termo que acompaña ó substantivo: local. Local referíndose, neste caso, ó espazo no que se desenvolve e sobre o cal versa o traballo do profesional da información, que non deixa de ser outra cousa que iso: un xornalista, pero nun territorio e contexto determinados. Por isto é polo que, na miña opinión, as tarefas deste, hoxe, non deixan de ser as do “xornalista estándar”, mais coa especialización e coñecemento profundo da súa área de traballo.
Así, na actualidade o xornalista local atópase cos mesmos riscos que tódolos seus colegas. Adaptarse ás novas tecnoloxías, ter unha boa -e ampla- axenda de contactos, ser voceiro das preocupacións e intereses dos cidadáns, evitar o risco de caer no sesgo das informacións económicas ou políticas…
Moitas veces, repróchaselle á información local o só atender a plenos políticos ou eventos festivos e, para min, é aí onde debería comezar a labor de cambio do xornalista local. Sen evitar ese tipo de informacións -porque na medida que acontecen na sociedade, esta ten dereito a coñecelas- pero cambiando a mentalidade de que “do local só se poden contar as pequenas cousas que lles pasan ós seus veciños”.
¿Por que non unha labor de investigación no ámbito local? ¿Por que non un xornalismo máis elaborado? ¿Por que non “pasar os temas globais existentes polo filtro do local”?
Noal Rodríguez, Marta cl4x
O xornalista rutinario
A información que deriva destas situacións queda afastada do que sería unha correcta práctica xornalística. Isto é o que acontece, por exemplo, coa noticia publicada en Faro de Vigo sobre a partida presupostaria da Xunta para os colexios do Morrazo. O contido da noticia, que se fai aburrida para o lector de xeito que provoca que perda interese na información, baséase en datos numéricos e comparacións con cifras de anos anteriores. Sen embargo, unha noticia deste tipo non debería centrarse so nos números, senón que debería facer unha análise pormenorizada do que significan estas cifras, consultando coa dirección dos centros ou coas asociacións de pais e nais (ANPA). Deste xeito, a noticia quedaría enriquecida engadíndolle un enfoque orientado ao cidadán, no que se analizaran aspectos coma o destino dos cartos asignados a cada colexio, se son suficientes ou non, se os pais están informados e contentos cos servizos que cobren, se teñen carencias que aínda están sen resolver… De esta forma, a información quedaría completa e o multiperspectivismo que ofrecería grazas á consulta de varias fontes informativas, así coma a implicación que se intuiría do xornalista con respecto ao tema tratado proporcionarían un valor engadido á noticia, que conseguiría non só informar, senón tamén comunicar.
Sigan ustedes llenándonos de orgullo y satisfacción.
El marido de su hija pequeña implicado en un caso de corrupción, su sobrino tiene que ser operado debido a un percance con un arma, mientras tanto el patriarca se dedica a cazar elefantes. Estos son los representantes de un país en crisis y acuciado por los recortes. Dando ejemplo.
Comencemos con Felipe Juan Froilán, quien se dispara a un pie con una escopeta. Esto no sería noticia más allá de la torpeza del muchacho, sino fuera porque no tiene edad legal para usarla. No obstante, y dado que en España la ley es igual para todos, es probable que el mayor castigo que obtenga Marichalar, padre del maltrecho joven, sea una pequeña multa.
Ante esta estampa familiar, propia de cualquier hogar español en estas fechas, se suma el viaje que decide hacer el adorable abuelo para reencontrase con la naturaleza y unos estupendos elefantes a los que dar caza. Vuelve a hacer acto de presencia la torpeza de los Borbones, debido a una inoportuna fractura de cadera de nuestro monarca, nos enteramos de su visita a Botsuana. ¡Españoles, habemus un cazaelefantes entre nosotros!
Y para rematar el cuadro, el yernísimo, no el del Ictus, sino el otro. La Fiscalía anticorrupción de Baleares atribuye a Iñaki Urdangarín presuntos delitos de evasión de impuestos, fraude fiscal, prevaricación, falsedad documental y malversación de caudales públicos. Ahí es nada.
García González
S2A 2B2
Que dimita, que dimita e que volva dimitir
El Progreso sempre foi un diario de recoñecida tendencia hacia o conservadurismo herdado das primeiras lexislaturas de Alianza Popular e Partido Popular que tiveron lugar no concello dende os oitenta. Esa tendencia non se viu modificada coa subida ó poder local do partido socialista personificado en López Orozco que leva 12 anos xa como alcalde da cidade, pactando cos nacionalistas do BNG en dúas lexislaturas. Aínda que a tirantez entre o xornal e o grupo local dos socialistas se suavizou e mesmo chegou a a vivir algunha época de intenso idilio nos últimos días o xornal non deixa pasar ningunha oportunidade para pedir a dimisión de López Orozco logo de que o actual alcalde da cidade se vira obrigado a declarar no caso Carioca. De feito o xornal compara o caso co de Conde Roa mais unha vez que o compostelano dimitiu. Habería que dicirlle ó xornal que hai diferencia entre ir a declarar como testemuña e ir a declarar como imputado. Os ataques a certos grupos políticos por parte do xornal non son de todo sanos para a poboación nin para a información que se lle dá. Deberían limitarse a poñer datos e información sen ningún tipo de matiz tal como pedir a dimisión do alcalde da cidade que pode sesgar moito a opinión da cidadanía sen ter ningunha razón de ser.
