“A convivencia é a meta”

“Podemos ser diferentes y vivir juntos, y podemos aprender el arte de vivir con la diferencia, respetándola, salvaguardando la diferencia de uno y aceptando la diferencia del otro”, “ Sin diálogo la diversidad es inalcanzable; y, sin respecto por la diversidad, el diálogo es inútil”.Estas dúas citas de Zygmunt Bauman e Ramin Jahambegloo respectivamente, expresan moi ben a meta ideal das civilizacións actuais: o respecto, a convivencia e a tolerancia entre as distintas culturas do mundo.

No libro de Bauman, Confianza y temor en la ciudad: vivir con extranjeros, insístese en que a convivencia ideal entre culturas se conseguiría unha vez que o medo  ao alleo fose desprazado por esperanza e por aproveitamento das ideas doutras culturas. O libro dá unha visión un pouco negativa da diversidade cultural, algo que xa se pode ver no propio título. O que máis me chama a atención é cando se di que descargamos o noso medo ao perigo a través de reaccións xenófobas contra aquelas persoas que “non son coma nós” e iso ocorre máis que nada nas cidades, onde existen dous mundos separados e illados, que coinciden co mundo Occidental e os outros.

A visión que ofrece Jahanbegloo en Elogio de la diversidad é, no entanto, algo máis positiva que a anterior. O escritor de Teherán propón a Mahatma Gandhi e a antiga Córdoba como símbolos dunha defensa da diversidade cultural ideal. Gandhi está considerado un pacifista que defendía que todas as relixións se podían enriquecer entre si. Coas súas propias palabras: “Ninguna cultura puede vivir si intenta ser exclusiva”. A través desta idea dise que o mundo debe ser unha casa global, onde a convivencia sexa a principal protagonista.

Despois da lectura destes dous libros, quedeime cunha frase de Ralph Waldo Emerson o cal di que “los hombres son respetables sólo cuando respetan”. Esa debería ser a meta.

Gesteira Estévez

2b1

S2D

Posted on 17 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: