“ProT: Memorias de DOWN Compostela”
Atopámonos nestes días xa coa elaboración das memorias do traballo.
A experiencia do noso grupo ProT coa fundación DOWN Compostela foi realmente enriquecedora para todos nós, tanto académica como persoalmente.
Profundizamos e aprendemos moitas cousas novas sobre as persoas con obstáculos na expresión e na comprensión, pero sobre todo fomos capaces de comezar a velas como persoas capaces e non como discapacitados. Nisto incide moitísimo a fundación de cara ao público, como puidemos comprobar en todos os actos aos que asistimos, vendo o grande traballo e o esforzo que levan a cabo.
Neste tempo puidemos observar e empaparnos do exemplo de superación que son tanto traballadores como usuarios desta asociación.
Verdadeiramente a metodoloxía do traballo foi activa e moi interesante, na nosa opinión. Pensamos que fomos traballando ben, os catro membros do grupo coordinámonos correctamente e fomos desempeñando as diferentes funcións que requiriron todas as actividades nas que traballamos coa fundación.
Cabe destacar que dende DOWN Compostela nos trataron estupendamente, e quedámonos como anécdota co picoteo ao que nos invitaron tras a entrega de premios que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, onde coincidimos casualmente co xa ex alcalde da cidade, Xerardo Conde Roa.
Ferro Falcón, S2A, 2A3
Posted on 17 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, Down, ProT. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0