Deberían incluír tamén os acusados e testemuñas que se viron obrigados a declarar por parte do PP, que os hai, mais non saen no medio. Non só o espazo que se lle dedican ós diferentes partidos é moi diferente senón os diferentes tratamentos a cada un deles tamén distan moito entre si. Un xornal, e menos local, non pode contribuír a posicionar á poboación cara unha ou outra tendencia política, debe ser veraz facendo gala dunha interpretación sana e obxectiva.
Abuín Mallo, CLX4
¿Hasta que punto somos influenciables?
Sé que para muchos de vosotros esta película no os resultará nueva. American History X, del director Tony Kaye, cuenta la historia de Derek Vinyard (Edward Norton), un chico que pertenece al movimiento Skinhead neonazi y que es encarcelado después de asesinar a dos chicos afroamericanos que intentaban robar su coche. En la prisión, y rodeado de otro tipo de tribus urbanas, todo en lo que creía se empieza a derrumbar y se replantea su ideología. Al salir de la cárcel, observa como su hermano pequeño Danny (que había presenciado el asesinato) está siguiendo sus pasos en el mundo Skinhead y intentará abrirle los ojos para que recapacite.
Hacia el final de la película ( e intentaré hacer el menor spoiler posible) descubrimos por qué Derek cae en esa ideología. Podemos decir que el principal detonante fue una charla que tuvo cuando era adolescente con su padre, en la que este le dejaba bien claro que no todos somos iguales y su postura racista ante la comunidad afroamericana. Hasta entonces Derek, un alumno ejemplar, estaba fascinado con su profesor el Dr. Robert Sweeney que le estaba descubriendo la literatura de autores afroamericanos. Pero todo cambia después de esa charla con su padre y es cuando yo me pregunto: ¿ nos puede hacer cambiar de opinión una persona solo por el respeto o admiración que le tengamos? Puede que en este caso, si el comentario racista viniese otra parte, Derek no se lo tomase tan enserio. Pensemos en esto. Idolatrar a un famoso, a nuestro padre o a un profesor, por ejemplo, puede hacer que todo lo que este diga sea acatado por nosotros sin reparar en lo que realmente significa ¿Somos realmente tan influenciables?
Domínguez Rodríguez, P. S2C, 2a2
Pachi Vázquez visita Trazo
O líder dos socialistas galegos visita aos gandeiros do municipio coruñés de Trazo para poñer un pouco de calma na crítica situación do leite que atravesa o país. Ameazado por unha seca sen precedentes -a maior dende que hai rexistros- o sector leiteiro xa non dá máis de si. A presiña de céntimos que se xunta de vender o leite ao prezo máis barato do Estado non é suficiente para importar a forraxe de fóra -cada vez máis cara debido á suba incesante dos carburantes e, como consecuencia, dos transportes-, manter os gastos da explotación e, xa non digamos, vivir. Ante semellante panorama, os gandeiros reclaman a convocatoria urxente dunha Mesa do Leite que medie no conflito e oferte axudas a xuro cero.
O parágrafo anterior completa a secuencia políticos-cidadáns, adopta un posicionamento estratéxico e multidisciplinar ante un conflito de base social e centra o foco informativo nas preocupacións da sociedade. Non se limita a informar, senón que comunica e se implica nun problema real que lles afecta a máis de 100.000 persoas en toda Galicia. Traballa coa axenda dos cidadáns e busca reaccións e consecuencias verdadeiras nas fontes de primeira man. Pero a noticia de arriba, a diferenza desta de Ordessiete, non foi publicada.
Podemos xogar a atopar as sete diferenzas entre a devandita nova de Ordessiete e a nota de prensa oficial distribuída polo gabinete de comunicación do grupo socialista. Postos a comparar, incluso podemos botarlle un ollo a estoutra peza que publicaba o xornal dixital Galicia Hoxe. E se despois dun anaco seguimos tentando atopar diferenzas estaremos a perder o tempo porque o feito informativo é o mesmo nos tres casos: Pachi Vázquez visita unha explotación leiteira de Trazo e mantén unha xuntanza posterior cos gandeiros en Ordes para expoñerlles as “ideas socialistas” ante a crise do leite. Entre a marea de citas que ensalzan o compromiso declarado de Pachi Vázquez e, por extensión, do PSdeG-PSOE cos gandeiros, os tres xornalistas quedan sen espazo para recoller algunha impresión das fontes afectadas presentes nunha xuntanza de máis de corenta gandeiros.
Vese que para Renato Landeira, único redactor de Ordessiete, o importante non son as declaracións dos gandeiros, senón que o que ten interese informativo -e por iso o destaca nas liñas do titular- é que os socialistas de Ordes, co seu secretario xeral á cabeza, foron os primeiros en levar iniciativas contra a seca a Pleno. A información oficialista, coma a deste exemplo, xa leva tempo instalada na pluma do xornalista local a risco de perder a súa esencia social. Mais cómpre advertir que para ese tipo de noticias xa nin sequera se necesitan xornalistas. Ata os propios políticos desenvolveron capacidades para manexarse con soltura diante do obxectivo. E senón que llo digan a Pachi Vázquez!
Ríos Dafonte, CL4X
“Mostrando nuestros resultados”
Durante estas semanas, desde el grupo de nuestro TS os hemos contado toda la información que hemos recolectado desde que hemos empezado con nuestro trabajo. Libros, reportajes, vídeos, entrevistas y encuestas realizadas son la mayoría de cosas que hemos utilizado para llevar a cabo nuestra investigación en este familiar mundo de las redes sociales en Internet y de cómo las usamos para comunicarnos ( o no) con nuestros padres. Dicho esto queremos haceros saber que nuestro evento sobre este tema ya está a vuestra disposición. En lugar de hacer una tradicional exposición ( aunque no por ello menos desarrollada) como algunos de nuestros compañeros, decidimos crear unos carteles donde recogemos en forma de viñetas información que nos parece interesante que conozcáis sobre el tema. Entre esa información podréis encontrar los puntos más importantes que nos han aclarado los profesionales a los que hemos entrevistado, los resultados de la encuesta realizada entre los jóvenes y, de forma más amena, unas cuantas situaciones reales capturadas en las redes sociales que muestran la comunicación en estado puro que se da en ellas entre padres e hijos ( respetado la intimidad de quien las protagoniza y pidiéndole autorización, por supuesto).
Próximamente podréis disfrutar de nuestros paneles en las paredes de la Facultad de Ciencias de la Comunicación pero he aquí un pequeño adelanto:
Domínguez Rodríguez, P. S2C, 2A2
“Os creadores das Iniciativas en Transición”
Repasando os posts do meu grupo TS decateime de algo que me parece moi importante compartir convosco. Estamos a falar das Iniciativas en Transición, sabedes o que son, como estamos a traballar e algúns de vós onte afondastes no tema vendo connosco o documental “In Transition 1.0 – From oil dependence to local resilience”, pero non sabedes nin de quen partiu este movemento comunitario nin como.
Xa dixemos que as Iniciativas en Transición nacen para facer fronte ao problema do cénit do petróleo e do cambio climático, pero quen se puxo ao fronte deste proxecto?
Pois foron Rob Hopkins e Naresh Giangrande, dous irlandeses preocupados, quen impulsaron a proposta. E non, non necesitaron grandes capitais para poñela en marcha. De feito, a única ferramenta que empregaron nun comezo foi a palabra. Así, tras una serie de charlas e alguna que outra proxección de películas foron capaces de crear conciencia sobre a traba ambiental anteriormente descrita. A partir dese momento, a proposta non parou de medrar, fortalecendo as estruturas locais das familias, barrios, veciñanzas, pobos e ciudades, explotando unha nova maneira de crear as comunidades do futuro. Como vedes, ás veces só fai falla decisión!
Pronto vos achegaremos unha serie de entrevistas sobre un caso práctico situado moi preto, estade atentos! Déixovos unha charla do docente Hopkins sobre o tema:
http://www.ted.com/talks/lang/es/rob_hopkins_transition_to_a_world_without_oil.html
Méndez Lema, S2F, 3A2
P.D.: Grazas a Borja Oujo Paz por axudarnos onte coa proxección! E aos demais asistentes tamén, así dá gusto x)
ProT: “Concluyendo la memoria”
Esta semana ya no hemos acudido al Ensanche, la asociación con la que habíamos colaborado durante este período, ya que nuestro último día allí tuvo lugar la pasada semana. Desde entonces, cuando concluyó nuestro trabajo allí, nos repartimos entre los distintos miembros del grupo los diversos apartados de la memoria que debemos entregar este miércoles 18 de abril, que finalmente tendremos que exponer el día 25 de abril en la sesión de nuestro tutorizado. En esta memoria va incluído de forma muy breve todas las actividades que desempeñamos en el centro y una visión personal de cada miembro del grupo sobre este trabajo. Ha sido laborioso, pero hemos aprendido mucho con la experiencia.
Panero Louzán, S2C, 3ª3